Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

GUÍA DE LECTURA. NADAL 2013

O DISFRAZ DO APALPADOR

Continuamos a engadir recursos para socializar ao noso ser máxico navideño, neste caso, un disfraz, do que os nenos e as nenas disfrutaron debuxando e pintando e agora caracterizándose.

O APALPADOR CONTA CONTOS NA BIBLIOTECA

Os tres porquiños, Don Melitón, A cabra e os sete cabritiños, A cincenta, O xastriño valente son algúns dos personaxes que se preparan para coñecer ao Aapalpador por este Nadal

O APALPADOR REPARTE AS GUÍAS DE LECTURA

O Apalpador, foi ás clases a repartir a guía de recomendacións lectoras para este Nadal, onde van suxestións de libros para ler nestas vacacións tanto para a educación Infantil, como para todos os ciclos de Primaria e tamén para adultos.

O APALPADOR NA BIBLIOTECA


O Apalpador ao chegar ao centro, o primeiro que fixo, foi ir á biblioteca para contar contos divertidos, que tiveron á audiencia infantil moi atenta e moi participativa.

VÍDEO: O APALPADOR EN KAMISHIBAI

Sandra Puebla González, autora das ilustracións, conta a historia do Apalpador a través do Kamishibai

CONTO DO APALPADOR EN KAMISHIBAI


Sandra Puebla González conta o conto do Apalpador a través do Kamishibai. Ela fixo as ilustracións, o texto é o resultado dun traballo de investigación sobre a figura do Apalpador.

O APALPADOR CHEGA Á BIBLIOTECA

O Apalpador chega unha vez máis á nosa biblioteca, cheo de contos, historias e cantigas. Consideramos importante recuperar as nosas tradicións galegas e transmitirllas ao noso alumnado. O Apalpador ou Pandigueiro (pola zona de Ourense) é un xigante que vive nas altas montañas, facendo carbón todo o ano para escorrentar o frío do inverno. No seu tempo libre fai xoguetes artesanais con madeira, pedra, cartón...respectuosos co medio ambiente. Na noite do Nadal baixaba das montañas e apalpaba as barriguiñas dos nenos e das nenas. Se estaban ben cheas dicía: "Así, así esteas todo o ano" e deixáballes unha presa de castañas. Para tranquilizar aos nenos e nenas, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais e nais cantábanlles:

Mañá é día de cachela
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa ben relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

ADEUS A NELSON MANDELA

Nelson Mandela (Madiba) loitou toda a súa vida contra as diferenzas de clases e de razas entre negros e brancos e contra as inxustizas, convertíndose nun símbolo da liberdade e a tolerancia.Foi presidente da República Sudafricana. Despois de pasar 27 anos no cárcere acusado de terrorismo e alta traición, por defender os dereitos da poboación negra durante o apartheid. Foi premio Nobel da Paz en 1993

PROGRAMA TVG: "MÁIS GALEGO"

O programa da TVG  "Máis galego" estivo no noso cole, os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria, disfrutaron coa realización de probas gastronómicas, deportivas e culturais en torno ao Nadal e á figura do Apalpador.

3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

O día 3 de decembro, celébrase o día internacional das persoas condiscapacidade, co obxectivo de fomentar a súa integración e promover a igualdade de oportunidades. O tema para 2013 é, "Romper as barreiras, abrir as portas: por unha sociedade inclusiva para tod@s

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIOAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro, é a data elexida polas Nacións Unidas, para commemorar o día internacional conta a violencia de xénero. Ten como finalidade, sensibilizar á sociedade da gravedade desta problemática.

 
ARTURO E CLEMENTINA é o conto de Adela Turín, con ilustracións de Nella Bosnia, editado en galego por Kalandraka, que escollemos, para reflexionar sobre a igualdade, pois denuncia a discriminación e combate estereotipos sexistas.

DÍA INTERNACIONAL DO NENO E DA NENA

Hoxe, 20 de novembo, é o día Internacional do neno e da nena, para celebralo, na nosa biblioteca fixemos unha exposición de libros que tratan sobre os dereitos da infancia e lemos, na hora do recreo, ó libro "Á la sombra de los anacardos" da editorial OQO. Mediante as coloristas ilustracións de Simona Mulazzani, o autor, Antón Fortes, preséntanos a vida dunha nena guineana entre o traballo, a escola e o hospital. Pero hai un refuxio para os xogos, os segredos e a esperanza... Á sombra dos anacardos medra a vida. O autor invítanos a colaborar para mellorar as condicións da poboación infantil desfavorecida e como mensaxe, a  importancia da solidariedade.

O SAMAÍN

Cabazas, morcegos, bruxas, pantasmas e moitos libros, libros de medo, de terror...ambientaron a nosa Biblioteca para celebrar o Samaín. Uxía, Sabela e Sara  de 4º contaron o conto de "A BRUXA REGAÑADENTES". Alba, Sara, Raquel e Andrea de 6º contaron o conto de "O PAPÓN". Todos tanto os pequenos como os maiores disfrutaron a rabiar destes contos terroríficos.

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O día 24 de outubro, celebramos o día das Bibliotecas Escolares cunha xornada de portas abertas e unha exposición de libros de carácter científico ou relacionados coa ciencia, coa finalidade de facer visibles todas as posibilidades da biblioteca como motor de apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación de persoas lectoras. Este ano o cartel foi feito por Patricia Castelao e o lema "LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR", trata de sensibilizar  a toda a comunidade educativa sobre a importancia de ler textos de carácter científico, textos divulgativos ou textos literarios que traten temas relacionados coa ciencia. Todos teñen cabida na biblioteca escolar e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado.

LER PARA MEDRAR




Comenza a campaña para nenos e nenas de Educación Infantil "LER PARA MEDRAR", coas nosas bibliomaletas intentamos abrir unha fiestra ao mundo e compartir coa familia, todos os ingredientes necesarios para medrar dun xeito integral.

MALETAS VIAXEIRAS

Un ano máis, as mochilas viaxeiras comenzan a súa andadura, como unha invitación para disfrutar dos libros en compañía, compartindo  coa familia os sentimentos e as sensacións que producen as lecturas propostas, co fin de fomentar o hábito lector  no alumnado do centro



BENVID@S

O Bibliótico, cargado de libros, de ideas, de historias, de actividades e de moita, moita ilusión, danos a benvida ao curso 2013-2014.
E para comenzar este divertido vídeo titulado "Es un libro"

GUÍA DE LECTURA

Nesta guía  de lectura aparecen algúns libros interesantes para ler este verán.
Boas e lectoras vacacións!


BIBLIÓTICO REPARTE GUÍAS DE LECTURA E O XORNAL ESCOLAR

A mascota da nosa biblioteca "BIBLIÓTICO" reparte a toda a comunidade educativa  a guía de recomendacións de lectura para o verán e o noso xornal escolar "A Ponte vella". Esperamos que sirva para pasar unhas divertidas vacacións lendo e aprendendo.

"O ANANO SALTAREIRO" CONTADO NO KAMISHIBAI

AS TRES COMADRES

"O FRAUTISTA DE HAMELÍN" CONTADO NO KAMISHIBAI



"OS MÚSICOS DE BREMEN" CONTADO NO kAMISHIBAI

MAURICE SENDAK

Maurice Sendak, autor e ilsutrador de literatura infantil naceu en Brooklin o 10 de xuño de 1928, cumpriría hoxe 85 anos. Morreu o 8 de maio de 1912.
O libro "ONDE VIVEN OS MONSTROS" é a súa obra máis coñecida. Trata dos medos e desexos da infancia desde un punto de vista novo hasta ise momento para a literatura infantil. Conta a historia dun neno chamado Max que se embarca nun paseo pola súa propia imaxinación.

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL NAS LETRAS GALEGAS




ROBERTO VIDAL BOLAÑO


A Real Academia Galega, acordou dedicar o día das Letras Galegas 2013 a Roberto Vidal Bolaño, autor, director, actor e escenógrafo. Home de referencia para o teatro, o audiovisual e a cultura galega en xeral.



AS CARAS DE ROSALÍA

"As caras de Rosalía" é unha pequena homenaxe do CEIP "Rosalía de Castro" de Xinzo de Limia, Ourense, á autora de "Cantares Galegos", nos 150 anos da súa publicación e primeira muller á que se lle dedicaron as Letras Galegas no 1963

RECITANDO A ROSALÍA POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS


O alumnado de 2º curso de primaria  para celebrar o día das letras galegas, ademais de realizar actividades sobre Roberto Vidal Bolaño, recita un poema de  Rosalía de Castro: Adiós ríos, adiós fontes, da súa obra "Cantares Gallegos" da que fai 150 anos da súa publicación.

"O PRINCIÑO" NA BIBLIOTECA

 Con motivo da celebración dos 70 anos da publicación do "Principiño", temos nosa bilioteca unha exposición de exemplares da obra de Antoine de Saint-Exupéry en diferentes linguas: xaponés, italiano, grego, latín, croata, gaélico, inglés, francés, castelán, galego, hindú, alemán, portugués, finés, polaco, holandés e  afrikáans, para gusto e disfrute de toda a cominidade educativa. 






"O PRINCIPIÑO" XA TEN 70 ANOS

"O Principiño" a obra universal do escritor francés  Antoine de Saint-Exupéry , cumpliu o 6 de abril ,70 anos da súa primeira edición. A primeira edición apareceu o día 6 de abril de 1943 en Estados Unidos. Converteuse nun auténtico fenómeno editorial. Foi traducido a 80 idiomas. As ilustracións, son acuarelas feitas polo propio Saint Exupéry. Toda a obra é unha metáfora na que se tratan temas profundos como a sentido da vida a amizade ou o amor, encerra unha firme mensaxe humanista.
"Só co corazón se pode ver ben. O esencial é invisible para os ollos"


O NENO COME LIBROS


Esta é a historia de Henrique, un neno ao que lle encantan os libros, pero non como lle poden gustar a calquera neno. Un día mentres que nunha man tiña un chupa chups e na outra un libro, Henrique distraidamente probou o libro e notou que lle gustaba, e aínda que tiña as súas dúbidas, decidiu comer primeiro unha palabra, logo unha oración e máis tarde unha páxina...


EN ABRIL, LIBROS MIL

"En abril, libros mil" é o título do poema  que fixemos entre todos con motivo do día internacional do libro, 23 de abril de 2013, nas sesións de animación á lectura. Alba, Lorena, Pablo e Joel recitárono.


¿QUE LIBRO ESTÁS LENDO?

Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, realizamos, entre outras actividades, unha campaña entre toda a comunidade educativa para destacar a importancia da lectura. Había que contestar á pregunta ¿QUE LIBRO ESTÁS LENDO?

DÍA 23 DE ABRIL DE 2013

DÍA DO LIBRO


Paula  Carballeira (escritora e actriz) con motivo do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2013, agasalla a todas as bibliotecas escolares, cun texto, no que nos fai reflexionar sobre as potencialidades do libro para atraer e seducir ás lectoras e aos lectores

40 ANOS DA GRAMÁTICA DA FANTASÍA DE GIANNI RODARI



En 1980, morría en Roma, un dos autores de literatura infantil e xuvenil máis importantes do século XX: GIANNI RODARI. Este ano conmemórase o 40 aniversario da publicación do seu libro máis coñecido: A GRAMÁTICA DA FANTASÍA

JOSÉ LUIS SAMPEDRO



José Luis Sampedro finou o pasado domingo. Foi un escritor, economista e humanista que apostou por unha economía máis humana, máis solidaria, capaz de contribuír a desenvolver a dignidade dos pobos. Tivo unha sobresainte traxectoria literaria e un pensamento comprometido cos problemas do seu tempo. Foi premio Nacional das Letras Españolas. Unha figura querida e respectuosa, crítica e comprometida que deixa un importante legado.

40 ANOS DA MORTE DE PICASSO

O día 8 de abril, fai 40 anos que morreu PABLO RUIZ PICASSO, excepcional pintor e escultor,un dos mellores e máis importantes artistas do século XX, para recordalo, compartimos unha presentación onde aparecen fotografías dalgúns dos seus cadros que conteñen libros, realizada por Marga Camarero e Mª José Pousa da EEI Barrionovo- Pastoriza (Arteixo- A Coruña)

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés HANS CHRISTIAN ANDERSEN,celébrase o día internacional do libro infantil e xuvenil co fin de promocionar os bos libros e a lectura entre os máis novos. A nosa biblioteca organizou para este día unha exposición con libros do autor e a lectura continuada dunha das súas obras máis coñecidas: "O traxe novo do emperador".

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

A necesidade de preservar a riqueza natural do planeta, lévanos á respectar o noso hábitat máis próximo como base fundamental da conservación do medio ambiente para que sexa garantía de benestar e de calidade de vida. Nestes días elixidos en todo o mundo para celebrar o día da árbore, 21 de marzo e da auga, 22 de marzo, aproveitamos para traballar desde a escola a importancia que teñen nas nosas vidas as árbores e a auga e a concienciación para conservar a Natureza. A calidade ambiental do noso entorno e do planeta depende moito do uso que todos fagamos da auga e das árbores, de tratalas como o que son: fonte de vida.

DÍA DA MULLER

O día 8 de marzo, día INTERNACIONAL DA MULLER, é unha data clave para avanzar na educación para a igualdade. O alumnado do terceiro ciclo, realizou un traballo de investigación sobre "A muller a través da historia". Escolleron a vida e obra de tres importantes mulleres para presentar neste día: Marie Curie (científica) Clara Schuman (música) e Rosalía de Castro (escritora)

AIRIÑOS AIRIÑOS AIRES...

Recitando máis poemas de "Cantares Gallegos", obra de Rosalía de Castro, publicada en 1863 e que marcou o inicio do Rexurdimento literario galego

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

Na biblioteca celebramos o día de Rosalía de Castro e os 150 anos da publicación de "Cantares Gallegos", recitando poemas da súa obra

RECITANDO A ROSALÍA DE CASTRO

Día 24 de febreiro de 2013, ademais do día de Rosalía, celébrase o 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" Dedicamos toda a semana a coñecer a figura e a obra de Rosalía e por suposto a recitar a súa poesía.

LECTURAS PARA NAMORAR