Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

DÍA DA PAZ e DÍA DA ILUSTRACIÓN (30 xaneiro)

 Proposta Biblioteca: DÍA DA PAZ e DÍA DA ILUSTRACIÓN (30 xaneiro) 


 Animámosvos a celebrar tamén con nós o DÍA DA PAZ e o DÍA da Ilustración participando na actividade "PALABRAS MÁXICAS"

- Escoitaremos a canción ' Palabras Máxicas' recollida no  conto/disco A BRUXA DISCORDIA de Mamá Cabra. 



https://music.youtube.com/watch?v=9qh8-if2b5o&feature=share

- Observaremos a estrutura das estrofas e, en gran grupo, elaboraremos unha nova estrofa/feitizo.


- Cada un de nós ilustraremos o noso feitizo nun anaco de papel.


- Finalmente, escribiremos o  Feitizo da nosa clase con letras fermosas nun anaco de papel corrido

e pegaremos as ilustracións de todas e todos nel.


As nosas 'PALABRAS MAXICAS' serán expostas na entrada do colexio. 


Deixovos a letra para que poidades observar a estrutura.



CLUB DE LECTURA 2023: "HISTORIAS DA PONTE VELLA"

I xornada do Club de Lectura “Historias da Ponte Vella” Este curso estamos inmersos no programa de innovación educativa dos Clubs de Lectura. Durante a hora de lecer do pasado venres, o alumnado voluntario de quinto e sexto de Educación Primaria puido gozar do primeiro encontro. Para introducir o Club de Lectura, escaneamos uns códigos Qr sobre o libro a ler (“A gruta da Torre”) e do seu autor (Lois Pérez). Agora que xa o coñecemos, é hora de comezar a compartir momentos de lectura e moitíiiiiisimas outras actividades.

CLUB DE LECTURA: HISTORIAS DA PONTE VELLA

 Promoción do noso Club de Lectura “Historias na Ponte Vella”

Por fin chegou o día! Xa temos preparado o cartaz que promociona o Club de Lectura.

Alumnado voluntario de 5º e 6º de Educación Primaria e maestras teremos o inmenso pracer de compartir lecturas, manter encontros literarios, conversas que nos farán voar a imaxinación e vivir unha morea de aventuras que nos transportarán a fermosos lugares e coñecer a vida en diferentes épocas.

Comezamos!!



NADAL 2022. RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para o Nadal.

Recordade que a lectura levaravos a imaxinar, descubrir, viaxar,...

NON DEIXEDES DE LER!

                                                         BO NADAL!



Novembro: MES DA CIENCIA

 

Boas Rapazada! Deixámosvos unha recopilación das actividades realizadas no Mes da CIENCIA NA BIBLIOTECA

10 de novembro 2022

O alumnado de 5° e 6° tivo a sorte de contar coa visita de XURXO MARIÑO, biólogo e divulgador científico, que coa charla " Ciencia, aventuras e a sorpresa dunha viaxe a través do mundo" agasallou as nosas nenas e nenos con sorprendentes fotografías , anécdotas e curiosidades científicas.





As alumnas e alumnos de 2ºA investigan "O Caso das Cores Desaparecidas" cun experimento cheo de MAXIA:


















Experimentos realizados polo alumnado de 4° EP:


















25 NOVEMBRO. TECENDO XUNTAS.

 Aquí vos deixamos un vídeo resumo de como resultou a nosa proposta de traballo para o 25 de Novembro.




OUTONO, SAMAÍN E MAGOSTO

Boas rapazada, 
 Como xa vai rematando o outono, imos deixarvos alguhas imaxes e vídeos das actividades e festas que celebramos no colexio. 

MURAL  DE OUTONO da biblioteca a cargo das nenas e nenos de 2º B e da Aula de Autismo.


RECOMENDACIÓNS LECTORAS elaboradas polo equipo da biblioteca para desfrutar das lecturas de Outono e Samaín.


SAMAÍN

Este Samaín, as nenas e nenos de Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º  recibiron  a visita dunha bruxa moi falangueira chamada a Profe Alba, que ches trouxo uns contos de meigas e uns conxuros espectaculares.




Todas xuntas fixemos un MURAL/EXPOSICIÓN de Samaín precioso, no que se expuxeron os traballos feitos nas aulas e unhas espectaculares cabazas decoradas polo alumnado coa colaboración das súas familias.



O MAGOSTO
Por suposto, tamén celebramos O Magosto comendo castañas e desfrutando cos xogos populares que as nenas e nenos prepararon xunto coas súas titoras.









25 NOVEMBRO: Tecendo pola igualdade de xénero

 O 25 de Novembro celebramos o Día Internacional da  Eliminación  da Violencia contra a Muller.

Como cada ano dende Biblioponte queremos deixarvos as nosas recomendacións lectoras e tamén algúns recursos para reflexionar e traballar en prol da IGUALDADE de XÉNERO:

    RECOMENDACIÓNS LECTORAS:





OUTROS RECURSOS:

Compartimos tamén o enlace á canción de ROZALÉN  "YO NO RENUNCIO"  como texto para traballar sobre OS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO.



E do corto HURDLES :

‘Winning equality together’  é o  lema desta cortometraxe que recolle imaxes das Olimpiadas do 1964 e amosa a loita das mulleres para conseguir os dereitos que teñen actualmente: dereito ao voto feminino, os salarios igualitarios, … 

Finalmente, dende Biblioponte propoñémosvos tecer todas e todos xuntos pola igualdade de xénero. Desixámosvos este titorial de como crear coas vosas mans un tecido Violeta  que utilizaremos para vestir o noso querido castiñeiro como símbolo da nosa loita pola igualade.




DÍA DA BIBLIOTECA 24 octubre 2022

 Aproveitando que estamos inmersos na renovación da biblioteca, celebramos o Día da Biblioteca reflexionando todas e todos sobre como lograr  que BIBLIOPONTE se convirta nun  Centro de aprendizaxes.

O equipo de biblioteca facilitou os seguinte documentos como guía da actividade:

- Un enlace a este interesante artigo de Cristina Novoa:

As bibliotecas escolares: lugares para a exploración e a experimentación

 para que as mestras fixesen un primeiro achegamento ao que queren elas de Biblioponte e como queren aproveitar os recursos da biblioteca.

- Dous documentos para traballar cos rapaces e sacar conclusións:

 





Aquí vos deixamos unha mostra das actividades realizadas:
5ºB

2ºA

DÍA DAS ESCRITORAS

Boas rapazada!
 Dende a Biblioteca queremos lembrarvos que o vindeiro luns 17 de outubro, celébrase o DIA DAS ESCRITORAS 2022. co lema 
 'Antes, durante e despois das guerras'. 
 Aquí vos deixamos a nosa proposta para celebralo: 
 Substituiremos o timbre de entrada e saída por poemas ou textos musicalizados de escritoras galegas (Rosalía pequeñiña, Negra Sombra,...) 
Durante a mañá facermos unha maratón literaria na biblioteca. Estableceremos un horario para que poidades acudir todas as aulas a ler un conto, poemas ou cantar unha canción dalgunha escritora galega.

 ESPERÁMOSVOS!!! 

 Ola a todas de novo, aquí vos deixo unha mostra da celebración:

2ºB
 

2ºA  

Alumnado de 4º EP





Alumnado 6° EP