Empezamos este novo curso 2010/2011, expoñendo no noso blog dúas produccións creativas, un libro de poemas de NURIA DEVESA NÚÑEZ (cinco anos) e unha exposición fotográfica de CARLOS LEIRA ÁLVEZ (dez anos). O noso agradecemeto ás familias pola colaboración e implicación coas actividades da biblioteca e polo tanto na labor de difusión da lectura coa intención de fomentar e estimular a expresión oral, escrita, gráfica…
AS POESÍAS DE NURIA
“La vida” é o título do libro no que están recollidos os poemas que Nuria foi compoñendo oralmente e que súa nai plasmou por escrito (no prólogo explica o proceso de creación) nun entrañable libro, tamén plagado de ilustracións. Sensibilidade, musicalidade, rima, frescura son as características dos distintos poemas que lemos colectivamente na biblioteca e que xa forman parte dos nosos fondos biblotecarios.
AS FOTOGRAFÍAS DE CARLOS
Ao longo deste verán e asesorado polo seu avó, Carlos leu coa súa máquina fotográfica a paisaxe do seu entorno, a paisaxe galega: o mar, o interior, os animais, as personaxes. Fotografías que transmiten espontaneidade, creatividade, e moita sensibilidade e que para pracer de toda a comunidade educativa, están expostas no noso centro nunha entrañable e amena exposición fotográfica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario