O 8 de maio en Connecticut, morreu Maurice Sendak, autor e ilustrador da famosa obra de literatura infantil "ONDE VIVEN OS MONSTROS". Unha historia poética e sinxela, contada con humor en unha perfecta conxunción entre texto e ilustración. As súas expresivas imaxes, recordan o mundo dos soños e os pesadelos infantis. Este interesante libro está na nosa biblioteca e viaxou nas maletas viaxeiras polas casas de todos os nosos escolares. Millóns de nenos e nenas seguirán alimentando no futuro a súa imaxinación con este libro, legado inmortal dun creador que xa forma parte da historia da Literatura Infantil e Xuvenil de todos os tempos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario