Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

BO NADAL

Extracto da película de debuxos animados "The Snowman" baseada no conto de Raymond Briggs, onde se canta a canción "Walking in the air" e onde o neno e o boneco de neve voan pola cidade ao encontro de Papá Noel.
Felices Festas!

RECREANDO A FIGURA DO APALPADOR

O alumnado de 6º de primaria fixo  na biblioteca, unha recreación da figura do Apalpador para dala  a coñecer aos máis pequeniños e pequeniñas, lendo os traballos feitos por eles,  onde contan as súas orixes, a súa historia e cantando as cantigas propias de tan mítico personaxe 

O APALPADOR NA BIBLIOTECA

O Apalpador, personaxe mítico galego, orixinario das montañas do Courel e dos Ancares, visitou a nosa biblioteca, coa intención de divulgar a súa figura.




O Apalpador contou un conto axudado polo seu fillo e o seu boneco.


O APALPADOR NO COLEXIO


O venres, dia 20 de decembro de 2012, chegou o APALPADOR , dende as montañas do Courel e dos Ancares, ao noso colexio, coa intención de apalparlles as barrigas aos nenos e ás nenas e deixarlles unha boa presa de castañas.


 Os maiores cantáronlles as cantigas do Apalpador, que estaba moi ben acompañado polo seu fillo e o seu boneco.



CANTIGAS DO APALPADOR

  Vaite logo meu neniño
   marcha agora para a camiña
   que vai vir o apalpador
   a palparche a barriguiña



O APALPADOR


O Apalpador é un vello xigante carboeiro que vive nas altas montañas do Courel e dos Ancares na provincia de Lugo e que cada noite de Nadal baixa ás aldeas para apalparlles as barrigas aos nenos e ás nenas, para ver se están ben alimentados e deixarlles unha boa presa de castañas.







GUÍA DE LECTURA NADAL 2012

BIBLIÓTICO ENTREGA GUÍAS DE LECTURA PARA O NADAL

Bibliótico, a mascota da nosa biblioteca, entregou ao alumando do centro a guía de recomendacións de lectura para este Nadal. Visitou todas as aulas e fixo entrega a cada neno e cada nena da súa guía, explicándolles o seu contido e falándolles sobre o motivo que ilustra a portada "O APALPADOR" que vai facer unha visita ao centro o día 21 de decembro.

BICHOS


 Un ano máis, xunto a  outros vinte centros educativos, participamos na elaboración do calendario do "Colectivo Estiño". Os" BICHOS "do noso entorno  é o tema sobre o que traballamos e investigamos desde a nosa biblioteca:  a vacaloura, o saltón, o grilo, a xoaniña, o  piollo e a pulga, o caracol, a avelaíña, a barbantesa, a avéspora, o escaravello, o mosquito e a mosca, a miñoca, o zapateiro, o insecto pao, as bolboretas, o cabaliño do demo, a formiga, o bicho bola, o vagalume, a abella, a araña...este é o resultado.




recitandoacelsoemilio 12-12-2012 ás 12

http://www.youtube.com/watch?v=vcLYLwwybdA


Se picamos neste enlace, poderemos ver o vídeo do recitado do poema de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ao mar".


12-12-2012 ás 12 horas RECITANDO A CELSO EMILIO



Hoxe día 12 do 12 do 2012 ás 12 horas  os alumnos e alumnas de 5º de primaria recitaron, ante a comunidade educativa, unha escolma de poemas de Celso Emilio Ferreiro e o alumnado de 6º de primaria  o poema "DEITADO FRENTE AO MAR"do seu libro "Longa noite de pedra",  ao mesmo tempo que todos os centros docentes de Galiza, como acto colectivo, con motivo do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro e por iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL)

"DEITADO FRENTE AO MAR" A RITMO DE RAP


O poema de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ao mar" a ritmo de Rap, nun Audiovisual feito por alumnado e  profesorado do IES "As Barxas" (Moaña)

10 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

O SEGREDO DA PAZ ESTÁ NO RESPETO DOS DEREITOS HUMANOS

MÚSICA E POESÍA DE CELSO EMILIO FERREIRO

Moitos dos nosos artístas puxeron música aos poemas de Celso Emilio Ferreiro: Amancio Prada, Ana Belén, Suso Baamonde, Fuxan os Ventos, Luis Emilio Batallán, Etc.
Aquí tedes unha mostra

RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO

Ao cumplirse o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da 2ª mitade do seculo XX, dende a Coordenadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL), propoñen rendirlle unha homenaxe pública, cun acto colectivo para todos os centros educativos de Galicia, que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, simbolo permanente de valores, de solidariedade e xustiza iniversais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e coa lingua de Galicia, recitando públicamente o poema titulado "DEITADO FRONTE AO MAR" da súa obra "Longa noite de pedra" (1962).
O obxectivo central é manter viva a memoria dun dos grandes poetas do
século XX.
O noso centro, desde a nosa biblioteca e en colaboración co ENDL, está preparando os actos para ese día. Ademáis de ter elaborada unha guía coa vida e obra do autor, repartida a toda a comunidade educativa xa o curso pasado, traballouse sobre ela nas sesións de animación á lectura e tamén se elaborou unha escolma cos seus poemas para aprender e recitar.



DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 DE NOVEMBRO
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Aprobado pola Asamblea Xeral das Nazóns Unidas en decembro de 1999. Celébrase anualmente cada 25 de novembro, en memoria das irmáns Mirabel (asasinadas na República Dominicana por orde do dictador Rafael Leónidas Trujillo). A proposta realizouna a República Dominicana co apoio de 60 países.

Nas sesións de animación á lectura da nosa biblioteca, FOMENTAMOS A COEDUCACIÓN e lemos e contamos contos.
Para o alumnado de Educación Intantil
ROSA CARAMELO.  Adele Turín. Editorial Kalandraka

Para o alumnado do Primeiro Ciclo de Primaria
O PAÍS DOS MANDÓNS. Paloma Rodríguez. Editorial Embora



Para o alumnado do Segundo Ciclo de Primaria
O LIBRO DOS PORCOS. Anthony Browne. Editorial kalandraka. 
Esta presentación está elaborada pola Biblioteca do Ceip "Mestres Goldar"

Para o alumnado do Terceiro Ciclo de Primaria
XELA VOLVEUSE VAMPIRA. Fina Casalderrey. Editorial Baía



Tamén visionamos ovideo educativo, realizado polo alumnado de 4º do CEIP San Rafael de Cádiz






DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DO NENO E DA NENA


O 20 de novembro é o día que a Asamblea Xeral das Nazóns Unidas, recomendou  para que se instituira en todos os paises o día Universal do Neno e da Nena en conmemoración da aprobación dos dereitos do neno e da nena, pola mencionada Asamblea en 1959.  Para celebralo a nosa biblioteca organizou xogos cooperativos para todas as idades.

HABÍA UNHA VEZ UN CIRCO



Hoxe sentímonos tristes. Hoxe fáltanos Miliki (Emilio Aragón) pero quedan as súas cancións... que permanecerán no noso recordo.

CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN

A nosa biblioteca encheuse de contos, moitos contos, de medo, de bruxas de fantasmas... O ambiente era terrorífico! Os contacontos
disfrutaron metendo medo aos máis pequeniños.

SAMAÍN

Chega o outono, tempo de castañas, noces ,vento, frío, follas secas, setas...É o tempo de coller cabazas e tamén tempo de facer caveiras coa cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos celtas.

Os nosos alumnos e alumnas  puxéronse mans á obra.






O SAMAÍN

Comenzamos cun vídeo elaborado polo equipo de biblioteca do colexio "Mestres Goldar", coa canción  "O Samaín do grupo "Mamá cabra".


24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A nosa mascota "Bibliótico", repartiu puntos de lectura para todo o alumnado, despois da sesión de Kamishibai



DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O día 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas escolares. Para celebralo organizamos unha semana de contacontos  coa técnica do Kamishibai (teatrillo xaponés). O alumnado do terceiro ciclo será o encargado de levar a cabo esta actividade  que se celebrará na biblioteca,  todos os recreos e para o resto do alumnado.


Tamén se fará lectura do fermoso texto que escribiu Agustín Fernández Paz sobre as Bibliotecas escolares
"...Onde hai unha biblioteca hai unha luz que traspasa todos os muros, unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incoroporan ás súas vidas..."
Co texto completo elaboramos unha guía para repartir á comunidade educativa.

BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADOR DE INNOVACIÓN

Co lema "BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADOR DE INNOVACIÓN"  e ilustrado por Andrés Meixide, preséntase o cartel que para este curso 2012-2013, edita a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do día das bibliotecas escolares, o 24 de 0utubro.






LER PARA MEDRAR


Un ano máis as BIBLIOMALETAS inician a súa traxectoria por todas as familias dos nosos alumnos e alumnas de Educación Infantil. Son unha inviataciòn para disfrutar dos libros en compañía da familia,  compartindo os sentimentos e as emocións que producen as distintas lecturas nos diversos soportes que propoñemos.




MOCHILAS VIAXEIRAS

Co alumnado de primaria empezan a funcionar tamén as Mochilas Viaxeiras ,  para disfrutar, ao igual que as Bibliomaletas, dos libros en compañía da familia . É intención destas actividades conseguir os obxectivos de: 

Concienciar ás familias do importante papel que desempeñan no fomento da lectura.
Coñecer e disfrutar dos diferentes tipos de lecturas.
Descubrir "outros xeitos de ler" na linguaxe da música e dos audiovisuais.
Fomentar o hábito lector no alumnado do centro.







DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O CEIP "Barrié de la Mazá-Santa Comba" fixo outro vídeo para o alumnado de Primaria sobre a figura homenaxeada este ano, por o día das letras galegas: Valentín Paz Andrade.

VALENTÍN PAZ ANDRADE

O CEIP "Barrié de la Maza", fixo este vídeo, para acercar ao alumnado de Educación Infantil á  vida e obra de Valentín Paz Andrade.

ONDE VIVEN OS MONSTROS

"Onde viven os monstros" conta a historia dun neno que disfrazado de lobo, é enviado ao seo cuarto pola súa nai, pero vaise a unha terra misteriosa onde domestica a enormes monstros.


IN MEMORIAM MAURICE SENDAK






O 8 de maio en Connecticut, morreu Maurice Sendak, autor e ilustrador da famosa obra de literatura infantil "ONDE VIVEN OS MONSTROS". Unha historia poética e sinxela, contada con humor en unha perfecta conxunción entre texto e ilustración. As súas expresivas imaxes, recordan o mundo dos soños e os pesadelos infantis. Este interesante libro está na nosa biblioteca e viaxou nas maletas viaxeiras polas casas de todos os nosos escolares. Millóns de nenos e nenas seguirán alimentando no futuro a súa imaxinación con este libro, legado inmortal dun creador que xa forma parte da historia da Literatura Infantil e Xuvenil de todos os tempos. 




DÍA DA NAI

23 DE ABRIL DE 2012

         Un pouco de humor para celebrar o día do libro

DÍA DO LIBRO

PAZ ANDRADE

O PEIXE QUE SORRÍA

Curta baseada no conto do escritor e ilustrador taiwanés, JIMMY LIAO (A fish with a smile.) É a historia dun home que cada día pasaba por diante dunha tenda de mascotas na que había un acuario cheo de peixes para a venda, entre todos os peixes había un que sorría. Un día decide compralo e levalo á súa casa como mascota...

Esta curta gañou na 56 edición do festival de Berlín.


AMOR AOS LIBROS

ANDERSEN

Para achegarnos á figura de Hans Christian Andersen, poderemos facer actividades interactivas en torno ao autor, elaboradas por Julia González do CEIP Mestre Goldar, se picamos no seguinte enlace:

http://engalego.es/panel/alm/chs/bibliocole/lim_andersen/lim_andersen.html

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

O día 2 de abril, celébrase o día INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL co fin de conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Cada ano é un país membro do IBBY o encargado de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas do mundo. Para este ano 2012, México distribue o cartel de Juan Gedovius. A mensaxe é de Francisco Hinojosa.




ROSALÍA DE CASTRO, 175 ANOS DO SEU NACEMENTO

O día 24 de febrero de 1837, nace Rosalía de Castro en Santiago de Compostela, fai agora 175 anos. Na nosa biblioteca celebramos esta efeméride, cunha serie de actos ao longo de toda a semana. Haberá lectura da súa vida e obra, audicións dos seus poemas musicados por distintos artistas, unha exposición dos seus libros e o reparto dunha guía, elaborada polo equipo de biblioteca onde se recollen os datos máis importantes da súa vida e obra.



AMANCIO PRADA,cun grupo de corda e percusión,canta e interpreta un dos poemas máis coñecidos de ROSALÍA DE CASTRO: "Adiós ríos, adiós fontes..."

DÍA DA LINGUA MATERNA

Con motivo da celebración, o día 21 de febrero, do día internacional da lingua materna, elaboramos unha guía informativa para toda a comunidade educativa, para destacar a importancia de defender e usar a nosa lingua e crear unha maior conciencia sobre a nosa tradición lingüística.

Lecturas para namorar

Aproveitando o día de San Valentín, día dos namorados e para incrementar as nosas capacidades lectoras a través da poesía, alumnos e alumnas do segundo e terceiro ciclo, len na biblioteca, unha selección de poemas de amor de autores galegos. Tamén elaboramos unha guía de libros que tratan sobre o amor.

Día da paz

“Non hai camiños para a paz, a paz é o camino” (Gandhi)

No día escolar pola paz e a non violencia aproveitamos para avanzar na educación en valores, visualizamos dous libros: “Wangari e as árbores da paz: unha historia verdadeira” de Jeannete Winte e “Me llamo paz” de Anna Obiols. Os nenos e nenas do terceiro ciclo len ante toda a comunidade educativa un manifesto pola paz e poemas escritos por eles mesmos.


Contacontos

O día 19 de xaneiro o alumnado do primeiro ciclo de pimaria, disfrutou dun marabilloso espectáculo de contos musicados a cargo de Patricia e Álex; asombrando aos pequenos e pequenas coa súa capacidade de narrar historias, acompañadas por instrumentos propios do noso folklore galego, co obxectivo de buscar, nos escolares, un acercamento aos libros e á música tradicional.

Contos do mundo

Campaña de sensibilización e educación cultural na que a dinamizadora, María José, filla de cooperantes, dá a coñecer ás nenas e nenos do noso colexio, a través de contos, a realidade de países que viven en condicións desfavorables, ao mesmo tempo que se fomenta o coñecemento doutras culturas, para erradicar futuros comportamentos racistas ou xenófobos.


Isaac Díaz Pardo

O día 5 de xaneiro de 2012, morre en Santiago de Compostela Isaac Díaz Pardo, intelectual galeguista, pintor, ceramista, diseñador, editor e empresario. Participou activamente na campaña a favor do Estatuto de autonomía. A súa educación estivo marcada polo contacto con Castelao, Cabanillas, Ramón e Antón Vilar Ponte e Vicente Risco entre outros intelectuais galegos. Viviu no exilio e á súa volta xunto con Luis Seoane fundou o laboratorio de formas de Sagadelos, unha das grandes empresas culturais da Galicia contemporánea. Deixanos un importante legado que tivo sempre como obxectivo a loita por Galicia e o recoñecemento da súa propia identidade cultural.

Calendario 2012

TRASNOS, é o título do calendario elaborado polo alumnado dos centros pertenecentes ao Colectivo Estiño do que forma parte o noso colexio. A mitoloxía galega é o tema escollido este ano, para traballar e investigar desde a escola, sobre esta temática da cultura galega, producto da oralidade e das lendas dos nosos devanceiros, co obxectivo de que os rapaces e as rapazas dos nosos centros aprendan e coñezan os distintos persoaxes imaxinarios que habitan nos castros, nos pazos, nas silveiras, nos ríos….creados para explicar o universo, a orixe do mundo os fenómenos naturais ou calquera outra cousa para a que non houbera explicación simple.

Así quedou o traballo conxunto.