Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

ÁRBORES AMIGAS DA AUGA

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Con motivo da celebración o 21 de marzo do día da árbore e o 22 de marzo do día da auga e co obxectivo  de sensibilizar ao alumnado  da importacia e coidado do noso patrimonio natural, realizamos conxuntamente, no noso horto, a plantación dunha árbore autóctona, para coidar e observar o seu crecimento ao longo do ano, salientando nos traballos realizados nos diferentes ciclos de Infantil e Primaria  que o noso planeta Terra non sería posible sen a presenza das árbores  e da auga, indispensable para o funcionamento do ecosistema terrestre.



AS ÁRBORES E A AUGA


EL PRÍNCIPE CENICIENTO

"El príncipe ceniciento" escrito por Babette Colle e publicado pola editorial Destino, foi o conto que escollimos, con motivo do día da muller para traballar a coeducación a partir do cambio de rol dos personaxes dos contos tradicionais. O seu argumento xira en torno á inxusta presión e posterior recompensa, neste caso, protagonizada por un home







DÍA DA MULLER


O día 8 de marzo, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER para conmemorar a loita da muller pola súa participación en igualdade co home e polo seu desenvolvemento íntegro como persoa, na procura dun mundo no que cada muller e cada nena poidan tomar as súas propias decicións, tales como a participación na vida política, educarse, ter os seus propios ingresos e vivir en sociedades sen violencia nin discriminación