O día 24 de outubro, celebramos o día das Bibliotecas Escolares cunha xornada de portas abertas e unha exposición de libros de carácter científico ou relacionados coa ciencia, coa finalidade de facer visibles todas as posibilidades da biblioteca como motor de apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación de persoas lectoras. Este ano o cartel foi feito por Patricia Castelao e o lema "LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR", trata de sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre a importancia de ler textos de carácter científico, textos divulgativos ou textos literarios que traten temas relacionados coa ciencia. Todos teñen cabida na biblioteca escolar e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario