Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

POESÍA DE ROSALÍA


DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

No día de ROSALÍA DE CASTRO a nosa biblioteca encheuse de música e poesía. Música de Amancio Prada musicando os poemas de Rosalía e poesía recitada polo noso alumnado. Rosalía na súa obra quere dignidade para o seu pobo, para a súa cultura, para a súa lingua.

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

O 21 de febreiro celébrase o día INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA. A Lingua Materna é aquela en que os nenos e as nenas aprenden a falar e a relacionarse co seu entorno máis próximo. A UNESCO quere impulsar o coñecemento das linguas maternas de menos falantes na escola, nos medios de comunicación, na internet...fóra dos ámbitos en que moitas delas quedan recluídas. O día Internacional da Lingua Materna estableceuse para sensibilizar acerca da importancia dos idiomas e da función vital que desempeñan no desevolvemento, ao garantir a diversidade e o diálogo intercultural, así como o fortalecimento da cooperación e a consecución da educación de calidade para todos, a construción de sociedades do coñecemento integradoras e a preservación do patrimonio cultural.

POEMAS DE AMOR

Carmen e Nerea acompañadas de David e Alice recitan poemas de amor. Poemas que son acrósticos de la palabra amor. Estos poemas escritos polo alumnado son composicións poéticas nas que as letras iniciais, lidas e sentido vertical, forman a palabra AMOR.



CONTOS DE AMOR

Aitana e Nerea contan aos máis pequeniños dous bonitos contos de amor: CROCODILO NAMORADO  e UNHA CASA A MEDIDA de Daniela Kulot, editados por Kalandraka que lles achegan aos nenos e ás nenas conceptos como o amor, a familia, a tolerancia e o respecto.
Crocodilo namorado está protagonizado por Crocodilo e Xirafa, dous personaxes que se namoran e forman unha parella peculiar. A diferencia de altura é grande pero para o amor non hai barreiras que se resistan.
Unha casa a medida é un bonito conto onde para os mesmos protagonistas, Crocodilo e Xirafa, a estatura non é un problema insalvable. Esta peculiar parella de namorados ao plantexarse a convivencia terán que aguzar o enxeño para lograr que o fogar resulte cómodo para os dous.







LIBROS PARA NAMORAR

O 14 de febreiro é unha data para celebrar o noso amor polos libros e ler e descubrir historias de amor, amor de todo tipo e en todo tipo de textos, contos, poesía, teatro...ademais dos libriños de poemas escritos polo alumnado. Por este motivo temos unha exposición de libros de amor, seleccionados de entre os moitos títulos que hai nos andeis da nosa biblioteca. Estos títulos son recomendacións que chegan ao corazón para ler sós ou en compañía.  


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O día internacional da Muller e da nena na ciencia celébrase o 11 de febreiro, foi proclamado en 2015 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas coa finalidade de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e das nenas. Por iso esta semana queremos dedicar o libro da nosa biblioteca: MULLERES DE CIENCIA, ás nenas que queren ser inventoras, inxeñeiras e científicas e ás grandes mulleres que xa foron protagonistas a través da historia, para amosar tanto ás nenas como aos nenos que hai grandes mulleres que deixaron a súa pegada e cambiaron a forma en que vemos o mundo desde a física, o espazo ou o fondo do océano.

MULLERES DE CIENCIA, de Rachel Ignotofsky, é un álbum ilustrado de mulleres pioneiras na ciencia. Este libro presenta cincuenta mulleres que destacan en campos como a ciencia, a tecnoloxía, a inxeñería e as matemáticas, tanto na antigüidade como nos nosos tempos. Mulleres tan coñecidas como Marie Curie ou menos coñecidas como Katherine Johnson, matemática afroamericana que calculou a traxectoria da misión do Apolo XI á lúa.En "Mulleres de ciencia" encontramos os logros das mulleres intrépidas que prepararon o camiño para a próxima xeración de mulleres inxeñeiras, biológas, matemáticas, médicas, astronautas, físicas...

ABECEDARIO DA PAZ


POLO DÍA DA PAZ, DENUNCIAMOS

POEMAS DA PAZ




NELSON MANDELA

DÍA DA PAZ

O día da PAZ celébrase o 30 de xaneiro para recordar a norte do pacifista indio MAHAMA GANDHI que loitou polos dereitos do seu pobo para conquistar un mundo no que sexa posible a liberdade, a xustiza social, os dereitos humanos e a paz.
Coas nosas actividades, poesía e música, queremos transmitir mensaxes de paz, de non violencia e sementar ideas de diálogo, de solidariedade, de igualdade e de paz.