Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

PREPARANDO O DíA DA PAZ - JOSÉ CAMPANARI- xaneiro 2022

O arte de contar historias abre un universo que nos invita a soñar, reflexionar, pensar, disfrutar e sobre todo compartir. E ninguén mellor que José Campanari para levarnos da man por eses camiños cheos de contos e historias. 

Para conmemorar a semana da Paz, desde os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, fixemos dúas propostas da súa bibliografía. Trenfugiados  e  E que podo facer eu? 

Por que estes dous libros? Pois ben, aínda que os dous son diferentes na súa temática, teñen en común que a partir da súa lectura invitan a unha reflexión profunda do que está a pasar na vida de moita xente. Como é posible que un xesto sinxelo de axuda á alguén que temos ao noso lado sexa un enorme xesto de Paz.







Aquí vos deixamos un STOP MOTION  creado por OQO Films  do conto E que podo facer eu?



 
 
 
Como xa saberedes, José Campanari vai visitar o noso colexio para falarnos destes dous contos tan interesantes e da súas experiencias como contador de historias. Dende a Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega
propoñémosvos un desafío:

QUEN É  JOSE CAMPANARI ?

1º Le os seguntes artigos para coñecer algúns datos da súa biografía:

 
 
2º Busca na  Biblioteca do cole  e en Internet información sobre os libros e contos que escribíu.

3º Participa no CHALLENGE KAHOOT que colgaremos neste blog o mércores 26.


Aquí vos deixo o KAHOOT!! Disfrutádeo!☺
 

No hay comentarios: