Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

MAGOSTO

 Castañas, castanas
que ricas están
asadas ou cocidas
todas bulirán

Castañas, castañas
castañas para asar
imos ó magosto
a festa vai comezar

Castañas, castañas
todos comerán
e moi contentos
con elas saltarán             

Castañas,castañas
no lume estarán,
non as toques
que te queimarán

Castañas, castañas
que ricas están
asadas ou cocidas
nin unha quedará


0 comentarios: