Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

MES DA CIENCIA: ISAAC NEWTON


HOMENAXE Á MULLER



Neste día 25 de novembro, día internacional conta a violencia de xénero, escollemos a canción "MATRIARCAS" de  Guadi Galego, incluido no seu próximo álbum "Lúas de outubro e agosto" como homenaxe a todas as mulleres, as mulleres reais, as que mostran a súa forza e coraxe na vida cotiá

CONTOS EN MOVIMENTO

CONTOS EN MOVEMENTO é unha proposta de traballo co obxectivo de animar a empregar  os medios audiovisuais nas aulas e realizar un achegamento a esta arte na súa máis ampla expresión. O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, participou nun obradoiro impartido por RAQUEL, da editorial OQO, para adquirir criterios e coñecementos  de identificación de planos, secuencias, estructura ou reparar no universo narrativo, plástico e sonoro do filme; base fundamental para poder traballar con este medio desde as aulas e aproveitar as súas características para espertar o gusto non só pola lectura, senón tamén pola arte, o desenvolvemento da capacidade crítica e de pensamento.

CIENCIA DIVERTIDA EN INTANTIL DE 4 ANOS






Un experimento moi sinxelo para observar, manipular e sacar conclusións. Os nosos pequenos científicos experimentaron e descubriron aspectos importantes sobre a flotabilidade en líquidos.  Nun recipiente con auga do grifo meteron un ovo e outros obxectos, noutro  recipiente con auga do grifo, pero  ao que se lle engadiu sal, tamén se meteron os mesmos obxectos. Que pasa no primeiro recipiente? Que pasa no segundo? Que sucede? Por que se producen diferencias?

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA




Hoxe, día 20, celebramos na biblioteca o día da infancia co libro editado por edicións  Xerais  titulado: "Os deretos da infancia"baseado na Declaración Universal dos dereitos do neno. Dez principios que perseguen garantirlles a todos os nenos e nenas os coidados, a protección e a educación necesarios. Entre outros, o dereito a ser iguais sen distinción de raza ou relixión, a recibir protección especial, a ter un nome e unha nacionalidade, a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas, a recibir educación ou a poder xogar. Neste libro, dez grandes autores de literatura infantil e xuvenil uniron o seu talento co do ilustrador Emilio Orberuaga e ofrécennos dez contos que recrean os principios recollidos nesa declaración, co obxectivo de lembrar a súa importancia e darllos a coñecer aos nenos e nenas de hoxe en día



LIBROS DE CIENCIA NA BIBLIOTECA


Con motivo da celebración do mes da Ciencia en galego en todas as bibliotecas escolares galegas, facemos unha exposición de librosde ciencia  e preparamos  unha viaxe  onde coñeceremos moitos dos descubrimentos científicos e tecnolóxicos que cambiaron o rumbo da historia e tamén acontecementos históricos que favoreceron esos descubrimentos.

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS






Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO do científico Ángel Carracedo, profesor de medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento.

 A continuación o MANIFESTO de Ángel Carracedo

Un grande empresario dicíame non hai moito tempo: “Aos científicos valorarannos aquí 
cando algún se faga moi rico cos seus achados”. 
A min non me parece que os galegos valoren pouco a ciencia e os seus científicos. Ao 
contrario, penso que estamos entre as profesións mellor consideradas. Temos a gran 
sorte de que a xente da nosa terra valora o traballo e a dedicación aos demais por riba 
de todo.
Tampouco creo que ningún científico teña entre os seus obxectivos facerse rico. O 
seu tesouro é o coñecemento e a súa ilusión buscar o porqué das cousas. A súa gran 
ledicia prodúcese cando fan un descubrimento que lles dá respostas ás preguntas que 
se fixeron e que ninguén fora quen de albiscar. 
Gustaríalles traballar na súa terra, pero para iso precisan medios para investigar e un 
salario que lles permita vivir. Non lles importa que non sexa moito o que gañen, pero si 
que o proxecto, o grupo onde traballan e o ambiente sexa estimulante. 
E temos que procurar entre todos que estas condicións se dean aquí. O noso número 
de investigadores é aínda moi baixo e as condicións nas que se desenvolve o seu 
traballo distan moito de ser comparables coas dos países máis desenvolvidos. 
E é preciso cambiar esta situación. A investigación é o motor do desenvolvemento e 
da riqueza dos pobos, e temos que procurar reter o noso talento e mesmo captar novo 
talento do exterior.
Tamén temos, os propios científicos, que integrarnos máis na sociedade, na nosa 
cultura, no noso sistema produtivo, e sobre todo contar o que estamos facendo.
Cos anos cada vez concédolle máis importancia a divulgar a ciencia. Facela é importante, 
pero tanto ou máis é contar que sabemos e tantos e tantos misterios e problemas que 
aínda non conseguimos chegar a entender. Saber isto é a única maneira de que a xente 
valore o que os científicos fan, pero sobre todo é a única maneira de comprender o 
mundo que nos rodea e poder xulgar criticamente o que nos din, o que é igual que ser 
máis libres.
E para chegar á xente da nosa terra hai que facelo no nosa lingua. “Sentímolo noso”, 
escribía unha mestra dun dos institutos (o meu favorito) onde cada vez que podo 
voulles contar o que facemos aos alumnos. Entusiasmo e proximidade son a clave 
da divulgación científica, e que te sintan como eles, do seu mundo, coa nosa fala, é a 
garantía para que a ciencia se aprecie aínda máis e moitos dos nosos rapaces queiran 
dedicarse a ela.
Texto do científico Ángel Carracedo con motivo da celebración do Mes da Ciencia



PREESCOLAR NA CASA, NA BIBLIOTECA

A


PREESCOLAR NA CASA estivo na nosa biblioteca. Un grupo de  de pais e nais cos seus fillos e fillas acompañados de Doris, profesora e  orientadora na función de reforzar a competencia educativa das familias, ao mesmo tempo que unha estupenda contacontos, estiveron na nosa biblioteca. Viñan a coñecer o espazo e  funcionamento  da biblioteca e  reflexionar sobre a importancia das primeiras aprendizaxes e as posibiblidades educativas dos libros e do espazo bibliotecario co fin de axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos e fillas. 

A BRUXA REGAÑADENTES


 A BRUXA REGAÑADENTES con texto de Tina Meroto a partir dun conto tradicional turco-ruso e ilustracións de A.C. Quarello, é o conto que Paula Vázquez Tella e Carla López Buide len na biblioteca ao alumnado do centro con motivo da celebración do Samaín

O SAMAÍN NA BIBLIOTECA

A nosa biblioteca encheuse de cabazas, personaxes terroríficos e contos, moitos contos, contos de medo, contos de monstros, contos de bruxas, contos de personaxes máxicos  e malvados que personifican para os nenos e as nenas os seus medos e para conseguir gañar confianza e superar os temores, nada mellor que escoitar e ler contos en que os protagonistas trunfen sobre os seres arrepiantes producto da imaxinación  

O PRACER DE ESCOITAR LER POLO SAMAÍN

Para celebrar o Samaín Paula Vázquez  Tella e Carla López Buide, alumnas de 6º, leron  na biblioteca e para o alumnado do centro, este bonito conto: "CORRE CORRE, CABACIÑA " con textos de  Eva Mejuto a partires dun conto popular portugués e ilustracións de André Letria