CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS: FOLIADA E MAIO
RADIO NA BIBLIO: FALAMOS DAS LETRAS GALEGAS 2025
As alumnas e alumnos de 2ºB estiveron traballando na aula sobre as Letras Galegas, a poesía tradicional e a figura das cantareiras. Con moita ilusión regálannos o seu primeiro podcast no que dialogan en torno a este día tan especial para todas nós:
Bon traballo!!!
OBRADOIRO IMPROVISADO DE COSTURA. PREPARÁNDONOS PARA AS LETRAS GALEGAS 2025
Boas Rapaces!!!
Esta semana está sendo de tolos!! Dende que as profes se lles ocurriu celebrar as Letras Galegas cunha foliada a BIBLIOTECA está chea de xente traballando. A máquina de coser bota lume da velocidade coa que algúns lle fan coser os bandeiríns para adornar o patio.
Outros andan no Laboratorio de Radío preparando a lista de cantigas e redactando as presentacións.
No patio, algunhas andan xa quentando ferreñas , practicando as cantigas e argallando a estrutura do maio.
Estamos moi contentas de ver canto estades desfrutando da Biblioteca dende a súa inauguración.
Parabéns a todas e todos polo traballo 👏👏👏.
CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO. APADRIÑAMENTOS LECTORES.
Boas, rapazada!
Deixámosvos o video da celebración do Día do Libro. Este ano, ademais da inaugurar a biblioteca, celebramos unha xornada de Apadriñamentos Lectores.
Feliz Día do Libro!!
INAUGURAMOS A BIBLIOTECA!! DÍA DO LIBRO
DÍAS DA AUGA, AS ÁRBORES E A POESÍA 21 e 22 de marzo 2025
Xa estamos na primaveira...os prados énchense de frores e os niños de xeitosos ovos que logo han de romper e encher o ar de arrechouchíos.
Chegou tamén o día da árbore, da auga e da poesía e este ano decidimos celebralos xuntos buscando unha cantiga na que se falase dos ríos, dos traballos que as mulleres facían no rio, das distintas formas da auga, e das árbores.
Puidemos buscar as cantigas en distintas fontes de información:
- Preguntando ás avoas.
- Consultando o Cancioneiro popular Galego na biblioteca ou en formato dixital:
https://cancioneiro.fundacionbarrie.org/
- Consultando o Arquivo Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego:
Unha vez elexida a cantiga, cada titoría traballou a cantiga, reflexionando sobre a súa rima, a temática, as cantigas e a tradición oral. Aprendemos as cantigas, cantámolas e para darlles vida, escribímolas nun lazo azul que simbolizaba a auga e colgámolas das árbores do patio.CONTACONTOS PACO NOGUEIRAS
CELEBRAMOS o 8 de marzo. ENTREVISTAS ÁS NOSAS AVOAS. (RADIO)
Este curso, para reivindicar a igualdade e reflexionar sobre a situación da muller na sociedade, pedímoslles ás nosas alumnas e alumnos que entrevistasen ás súas avoas sobre os traballos que desenvolveron durante a súa vida e sobre como se organizaron para desenvolver eses traballos, ocuparse dos fillos e das tarefas da casa.
En primeiro lugar, todas as titorías traballaron nas aulas a temática e a estrurtura da entrevista.
Cada aula decidíu como desenvolvería esas entrevistas e como ides ver algúns decidiron facela por escrito, outros gravaron en vídeo e na aula de 5º de EP, aproveitando a formación que recibiron no Obradoiro de Radio na Biblio, fixeron PODCASTS.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2025
Para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, contamos coa científica Eva García Álvarez, bióloga e bioinformática que conta cun amplo e destacado currículum. Na actualidade traballa nun proxecto de investigación sobre o cancro na USC.
As mulleres tiveron ao longo da historia un papel moi pouco recoñecido en todos os ámbitos e o científico foi un deles. Coa presencia de Eva queremos poñer un exemplo cercano para facer visible que con esforzo e traballo é posible conseguir as nosas metas.
O alumnado de 4º, 5º e 6º de EP, moi interesado e involucrado, puido comprobalo coa magnífica exposición de Eva.
CELEBRAMOS O ENTROIDO 24/25
Este venres 28 de febreiro celebramos o Entroido no cole. O patio encheuse de ras, peixes, píntegas, lontras, parrulos, garzas, cormoráns, lagartos, algas, cangrexos,.. tamén había xacias e mouras...moitos pecadores e por suposto, unha cuadrilla de limpeza que non vai deixar que o lixo estrague o Rio Miño, O noso veciño!!!












































