O noso certame arredor do Día da Auga e do Día da Árbore segue regalándonos momentos moi especiais na nosa radio escolar, grazas á participación e á creatividade do alumnado.
Nesta ocasión presentamos a poesía de Enzo, alumno de 2º, quen nos leva cunhas palabras cheas de dozura a percorrer os recunchos do noso cole e da contorna que o rodea. A través da súa mirada, descubrimos a beleza das árbores, dos espazos nos que xogamos e aprendemos cada día e dese entorno natural que fai do noso centro un lugar tan especial.
Coas súas palabras, Enzo recórdanos a importancia de valorar e coidar aquilo que temos preto, aprendendo a querer e respectar a natureza desde pequenos. Estas actividades seguen a ser unha magnífica oportunidade para fomentar a expresión, a creatividade e o compromiso co medio ambiente.
Convidámosvos a escoitar a súa poesía na nosa radio escolar e a desfrutar dunha nova mostra do talento e da sensibilidade do noso alumnado.
Enzo

No hay comentarios:
Publicar un comentario