Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS






A MENIÑA DE LIBROS


ESTA É A NOSA RECOMENDACIÓN LECTORA polo día do libro: A MENIÑA DE LIBROS de Oliver Jeffers e Sam Winston é un fermoso álbum ilustrado onde a combinación de texto e ilustración fan dela unha obra especial e única. Neste fermoso álbum, cada páxina está construída con textos de grandes obras. O libro é un abraiante poema de fomento da lectura que conforma unha pequena xoia para disfrutar menores e maiores. Samuel de 6º nos recrea coa súa lectura

DÍA DO LIBRO 2019

Imaxinación e recomendacións lectoras van collidas da man nos traballos realizados pola comunidade educativa baixo o lema:
PARA VIAXAR LONXE, NON HAI MELLOR NAVE QUE UN LIBRO
Esta frase de Emily Dickinson, é o lema da campaña de animación á lectura  de este ano, 2019, que realizamos desde a bilioteca do cole  para celebrar o día do libro.
Todos os traballos están expostos na entrada do cole





A NOSA RECOMENDACIÓN LECTORA: A MENIÑA DE LIBROS de Oliver Jeffers e Sam Winston, publicado por patasdepeixe. Esta obra tan especial e única é unha invitación tanto para nenos e nenas como para adultos a atopar a súa propia historia. Neste fermoso álbum ilsutrado cada páxina está construída con textos de grandes obras. Estamos ante un abraiante poema de fomento da lectura que conforma unha pequena xoia para disfrutar dela menores e maiores. Samuel de 6º nos recrea coa súa lectura.


DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2019

Este poema sobre a lectura como unha viaxe ao fondo das preguntas é da escritora, poeta, profesora e académica Marilar Aleixandre. Un texto que convida a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.

DÍA DO LIBRO INFANTIL: ANDERSEN

O día internacional do libro infantil coincide coa data do nacemento de Hans Christian Andersen (1805-1875) escritor e poeta danés, famoso polos seus contos para nenos e nenas: O patiño feo, A sereíña, A raíña das neves, O traxe novo do rei, O soldadiño de chumbo, O xastriño valente...tan divulgados e coñecidos que ás veces confúndense con contos tradicionais anónimos. Pola súa grande inventiva e a equilibrada sinxeleza do seu estilo e da súa técnica narrativa, Andersen é o primeiro gran clásico da literatura infantil.
Coa finalidade de promocionar os bos libros infantis, fomentar o hábito lector e disfrutar coa boa narración, o noso alumnado participou na biblioteca dunha sesión de narración oral de contos de Andersen. Nenos e nenas de varios cursos leron, contaron, narraron aos máis pequenos 




DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2019

Hoxe 2 de abril é o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, data do nacemento de Hans Christian Andersen. O cartel deste ano 2019 foi feito por Kestius Kasparavicius de Lituania, quen titula a mensaxe: OS LIBROS FANNOS ACOUGAR. Os libros teñen unha cualidade marabillosa: axúdannos a vivir, a observar, a buscar acomodo...

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2019: LUIS SEOANE

O día 1 de abril celébrase o día das Artes Galegas que neste 2019, homenaxea a LUIS SEOANE. Queremos aproveitar a ocasión para coñecer e difundir a súa obra e a súa figura como teórico de arte, creador, deseñador, caricaturista, debuxante, pintor, e ademais foi esencial no Laboratorio de Formas da cerámica de Sargadelos e do Castro e na creación dunha nova imaxe de Galicia baseada na interacción-tradición-innovación a través das industrias cerámicas, xa citadas anteriormente.

Resultado de imagen de DIA DAS ARTES GALEGAS 2019



PLANTAMOS UNHA ÁRBORE POLO DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Aproveitamos a celebración do día da ÁRBORE
E DA AUGA para plantar con todos os escolares do centro unha árbore como forma de axudar a frear o deterioro do noso medio ambiente e tamén para reflexionar sobre os servizos que prestan as árbores ante situacións ambientais que afectan á humanidade, caso espescífico do quentamento global do planeta e a disminución da calidade e cantidade de auga, que día a día mostran os seus efectos negativos para os seres humanos. As árbores captan e recargan as fontes de auga, liberan osixeno e capturan o dióxido de carbono. Por esta razón, hai que promover unha conciencia de conservación e restauración dos bosques, facendo un bo uso dos recursos naturais.




DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

LIBROS DE POESÍA

POESÍA NO RECREO





DÍA DA POESÍA 2019

Celebramos o Día Internacional da Poesía con un recitado de poemas  do libro de Antonio García Teijeiro (Premio Nacional de Literatura polo seu libro Poemar o mar)  titulado "Caderno de fume". Nesta poesía palabras e fume veñen ser o mesmo: divirten, provocan, deixan olor e, se ti queres, permítenche imaxinar que estas a escribir o teu  propio fermoso caderno de fume.











PIONEIRAS 2

Elena presenta aos compañeiros e compañeiras o libro PIONEIRAS 2, galegas que abriron camiño. Son fotógrafas, arquitectas, mestras, políticas, actrices, astrónomas, aviadoras... O segundo volume de Pioneiras fala de máis mulleres donas de si; galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan ás novas xeracións.


DÍA DA MULLER 2019

Este día é un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados, pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación das mulleres de a pé que xogaron un papel clave na historia e dar visibilidade ás mulleres destacadas no campo da ciencia, a tecnoloxía, a literatura, as matemáticas, a pintura, a música...



Tamén engadimos unha presentación  de personaxes femininos (feita polo coro feminino Cantar Delas) dende o século XIII ata o século XX.  Estes personaxes que forman parte do imaxinario colectivo, están presentes nas nosas vidas sen saber, en moitos casos, quen foron e as razóns polas que pasaron á historia. A intención  é dar a coñecer o papel que estas mulleres tiveron no cuestionamento da orde social, na loita contra as inxustizas, os motivos polos que foron perseguidas nuns casos, vilipendiadas ou imcomprendidas noutros.



ENTROIDO 2019: OS OFICIOS







POESÍA DE ROSALÍA


DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

No día de ROSALÍA DE CASTRO a nosa biblioteca encheuse de música e poesía. Música de Amancio Prada musicando os poemas de Rosalía e poesía recitada polo noso alumnado. Rosalía na súa obra quere dignidade para o seu pobo, para a súa cultura, para a súa lingua.

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

O 21 de febreiro celébrase o día INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA. A Lingua Materna é aquela en que os nenos e as nenas aprenden a falar e a relacionarse co seu entorno máis próximo. A UNESCO quere impulsar o coñecemento das linguas maternas de menos falantes na escola, nos medios de comunicación, na internet...fóra dos ámbitos en que moitas delas quedan recluídas. O día Internacional da Lingua Materna estableceuse para sensibilizar acerca da importancia dos idiomas e da función vital que desempeñan no desevolvemento, ao garantir a diversidade e o diálogo intercultural, así como o fortalecimento da cooperación e a consecución da educación de calidade para todos, a construción de sociedades do coñecemento integradoras e a preservación do patrimonio cultural.

POEMAS DE AMOR

Carmen e Nerea acompañadas de David e Alice recitan poemas de amor. Poemas que son acrósticos de la palabra amor. Estos poemas escritos polo alumnado son composicións poéticas nas que as letras iniciais, lidas e sentido vertical, forman a palabra AMOR.



CONTOS DE AMOR

Aitana e Nerea contan aos máis pequeniños dous bonitos contos de amor: CROCODILO NAMORADO  e UNHA CASA A MEDIDA de Daniela Kulot, editados por Kalandraka que lles achegan aos nenos e ás nenas conceptos como o amor, a familia, a tolerancia e o respecto.
Crocodilo namorado está protagonizado por Crocodilo e Xirafa, dous personaxes que se namoran e forman unha parella peculiar. A diferencia de altura é grande pero para o amor non hai barreiras que se resistan.
Unha casa a medida é un bonito conto onde para os mesmos protagonistas, Crocodilo e Xirafa, a estatura non é un problema insalvable. Esta peculiar parella de namorados ao plantexarse a convivencia terán que aguzar o enxeño para lograr que o fogar resulte cómodo para os dous.







LIBROS PARA NAMORAR

O 14 de febreiro é unha data para celebrar o noso amor polos libros e ler e descubrir historias de amor, amor de todo tipo e en todo tipo de textos, contos, poesía, teatro...ademais dos libriños de poemas escritos polo alumnado. Por este motivo temos unha exposición de libros de amor, seleccionados de entre os moitos títulos que hai nos andeis da nosa biblioteca. Estos títulos son recomendacións que chegan ao corazón para ler sós ou en compañía.  


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O día internacional da Muller e da nena na ciencia celébrase o 11 de febreiro, foi proclamado en 2015 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas coa finalidade de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e das nenas. Por iso esta semana queremos dedicar o libro da nosa biblioteca: MULLERES DE CIENCIA, ás nenas que queren ser inventoras, inxeñeiras e científicas e ás grandes mulleres que xa foron protagonistas a través da historia, para amosar tanto ás nenas como aos nenos que hai grandes mulleres que deixaron a súa pegada e cambiaron a forma en que vemos o mundo desde a física, o espazo ou o fondo do océano.

MULLERES DE CIENCIA, de Rachel Ignotofsky, é un álbum ilustrado de mulleres pioneiras na ciencia. Este libro presenta cincuenta mulleres que destacan en campos como a ciencia, a tecnoloxía, a inxeñería e as matemáticas, tanto na antigüidade como nos nosos tempos. Mulleres tan coñecidas como Marie Curie ou menos coñecidas como Katherine Johnson, matemática afroamericana que calculou a traxectoria da misión do Apolo XI á lúa.En "Mulleres de ciencia" encontramos os logros das mulleres intrépidas que prepararon o camiño para a próxima xeración de mulleres inxeñeiras, biológas, matemáticas, médicas, astronautas, físicas...

ABECEDARIO DA PAZ


POLO DÍA DA PAZ, DENUNCIAMOS

POEMAS DA PAZ




NELSON MANDELA

DÍA DA PAZ

O día da PAZ celébrase o 30 de xaneiro para recordar a norte do pacifista indio MAHAMA GANDHI que loitou polos dereitos do seu pobo para conquistar un mundo no que sexa posible a liberdade, a xustiza social, os dereitos humanos e a paz.
Coas nosas actividades, poesía e música, queremos transmitir mensaxes de paz, de non violencia e sementar ideas de diálogo, de solidariedade, de igualdade e de paz.

CANTANDO POLA PAZ: "CHEA DE VIDA"

ILUMINEMOS O MUNDO CO DIÁLOGO A TOLERANCIA E A PAZ

O mural realizado por todo o centro ten como lema: ILUMINEMOS O MUNDO CO DIÁLOGO A TOLERANCIA E A PAZ. Cada neno e cada nena do centro tenta iluminar o ceo con unha estrela, una estrela con unha mensaxe de paz, de amor, de solidariedade, de tolerancia...coa intención de procurar una educación inspirada no diálogo a tolerancia a non violencia e a paz, que permita ao noso alumnado adquirir coñecemntos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como persoas críticas e comprometidas cos seus dereitos e os de outras persoas.



LIBROS DE PAZ

Entre as actividades que realizamos para celebrar o día da paz está unha exposición de libros tanto para o alumnado como para o profesorado que nos axudan a recordar a necesidade da educación para a tolerancia a solidariedade, o respecto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz



CONTACONTOS

Hoxe na biblioteca tivemos a Sara e Álex contando e cantando contos aos nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria. Contos de autor, contos tradicionais ou pequenos contos rimados. Élmer, Cándido, Frederik e outras personaxes que dun ou doutro xeito séntense diferentes aos demais guiaron a sesión de contacontos. O alumnado disfrutou escoitando e cantando.