Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

EDUCLAN

Ao picar no enlace que está debaixo da imaxe temos acceso a Educlan, unha iniciativa que ofrece recursos educativos de calidade que pretende ser unha axuda para as familias e facilitar a aprendizaxe durante o peche preventivo dos centros escolares

 EDUCLAN

tps://www.rtve.es/educlan/

MÁIS PROPOSTAS DE CONTOS

Neste tempo de estar na casa,  aqui temos dous enlaces moi interesantes,  o primeiro OQO filmes para que disfrutedes do cine de animación audiovisual feito a partir de álbumes ilustrados pola editorial OQO e o segundo ao canal TV da editorial Kalandraka, onde podedes escoitar contos cantados e contados.

 Filmes – OQO
 OQO filmes en galego
https://www.youtube.com/channel/UCEfA7SyrMlfXAXF_-tp1uVQ

 
 KALANDRAKA TV
http://www.kalandraka.tv/gl/index.php

MÁIS CONTOS

Aquí temos máis contos para explorar outros universos, para pensar, para divertirnos para compartilos coas nosas familias estes días que nos toca quedar na casa.
Se queres compartir con nós un vídeo ou un audio contando un conto, unha historia, recitando un poema...  ou facer un debuxo, enviao por correo electrónico á dirección de "biliopontelugo@gmail.com" Con moito gusto o compartiremos no noso blog 





 





 


CONTOS PEQUENIÑOS

 A tartaruga que quería durmir, Cocorico, Os sete cabritiños, O lobo feroz, Elmer e a Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza...son algúns dos contos para escoitar e disfrutar sós ou acompañados, nete tempo de quedarnos na casa










O CORONAVIRUS NON É UN PRINCIPE NIN UNHA PRINCESA

"O coronavirus non é un principe nin unha princesa"  é un conto que escribiu María Coco Hernando para explicarnos a dificil situación que estamos vivindo e as medidas que temos que tomar.


CORONACONTOS

Dous contos sobre o coronavirus moi similares peo ao mesmo tempo algo diferentes


DÍA DA POESÍA

 Os nenos e nenas de 4º B para celebrar o DÍA DA POESÍA recitan poemas de dous libros de Antonio García Teijeiro. María, Nerea, Mario e Pablo  recitan poemas do libro BICOS E E NON BALAS, poemas sobre a paz para recordar que pola nosa boca poden saír balas pero tamén bicos, versos e berros pola paz. Marta e Xerión recitan un poema de outro libro de Antonio García Teijeiro VENTO, VENTIÑO, VENTEIRO que comeza o autor e rematan eles "Se o vento"...







LIBROS POLO DÍA DA MULLER

Para reivindicar os dereitos  das mulleres baixo o lema "Son da xeración da igualdade: Polos dereitos das mulleres" propoñemos diversas e variadas lecturas en prol da igualdade, para concienciar e incidir en que as pequenas accións poden xeral grandes repercusións cara o mundo igualitario que merecemos.


DÍA DA MULLER

Traballamos todo o curso en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica e para conmemorar o DÍA DA MULLER realizamos diversas actividades para apoiar a igualdade e o empoderamento, en este caso, recordamos as figuras de Roslía de Castro e de Concepción Arenal, por ser exemplos de loita por conseguir a IGUALDADE






ANXO MOURE, O BARQUEIRO DO MIÑO

Anxo Moure, o barqueiro do Miño, estivo no noso centro coa intención de divulgar a xeografía da conca fluvial e sensibilizar aos nenos e ás nenas sobre a correcta xestión dos recursos. Foi unha sesión moi divertida e moi didáctica centrada en dar a coñecer mellor o noso río e o seu coidado ademais de indicar a importancia da auga e do coidado da natureza. Acompañado de dúas barcas típicas do Miño, a Barca da Pousa e o Batuxo, levounos a coñecer os distintos lugares por onde pasa o Miño, dende onde nace ata onde desemboca e os seus habitantes: peixes, xacias...