Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

FILGUEIRA VALVERDE E OS NENOS E NENAS

Os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil aprenden, pintando un bonito maio, recolectando flores para decoralo e escoitando música galega, sobre o autor homenaxeado este ano polo día das letras galegas Xosé Fernando Filgueira Valverde. FILGUEIRA VALVERDE E OS NENOS on PhotoPeach

OBRADOIRO: EUROPA Á CARTA

Con este obradoiro, fíxose reflexionar aos nenos e nenas sobre a importancia da comida como aspecto identitario; trátase de que tomen consciencia da gastronomía propia  e que, ademais, enriquezan a súa visión co achegamento a outras culturas.  Coñeceron pratos típicos de diferentes países, por medio dunha viaxe virtual. Realizaron unha actividade plástica de composición artística, tomando como base as variedades gastronómicas  dos diferentes países


visitados.

OBRADOIRO: QONTARTE

Este obradoiro de arte para escolares está baseado no conto titulado "Se os gatos levasen botas gobernarían as ras", escrito por Raquel Saiz e ilustrado por Rashin Kheiriyeh. Os nenos e as nenas, tratarán de reproducir as técnicas de impreseión e estampación, ao igual que no libro para crear novos personaxes: bruxas, reis, gatos, ras, frautistas... Coa intención de estimular e desenvolver a expresión plástica e a creatividade , ademais de contribuir á formación dunha conciencia estética para achegar os escolares ao mundo da arte.




OBRADOIRO DE CONTOS: "COAS MANS NA MASA"

Existen moitos medios de achegarnos á cultura dun país, un deles é a través dos contos da tradición oral, a palabra en voz alta, outro é a través da gastronomía; este obradoiro serve para explorar cos nenos e nenas a relación entre literatura e gastronomía.
Baseandonos no conto "Maruxa" de Eva Mejuto e ilustracións de Mafalda Milhöes, os nenos e nenas realizaron as súas propostas plásticas a partir de masa de pan. Con fariña, auga e sal, experimentaron con formas, texturas, cores e moldearon a personaxes singualres do mundo dos contos.



MÁIS LETRAS GALEGAS

Polo día das letras galegas, o noso centro encheuse de actividades coa intención de potenciar o gusto pola cultura e a lingua galega:  Exposición de carteis que fan un percorrido polos momentos máis significativos da biografía do autor e as múltiples facetas que desenvolveu ao longo da súa vida, lectura de poemas, lectura da vida e obra de Xosé Fernando Filgueira Valverde, recitados de poemas de Rosalía de Castro e outros autores galegos, puzzle de Rosalía, tendal de autores galegos,  e para rematar entrega de premios do concurso de poesia e relato e música galega.