Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

COMEZAMOS

 Boas rapazada!

Aquí estamos de novo en Biblioponte coa cabeciña zoando en busca de novas lecturas e proxectos que nos leven por aventuras maravillosas neste curso que acaba de comezar. 

Como cada ano as titorías disporán dúnha hora para baixar á biblioteca, o alumnado voluntario xa está quecendo motores para colaborar nas tarefas de préstamo, organización,... As mochilas viaxeiras comezarán a súa andaina polas casas en breve e temos outras interesantes propostas que xa están dando os primeiros pasos:

- Iniciamos unha viaxe fantástica no CLUB DE LECTURA  co Misterio de Portomarín de Antía Yáñez.

- As nenas e nenos de 4º comezaron un precioso proxecto para crear audiolibros para o  alumnado de EI e  da Aula Específica.

Como vedes en Biblioponte non hai tempo que perder.  Colle folgos e agárrate a un libro!!! 

Esperámoste en BIBLIOPONTE!!