Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

GUÍA DE LECTURA. NADAL 2013

O DISFRAZ DO APALPADOR

Continuamos a engadir recursos para socializar ao noso ser máxico navideño, neste caso, un disfraz, do que os nenos e as nenas disfrutaron debuxando e pintando e agora caracterizándose.

O APALPADOR CONTA CONTOS NA BIBLIOTECA

Os tres porquiños, Don Melitón, A cabra e os sete cabritiños, A cincenta, O xastriño valente son algúns dos personaxes que se preparan para coñecer ao Aapalpador por este Nadal

O APALPADOR REPARTE AS GUÍAS DE LECTURA

O Apalpador, foi ás clases a repartir a guía de recomendacións lectoras para este Nadal, onde van suxestións de libros para ler nestas vacacións tanto para a educación Infantil, como para todos os ciclos de Primaria e tamén para adultos.

O APALPADOR NA BIBLIOTECA


O Apalpador ao chegar ao centro, o primeiro que fixo, foi ir á biblioteca para contar contos divertidos, que tiveron á audiencia infantil moi atenta e moi participativa.

VÍDEO: O APALPADOR EN KAMISHIBAI

Sandra Puebla González, autora das ilustracións, conta a historia do Apalpador a través do Kamishibai

CONTO DO APALPADOR EN KAMISHIBAI


Sandra Puebla González conta o conto do Apalpador a través do Kamishibai. Ela fixo as ilustracións, o texto é o resultado dun traballo de investigación sobre a figura do Apalpador.

O APALPADOR CHEGA Á BIBLIOTECA

O Apalpador chega unha vez máis á nosa biblioteca, cheo de contos, historias e cantigas. Consideramos importante recuperar as nosas tradicións galegas e transmitirllas ao noso alumnado. O Apalpador ou Pandigueiro (pola zona de Ourense) é un xigante que vive nas altas montañas, facendo carbón todo o ano para escorrentar o frío do inverno. No seu tempo libre fai xoguetes artesanais con madeira, pedra, cartón...respectuosos co medio ambiente. Na noite do Nadal baixaba das montañas e apalpaba as barriguiñas dos nenos e das nenas. Se estaban ben cheas dicía: "Así, así esteas todo o ano" e deixáballes unha presa de castañas. Para tranquilizar aos nenos e nenas, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais e nais cantábanlles:

Mañá é día de cachela
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa ben relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

ADEUS A NELSON MANDELA

Nelson Mandela (Madiba) loitou toda a súa vida contra as diferenzas de clases e de razas entre negros e brancos e contra as inxustizas, convertíndose nun símbolo da liberdade e a tolerancia.Foi presidente da República Sudafricana. Despois de pasar 27 anos no cárcere acusado de terrorismo e alta traición, por defender os dereitos da poboación negra durante o apartheid. Foi premio Nobel da Paz en 1993

PROGRAMA TVG: "MÁIS GALEGO"

O programa da TVG  "Máis galego" estivo no noso cole, os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria, disfrutaron coa realización de probas gastronómicas, deportivas e culturais en torno ao Nadal e á figura do Apalpador.

3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

O día 3 de decembro, celébrase o día internacional das persoas condiscapacidade, co obxectivo de fomentar a súa integración e promover a igualdade de oportunidades. O tema para 2013 é, "Romper as barreiras, abrir as portas: por unha sociedade inclusiva para tod@s