Un ano máis as BIBLIOMALETAS inician a súa traxectoria por todas as familias dos nosos alumnos e alumnas de Educación Infantil. Son unha inviataciòn para disfrutar dos libros en compañía da familia, compartindo os sentimentos e as emocións que producen as distintas lecturas nos diversos soportes que propoñemos.
MOCHILAS VIAXEIRAS
Co alumnado de primaria empezan a funcionar tamén as Mochilas Viaxeiras , para disfrutar, ao igual que as Bibliomaletas, dos libros en compañía da familia . É intención destas actividades conseguir os obxectivos de:
Concienciar ás familias do importante papel que desempeñan no fomento da lectura.
Coñecer e disfrutar dos diferentes tipos de lecturas.
Descubrir "outros xeitos de ler" na linguaxe da música e dos audiovisuais.
Fomentar o hábito lector no alumnado do centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario