Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

BO NADAL

Extracto da película de debuxos animados "The Snowman" baseada no conto de Raymond Briggs, onde se canta a canción "Walking in the air" e onde o neno e o boneco de neve voan pola cidade ao encontro de Papá Noel.
Felices Festas!

RECREANDO A FIGURA DO APALPADOR

O alumnado de 6º de primaria fixo  na biblioteca, unha recreación da figura do Apalpador para dala  a coñecer aos máis pequeniños e pequeniñas, lendo os traballos feitos por eles,  onde contan as súas orixes, a súa historia e cantando as cantigas propias de tan mítico personaxe 

O APALPADOR NA BIBLIOTECA

O Apalpador, personaxe mítico galego, orixinario das montañas do Courel e dos Ancares, visitou a nosa biblioteca, coa intención de divulgar a súa figura.




O Apalpador contou un conto axudado polo seu fillo e o seu boneco.


O APALPADOR NO COLEXIO


O venres, dia 20 de decembro de 2012, chegou o APALPADOR , dende as montañas do Courel e dos Ancares, ao noso colexio, coa intención de apalparlles as barrigas aos nenos e ás nenas e deixarlles unha boa presa de castañas.


 Os maiores cantáronlles as cantigas do Apalpador, que estaba moi ben acompañado polo seu fillo e o seu boneco.



CANTIGAS DO APALPADOR

  Vaite logo meu neniño
   marcha agora para a camiña
   que vai vir o apalpador
   a palparche a barriguiña



O APALPADOR


O Apalpador é un vello xigante carboeiro que vive nas altas montañas do Courel e dos Ancares na provincia de Lugo e que cada noite de Nadal baixa ás aldeas para apalparlles as barrigas aos nenos e ás nenas, para ver se están ben alimentados e deixarlles unha boa presa de castañas.







GUÍA DE LECTURA NADAL 2012

BIBLIÓTICO ENTREGA GUÍAS DE LECTURA PARA O NADAL

Bibliótico, a mascota da nosa biblioteca, entregou ao alumando do centro a guía de recomendacións de lectura para este Nadal. Visitou todas as aulas e fixo entrega a cada neno e cada nena da súa guía, explicándolles o seu contido e falándolles sobre o motivo que ilustra a portada "O APALPADOR" que vai facer unha visita ao centro o día 21 de decembro.

BICHOS


 Un ano máis, xunto a  outros vinte centros educativos, participamos na elaboración do calendario do "Colectivo Estiño". Os" BICHOS "do noso entorno  é o tema sobre o que traballamos e investigamos desde a nosa biblioteca:  a vacaloura, o saltón, o grilo, a xoaniña, o  piollo e a pulga, o caracol, a avelaíña, a barbantesa, a avéspora, o escaravello, o mosquito e a mosca, a miñoca, o zapateiro, o insecto pao, as bolboretas, o cabaliño do demo, a formiga, o bicho bola, o vagalume, a abella, a araña...este é o resultado.




recitandoacelsoemilio 12-12-2012 ás 12

http://www.youtube.com/watch?v=vcLYLwwybdA


Se picamos neste enlace, poderemos ver o vídeo do recitado do poema de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ao mar".


12-12-2012 ás 12 horas RECITANDO A CELSO EMILIO



Hoxe día 12 do 12 do 2012 ás 12 horas  os alumnos e alumnas de 5º de primaria recitaron, ante a comunidade educativa, unha escolma de poemas de Celso Emilio Ferreiro e o alumnado de 6º de primaria  o poema "DEITADO FRENTE AO MAR"do seu libro "Longa noite de pedra",  ao mesmo tempo que todos os centros docentes de Galiza, como acto colectivo, con motivo do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro e por iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL)

"DEITADO FRENTE AO MAR" A RITMO DE RAP


O poema de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ao mar" a ritmo de Rap, nun Audiovisual feito por alumnado e  profesorado do IES "As Barxas" (Moaña)

10 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

O SEGREDO DA PAZ ESTÁ NO RESPETO DOS DEREITOS HUMANOS

MÚSICA E POESÍA DE CELSO EMILIO FERREIRO

Moitos dos nosos artístas puxeron música aos poemas de Celso Emilio Ferreiro: Amancio Prada, Ana Belén, Suso Baamonde, Fuxan os Ventos, Luis Emilio Batallán, Etc.
Aquí tedes unha mostra

RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO

Ao cumplirse o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da 2ª mitade do seculo XX, dende a Coordenadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL), propoñen rendirlle unha homenaxe pública, cun acto colectivo para todos os centros educativos de Galicia, que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, simbolo permanente de valores, de solidariedade e xustiza iniversais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e coa lingua de Galicia, recitando públicamente o poema titulado "DEITADO FRONTE AO MAR" da súa obra "Longa noite de pedra" (1962).
O obxectivo central é manter viva a memoria dun dos grandes poetas do
século XX.
O noso centro, desde a nosa biblioteca e en colaboración co ENDL, está preparando os actos para ese día. Ademáis de ter elaborada unha guía coa vida e obra do autor, repartida a toda a comunidade educativa xa o curso pasado, traballouse sobre ela nas sesións de animación á lectura e tamén se elaborou unha escolma cos seus poemas para aprender e recitar.