Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

SAMAÍN 2017

 Nesta semana do Samaín, a biblioteca  encheuse de contos, moitos contos, contos de medo, de terror, de bruxas de pantasmas, de zombis, de caveiras, de morcegos, de cabazas terroríficas e tamén da santa Compaña. Os lectores e lectoras disfrutaron de "medo" coas lecturas e cos traballos de investigación realizados para coñecer esta tradición nosa do Samaín que ten distintas particularidades dependendo da zona. 
Nos traballos realizados descubrimos que o lugar de Galicia onde máis se celebra o Samaín é Cedeira, alí organizan unha procesión de ánimas na que os rapaces e rapazas da vila desfilan vestidos como a Santa Compaña. En Quiroga exite a tradición de secar a cabazas e despois utilizalas como máscaras no Entroido.  O Samaín formou parte da candidatura á declaración, por parte da UNESCO, do patrimonio inmaterial galego-portugués como ben mundial.
O día 31 os maiores contaron aos máis pequeniños contos que daban moito medo, pero que no fondo lles encanta lelos e escoitalos: "Corre corre Cabaciña", "A bruxa regañadentes" e "A figueira de pelostortos".



 

0 comentarios: