Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

A GALIÑA AZUL DE CARLOS CASARES

A galiña azul é o máis popular dos libros de Carlos Casares. Publicada en 1968, foi unha das primeiras obras editadas en galego para o publico infantil. O libro baixo a apariencia dun conto infantil, deixa ver a súa habitual mensaxe contra a intolerancia e a inxustiza, expresa valores universais e o compromiso do autor coa lingua galega

.





MIUZALLAS

Miuzallas é a revista do Colectivo Estiño onde se recollen os traballos realizados en torrno á temática anual elixida para a realización do calendario colavorativo, en cuxa elaboración participamos 24 centros educativos. Este ano foi sobre os postres tradicionais da nosa terra e como complemento á cociña tradicional galega que se realizou anteriormente. Baixo o título de LAMBETADAS a revista recolle ditos poemas, sopas de letras, a vida de Carlos Casares e tamén artigos, e receitas para poder ler e realizar na escola ou coas familias coa intención de fomentar e propiciar accións educativas relativas á saúde no ámbito escolar e familiar, potenciando a adquisición dunha alimentación saudable.



TVG NA BIBLIOTECA

O luns, 22 de maio de 2017, o noso centro explicou, en directo, ao progama da TVG "A revista" a nosa participación na elaboración do calendario do Colectivo Estiño.
Se picas na primeira imaxe  darache acceso ao vídeo do programa



 TVG








FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2017

LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

















O MAIO

Este ano, por primeira vez, celebramos os MAIOS no noso centro, co obxectivo de que o noso alumnado coñeza as nosas tradicións ao mesmo tempo que fomentamos a creatividade, a música, o traballo de investigación e o traballo en equipo. É unha festa tradicional galega para dar a benvida á chegada da primavera e a procura das boas colleitas.

COPLAS DOS MAIOS





GUÍA MAIOS


CARLOS CASARES


XOSÉ ANTONIO PEROZO

Xosé Antonio Perozo nunha charla impartida ao alumnado de 3º e 4º de primaria explica como fai para escribir os libros para rapaces e rapazas e a través do libro "Salven os ameneiros" escrito para a campaña do día da árbore e a auga, fai entrar ao alumnado polos vieiros da fantasía nos territorios da nosa realidade territorial, axudando aos nenos e nenas a achegarse á Natureza dun xeito entretido e tamén educativo.