Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

DÍA DAS ESCRITORAS EN BIBLIOPONTE 23/24

 

O alumnado de 3B quixemos rendir unha homenaxe a mulleres escritoras.

Para elo visitamos a Biblioteca e alí fixemos unha escolma de autoras galegas actuais. Destacamos a Yolanda Castaño e a Paula Carballeira polos premios recibidos este ano.

Na aula preparamos a lectura individual dos libros escollidos para mais tarde compartila co resto do alumnado.

Tamén buscamos imaxes das escritoras para poñerlles cara e saber un pouquiño da súa biografía. Situamos no mapa de Galicia os lugares onde naceron e os anos de nacemento. Como este curso comezamos a traballar en matemáticas as unidades de millar, estas datas serviron como punto de partida para elaborar e resolver problemas.

Como vedes, unha actividade que deu moito de si e que disfrutamos moito como vedes neste video.




SAMAÍN: CONCURSO DE RELATOS ARREPIANTES!!!

 Achégase o SAMAÍN!!!

Como sempre tedes na biblioteca unha ampla selección de lecturas e contos para desfrutar desta época tan máxica.


Este ano, desde a biblioteca, queremos animarvos a ler, a debuxar, a escribir, a imaxinar ,...por iso vos pedimos que participedes no concurso de RELATOS ARREPIANTES  que presentamos para SAMAÍN.


Esparamos os vosos relatos!

BENVIDOS AO CURSO 23/24

Ola rapazada! 

Camo cada ano comezanos a poñernos en marcha en BIBLIOPONTE. Nestes días estamos moi atarefadas preparando o horario da biblioteca para que todas as aulas podades desfrutar dun tempo na biblioteca.
 Tamén estamos acabando de revisar o contido das mochilas viaxeiras, que en breve comezarán a viaxar pola vosas casas levando maravillosas historias en galego, castelán e inglés. 
 A mediados de outubro comezará. tamén, o Club de Lectura, no que poderá participar o alumnado de 5º e 6º. A primeira lectura será unha novela gráfica "WOLFRAM" de Alberto Varela Ferreiro, que nos transportará a 1939, recén rematada a Guerra Civil en España e a piques de arrancar un novo conflicto en Europa. Estamos seguras de que será unha lectura moi enriquecedora. 

 Ben, dámosvos a benvida a todas e recordámosvos que o lema das Bibliotecas Escolares este curso é: UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS
Esperámosvos na biblioteca!