Recopilatorio de contos en distintos formatos: contos narrados, contos pictografiados, contacontos, contos animados e tamén enlaces a páxinas onde aparecen estes contos e moitos máis.
RECOPILATORIO DE CONTOS
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Recopilatorio de contos 2020
EU QUEDO NA CASA
Este bonito conto rimado está escrito por Ramón D. Veiga e ilustrado por Iván R. que reflicte un pouco a situación que están a vivir os nenos e as nenas estes días de confinamento na casa. Temos dúas versións, dixial e vídeo.
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Eu quedo na casa 2020
RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO DÍA DO LIBRO
Samuel dá lectura a dous fermosos libros que recomendamos especialmente polo día do libro : A meniña de libros e Os dereitos do pequeno lector e da pequena lectora.
A MENIÑA DE LIBROS. Este marabilloso libro escrito por Olivers Jeffers, ilustrado por Sam Winston e da editorial Patas de Peixe é unha homenaxe a toda a literatura. Todo o que un libro nos proporciona está resumido aquí nestas páxinas cheas de letras que forman un fantástico poema de fomento da lectura. Un libro baseado en tódolos libros que leron os nenos e as nenas de tódalas épocas
OS DEREITOS DO PEQUENO LECTOR E DA PEQUENA LECTORA. Este encantador ábum ilustrado, está escrito por Patricia Auerbach, ilustrado por Odilón Moraes e da editorial Beascoa. É un libro en defensa da lectura infantil que gustara tanto a maiores como a pequnos e pequenas.
Posted by biblioponte 0 comments
FELIZ DÍA DO LIBRO
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Feliz día do libro 2020
DÍA DO LIBRO 2020
Neste día do Libro, tan atípico, facemos as nosas recomendacións lectoras, separados, pero xuntos a través dos libros e co obxectivo de seguir fomentando a lectura e darlle ao libro o protagonismo que merece, con especial énfase neste contexto de confinamento desde as casas. Convidámoste a ver este vídeo que nos une tanto polas imaxes como pola música
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Día do libro 2020
RECOMENDACIÓN LECTORA
Neste tempo de confinamento, a lectura é un bálsamo e sobre todo cando a temática afecta positivamente á saúde. Celia, a nosa compañeira de infantil, fai unha recomendación lectora: COMER BIEN A DIARIO, apto tanto para expertos como para principiantes.
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Recomendación 2020
CENTENARIO DE GIANNI RODARI
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Centenario de Gianni Rodari 2020
MAIS CONTOS PARA TODAS AS IDADES
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Contos para todas as idades 2020
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
PROPOSTA
1º.- Fai un debuxo do teu libro favorito
2º.- Unha vez rematado, pídelle a alguén da casa que lle saque unha foto, ou tamén a podes facer ti mesmo/a.
3º.- Logo mándadea ao seguinte correo:
bibliopontelugo@gmail.com
Con todos os debuxos recibidos faremos un vídeo de recomendacións lectoras.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Día do libro Infantil 2020