Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
PROGRAMA TVG: "MÁIS GALEGO"
O programa da TVG "Máis galego" estivo no noso cole, os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria, disfrutaron coa realización de probas gastronómicas, deportivas e culturais en torno ao Nadal e á figura do Apalpador.
3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE
O día 3 de decembro, celébrase o día internacional das persoas condiscapacidade, co obxectivo de fomentar a súa integración e promover a igualdade de oportunidades. O tema para 2013 é, "Romper as barreiras, abrir as portas: por unha sociedade inclusiva para tod@s
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIOAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de novembro, é a data elexida polas Nacións Unidas, para commemorar o día internacional conta a violencia de xénero. Ten como finalidade, sensibilizar á sociedade da gravedade desta problemática.
ARTURO E CLEMENTINA é o conto de Adela Turín, con ilustracións de Nella Bosnia, editado en galego por Kalandraka, que escollemos, para reflexionar sobre a igualdade, pois denuncia a discriminación e combate estereotipos sexistas.
DÍA INTERNACIONAL DO NENO E DA NENA
Hoxe, 20 de novembo, é o día Internacional do neno e da nena, para celebralo, na nosa biblioteca fixemos unha exposición de libros que tratan sobre os dereitos da infancia e lemos, na hora do recreo, ó libro "Á la sombra de los anacardos" da editorial OQO. Mediante as coloristas ilustracións de Simona Mulazzani, o autor, Antón Fortes, preséntanos a vida dunha nena guineana entre o traballo, a escola e o hospital. Pero hai un refuxio para os xogos, os segredos e a esperanza... Á sombra dos anacardos medra a vida. O autor invítanos a colaborar para mellorar as condicións da poboación infantil desfavorecida e como mensaxe, a importancia da solidariedade.
O SAMAÍN
Cabazas, morcegos, bruxas, pantasmas e moitos libros, libros de medo, de terror...ambientaron a nosa Biblioteca para celebrar o Samaín. Uxía, Sabela e Sara de 4º contaron o conto de "A BRUXA REGAÑADENTES". Alba, Sara, Raquel e Andrea de 6º contaron o conto de "O PAPÓN". Todos tanto os pequenos como os maiores disfrutaron a rabiar destes contos terroríficos.
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O día 24 de outubro, celebramos o día das Bibliotecas Escolares cunha xornada de portas abertas e unha exposición de libros de carácter científico ou relacionados coa ciencia, coa finalidade de facer visibles todas as posibilidades da biblioteca como motor de apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación de persoas lectoras. Este ano o cartel foi feito por Patricia Castelao e o lema "LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR", trata de sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre a importancia de ler textos de carácter científico, textos divulgativos ou textos literarios que traten temas relacionados coa ciencia. Todos teñen cabida na biblioteca escolar e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado.
LER PARA MEDRAR
Comenza a campaña para nenos e nenas de Educación Infantil "LER PARA MEDRAR", coas nosas bibliomaletas intentamos abrir unha fiestra ao mundo e compartir coa familia, todos os ingredientes necesarios para medrar dun xeito integral.
MALETAS VIAXEIRAS
BENVID@S
E para comenzar este divertido vídeo titulado "Es un libro"
GUÍA DE LECTURA
Nesta guía de lectura aparecen algúns libros interesantes para ler este verán.
Boas e lectoras vacacións!
Boas e lectoras vacacións!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)