Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

MOITOS CONTOS POLO SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Para celebrar o Samaín a biblioteca encheuse de libros e de contos, libros que nos contan a historia do Samaín e de  moitos contos  de medo, de terror pero tamén divertidos que nos contan historias sobre sapos, bruxas, fantasmas, castelos encantados, ogros, esqueletos e moitos personaxes máis que dan medo, pero que tamén nos fan rir. Ademais tivemos sesión de contacontos a cargo de nenos e nenas de 6º curso:
Ana e Samuel contaron "O noso Samín"
Emily e Lucía Valcárcel "Os esqueletos divertidos"
Rosalía e Noa "O Papón" 

0 comentarios: