Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

PREPARANDO O DíA DA PAZ - JOSÉ CAMPANARI- xaneiro 2022

O arte de contar historias abre un universo que nos invita a soñar, reflexionar, pensar, disfrutar e sobre todo compartir. E ninguén mellor que José Campanari para levarnos da man por eses camiños cheos de contos e historias. 

Para conmemorar a semana da Paz, desde os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, fixemos dúas propostas da súa bibliografía. Trenfugiados  e  E que podo facer eu? 

Por que estes dous libros? Pois ben, aínda que os dous son diferentes na súa temática, teñen en común que a partir da súa lectura invitan a unha reflexión profunda do que está a pasar na vida de moita xente. Como é posible que un xesto sinxelo de axuda á alguén que temos ao noso lado sexa un enorme xesto de Paz.







Aquí vos deixamos un STOP MOTION  creado por OQO Films  do conto E que podo facer eu?



 
 
 
Como xa saberedes, José Campanari vai visitar o noso colexio para falarnos destes dous contos tan interesantes e da súas experiencias como contador de historias. Dende a Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega
propoñémosvos un desafío:

QUEN É  JOSE CAMPANARI ?

1º Le os seguntes artigos para coñecer algúns datos da súa biografía:

 
 
2º Busca na  Biblioteca do cole  e en Internet información sobre os libros e contos que escribíu.

3º Participa no CHALLENGE KAHOOT que colgaremos neste blog o mércores 26.


Aquí vos deixo o KAHOOT!! Disfrutádeo!☺
 

O TREN DE MARTIÑO

En ponte na radio, Conto de Nadal interpretado polas nenas e nenos de 2º EP.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL

Xa esta aquí O Nadal, rapazas e rapaces! Este ano preparamos unhas recomendacións lectoras para Nadal moi variadas. Hai contos para todas e todos vós en Galego, Castelán e Inglés e non nos olvidamos dos que disfrutades dos cómics e da poesía. Así que xa sabedes. Recordade poñer na vosa carta aos Reis un par de libros. Un libro é un agasallo que podemos abrir unha e outra vez... Bo Nadal!

25 NOVEMBRO

Ola rapazas e rapaces, aquí vos deixamos un resumo das moitísimas actividades nas que participastes na semana do 25 de Novembro. Parabéns a todas e todos polo traballo feito.

DIA DA BIBLIOTECA

O Día da Biblioteca, as nosas alumnas e alumnos decidiron recomendarlle o seu libro preferido aos seu compañeiros. aqui vos deixo unha mostra das súas recomendacións.

O MAGOSTO

Chegou o Magosto ao cole e enchémonos a comer castañas. Bibliótico, que é un comellón, deu en pensar de cantos xeitos podía comer as castañas e por se esquecía algunha ocorréuselle pedirlle aos nenos que lle enviasen receitas para poder probalas todas. Este Bibliótico..

SAMAÍN

Aquí tedes a selección de libros que fixemos para o Samaín.

SAMAÍN 2021

Samaín...festa de bruxas, caveiras, fantasmas e monstros. Para celebrar tan terrorífica data, que mellor que LER un terrorífico libro. Aquí están as recomendacións que lles demos as nosas alumnas e alumnos para que tiveran unhas divertidas lecturas.

COIDAMOS O NOSO PLANETA

O alumnado de 5º de educación Infantil xunto súa profe Rosa María Guerra Sánchez, participaron nun taller de reciclado de papel. As nenas e os nenos a partir de papel de periódico, fixeron o seu propio papel, que unha vez seco utilizaron para facer debuxos de árbores e asi concienciarse da importancia que ten o reciclado para o coidado do medio ambiente e polo tanto do noso planeta. Esta actividad está dentro do proxecto anual de centro de Coidado do Medio Ambiente

POEMAS DE MANUEL MARÍA

O alumnado, de 5º A, disfruta recitando poemas, en este caso o poeta escollido é Manuel María e do seu libro "Os soños na gaiola" Os tres poemas escollidos son: O meu barco, A vaca e O soñador.