Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

RECOMENDACIÓNS DE LIBROS PARA LER NO NADAL

O APALPADOR VISITA A BIBLIOTECA




O venres, 19 de decembro, estivo na nosa biblioteca O APALPADOR,  vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas altas montañas. Traía un enorme saco cheo de castañas, xoguetes artesanais feitos á man con madeira, pedra, cartón..., pero tamén traía un conto, ese conto que ten na man e que lles contou aos nenos e nenas do colexio da Ponte.
Na noite de Nadal  entra nas casas dos nenos e das nenas para apalparlles a barriguiña. Se están cheas di:" asi, asi esteas todo o ano" e deixalles un xoguete feito á man; senón, cala e deixalles unha presa de castañas.
Despois do conto cantaron todos xuntos a canción do Apalpador de Paco Nogueiras:
"Xa me tarda o momento
de meterme na camiña,
e que veña o Apalpador
a apalparme a barriguiña"
Antes de despedirse, visitou todas as clases repartindo catañas e as guías do Nadal.



O APALPADOR EN KAMHISIBAI





Ata fai pouco os nosos avós e avoas aínda lembraban ao Apalpador, personaxe popular, mítico, orixinario das terras altas do Cebreiro e o Caurel  que era o equivalente ao Papá Noel que importamos das culturas nordicas. Mario e Sandra contan  aos máis pequeniños do cole, a súa historia a través do Kamishibai, con debuxos feitos por Sandra Puebla González e os textos son o resultado do traballo de investigación sobre esta figura, feito polo alumnado de 6º de Primaria.

O DISFRAZ DO APALPADOR



Para promocionar a cultura e as tradicións propias, dende a Biblioteca reivindicamos a figura do Apalpador, personaxe propio do Nadal galego, que xa anda polo centro cantando coplas e apalpando a barriga dos escolares para deixarlles castañas quentiñas.
"Vaite logo meu meniño
marcha agora para a camiña
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña"



O APALPADOR NA BIBLIOTECA

O Apalpador chegou
chegou pola mañanciña
está na biblioteca
cantando unhas copliñas

Á biblioteca da Ponte
chegou hoxe o Apalpador
trae regalos e contos
todos con moito amor

Trae tamén castañas quentes
para comer axiña
a todos os nenos e nenas
que teñan moita famiña

PLATERO Y YO

Con motivo da celebración do centenario da publicación de PLATERO Y YO, obra cumbre de Juan Ramón Jiménez (Premio Nobel de literatura en 1956), recordamos tan singular obra na que o poeta natural de Moguer, narrou a vida e morte do burro "Platero" trazando un delicado canto á amizade, á vida, ao amor á natureza e  aos animais, a denunza das inxustizas, sendo algunhas das mensaxes que transmite este fermoso libro. É unha das obras máis traducidas da Historia despois da Biblia e do Quixote.

AS ABELLAS

 Xa temos na nosa biblioteca o calendario de 2015 do Colectivo Estiño, no que participamos 15 centros  educativos, traballando co noso alumnado en torno ao proxecto das ABELLAS onde os nosos escolares investigaron e plasmaron en bonitos e alegres debuxos todo o relacionado coas abellas, o seu ciclo de vida, a súa organizaci'on, as castas, as funcións da raiña, a fecundación,  a súa anatomía, propiedades curativas dos seus productos, o apicultor, o enxame, a colmea, a abella na cultura popular, refraneiro, cantigueiro, adivñas e moitas cousas máis que deron lugar a un completo traballo colaborativo que aparece recollido na revista Miuzallas.

ISAAC NEWTON


MES DA CIENCIA: ISAAC NEWTON


HOMENAXE Á MULLER



Neste día 25 de novembro, día internacional conta a violencia de xénero, escollemos a canción "MATRIARCAS" de  Guadi Galego, incluido no seu próximo álbum "Lúas de outubro e agosto" como homenaxe a todas as mulleres, as mulleres reais, as que mostran a súa forza e coraxe na vida cotiá

CONTOS EN MOVIMENTO

CONTOS EN MOVEMENTO é unha proposta de traballo co obxectivo de animar a empregar  os medios audiovisuais nas aulas e realizar un achegamento a esta arte na súa máis ampla expresión. O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, participou nun obradoiro impartido por RAQUEL, da editorial OQO, para adquirir criterios e coñecementos  de identificación de planos, secuencias, estructura ou reparar no universo narrativo, plástico e sonoro do filme; base fundamental para poder traballar con este medio desde as aulas e aproveitar as súas características para espertar o gusto non só pola lectura, senón tamén pola arte, o desenvolvemento da capacidade crítica e de pensamento.

CIENCIA DIVERTIDA EN INTANTIL DE 4 ANOS






Un experimento moi sinxelo para observar, manipular e sacar conclusións. Os nosos pequenos científicos experimentaron e descubriron aspectos importantes sobre a flotabilidade en líquidos.  Nun recipiente con auga do grifo meteron un ovo e outros obxectos, noutro  recipiente con auga do grifo, pero  ao que se lle engadiu sal, tamén se meteron os mesmos obxectos. Que pasa no primeiro recipiente? Que pasa no segundo? Que sucede? Por que se producen diferencias?

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA




Hoxe, día 20, celebramos na biblioteca o día da infancia co libro editado por edicións  Xerais  titulado: "Os deretos da infancia"baseado na Declaración Universal dos dereitos do neno. Dez principios que perseguen garantirlles a todos os nenos e nenas os coidados, a protección e a educación necesarios. Entre outros, o dereito a ser iguais sen distinción de raza ou relixión, a recibir protección especial, a ter un nome e unha nacionalidade, a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas, a recibir educación ou a poder xogar. Neste libro, dez grandes autores de literatura infantil e xuvenil uniron o seu talento co do ilustrador Emilio Orberuaga e ofrécennos dez contos que recrean os principios recollidos nesa declaración, co obxectivo de lembrar a súa importancia e darllos a coñecer aos nenos e nenas de hoxe en día



LIBROS DE CIENCIA NA BIBLIOTECA


Con motivo da celebración do mes da Ciencia en galego en todas as bibliotecas escolares galegas, facemos unha exposición de librosde ciencia  e preparamos  unha viaxe  onde coñeceremos moitos dos descubrimentos científicos e tecnolóxicos que cambiaron o rumbo da historia e tamén acontecementos históricos que favoreceron esos descubrimentos.

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS






Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO do científico Ángel Carracedo, profesor de medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento.

 A continuación o MANIFESTO de Ángel Carracedo

Un grande empresario dicíame non hai moito tempo: “Aos científicos valorarannos aquí 
cando algún se faga moi rico cos seus achados”. 
A min non me parece que os galegos valoren pouco a ciencia e os seus científicos. Ao 
contrario, penso que estamos entre as profesións mellor consideradas. Temos a gran 
sorte de que a xente da nosa terra valora o traballo e a dedicación aos demais por riba 
de todo.
Tampouco creo que ningún científico teña entre os seus obxectivos facerse rico. O 
seu tesouro é o coñecemento e a súa ilusión buscar o porqué das cousas. A súa gran 
ledicia prodúcese cando fan un descubrimento que lles dá respostas ás preguntas que 
se fixeron e que ninguén fora quen de albiscar. 
Gustaríalles traballar na súa terra, pero para iso precisan medios para investigar e un 
salario que lles permita vivir. Non lles importa que non sexa moito o que gañen, pero si 
que o proxecto, o grupo onde traballan e o ambiente sexa estimulante. 
E temos que procurar entre todos que estas condicións se dean aquí. O noso número 
de investigadores é aínda moi baixo e as condicións nas que se desenvolve o seu 
traballo distan moito de ser comparables coas dos países máis desenvolvidos. 
E é preciso cambiar esta situación. A investigación é o motor do desenvolvemento e 
da riqueza dos pobos, e temos que procurar reter o noso talento e mesmo captar novo 
talento do exterior.
Tamén temos, os propios científicos, que integrarnos máis na sociedade, na nosa 
cultura, no noso sistema produtivo, e sobre todo contar o que estamos facendo.
Cos anos cada vez concédolle máis importancia a divulgar a ciencia. Facela é importante, 
pero tanto ou máis é contar que sabemos e tantos e tantos misterios e problemas que 
aínda non conseguimos chegar a entender. Saber isto é a única maneira de que a xente 
valore o que os científicos fan, pero sobre todo é a única maneira de comprender o 
mundo que nos rodea e poder xulgar criticamente o que nos din, o que é igual que ser 
máis libres.
E para chegar á xente da nosa terra hai que facelo no nosa lingua. “Sentímolo noso”, 
escribía unha mestra dun dos institutos (o meu favorito) onde cada vez que podo 
voulles contar o que facemos aos alumnos. Entusiasmo e proximidade son a clave 
da divulgación científica, e que te sintan como eles, do seu mundo, coa nosa fala, é a 
garantía para que a ciencia se aprecie aínda máis e moitos dos nosos rapaces queiran 
dedicarse a ela.
Texto do científico Ángel Carracedo con motivo da celebración do Mes da Ciencia



PREESCOLAR NA CASA, NA BIBLIOTECA

A


PREESCOLAR NA CASA estivo na nosa biblioteca. Un grupo de  de pais e nais cos seus fillos e fillas acompañados de Doris, profesora e  orientadora na función de reforzar a competencia educativa das familias, ao mesmo tempo que unha estupenda contacontos, estiveron na nosa biblioteca. Viñan a coñecer o espazo e  funcionamento  da biblioteca e  reflexionar sobre a importancia das primeiras aprendizaxes e as posibiblidades educativas dos libros e do espazo bibliotecario co fin de axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos e fillas. 

A BRUXA REGAÑADENTES


 A BRUXA REGAÑADENTES con texto de Tina Meroto a partir dun conto tradicional turco-ruso e ilustracións de A.C. Quarello, é o conto que Paula Vázquez Tella e Carla López Buide len na biblioteca ao alumnado do centro con motivo da celebración do Samaín

O SAMAÍN NA BIBLIOTECA

A nosa biblioteca encheuse de cabazas, personaxes terroríficos e contos, moitos contos, contos de medo, contos de monstros, contos de bruxas, contos de personaxes máxicos  e malvados que personifican para os nenos e as nenas os seus medos e para conseguir gañar confianza e superar os temores, nada mellor que escoitar e ler contos en que os protagonistas trunfen sobre os seres arrepiantes producto da imaxinación  

O PRACER DE ESCOITAR LER POLO SAMAÍN

Para celebrar o Samaín Paula Vázquez  Tella e Carla López Buide, alumnas de 6º, leron  na biblioteca e para o alumnado do centro, este bonito conto: "CORRE CORRE, CABACIÑA " con textos de  Eva Mejuto a partires dun conto popular portugués e ilustracións de André Letria

NO SAMAÍN

O Samaín xa está na nosa Biblioteca e para ir entrando en materia aquí vos deixamos este video titulado "NO SAMAÍN" que é unha das doce cancións incluídas no libro-CD-DVD "BRINCA VAI" composto e interpretado por Paco Nogueiras, ilustrado por David Pintor, vídeos de Sr Sagüilo e publicado por Kalandraka.


DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para celebrar o día das bibliotecas escolares fixemos unha exposición dunha das obras máis recoñecidas da literatura universal: "O PRINCIPIÑO"  de Antoine de Saint Exupèry que tamén foi a obra máis coñecida deste autor, traducida a máis de cento oitenta idiomas. Na nosa biblioteca incluímos exemplares escritos en difernetes idiomas desde galego, castelán, vasco e catalán, hasta tatín e grego pasando por gaélico, islandés, finés, holandés, árabe, hindú, xaponés, afrikaans, francés, inglés, italiano, croata e moitos máis. É un conto para todas as idades que aborda temas tan profundos como a vida, o amor, a morte, a amizade, as actitudes e as preocupacións da vida. Este entrañable personaxe é un neno que viaxa  de planeta en planeta facendo preguntas. Vive nun pequeno planeta que poderiamos identificar como a súa propia vida, así o resto dos planetas que visita son en realidade as vidas doutras persoas. O feito de que o seu planeta sexa tan pequeno ven dicirnos que ten moito que vivir e aprender. Na hora do recreo  alumnos e alumnas dos diferentes cursos leron fragmentos da obra no noso idioma e tamén nun idioma diferente, A continuación o visionado da película. Unha experiencia moi exitosa e reconfortante.

BIBLIOUTUBRO

 BIBLIOUTUBRO   
      David Otero
Velaí un bibliomés deste biblioano.
Velaí un tempo biblio para espazos cheos de libros (que é dicir tamén bibliotecas). Por iso nelas, nas bibliotecas, desde as lectoras e os lectores, conxúganse os espazos e os tempos no facer primoroso da lectura. Ler, polo tanto, dinamizarase en xerundio e así tamén nese modo e ser farase cos verbos amar, querer, pensar, vivir e tantos outros propios de ser quen somos en mundo noso de Lingua(s) e de Cultura(s).
Outubro celébrase, sinálase, como o mes da biblioteca e así en especial o día vinte e catro con maior acento, acerto e intensidade, sen que por iso facelo xa dea desculpa (licenza) a non facelo ata o día vinte e catro do ano que vén. Os días da biblioteca, xa que logo, serano todos os do ano enteiro en pleno amor libre á lectura e aos soportes (libros en especial) que a facilitan e a estimulan, mediando nese exercicio do pensamento tan propio, persoal, como auténtico, que nos define e determina como lectoras e como lectores.
Ler é un facer afirmativo de liberdade, porque apetece, porque nos engaiolaron na animación a facelo, porque temos argumentos e así nos peta e dá a gana.
Ler, libro, lectura, levan consigo esencialmente (do contraio é outra cousa) o desexo libre de facelo. Esa frescura onde gozar de literatura vivible, viva e activada, posta en Lingua e Cultura propia (galega pois)  e integrada coas outras moitas Linguas e Culturas dos demais Pobos nas que queiramos ler e disfrutar.
A lectura farase alí onde nos sintamos ben.
Buscaranse os soportes de ler alí onde nos sintamos ben.
Pois así tamén será na biblioteca onde nos sintamos ben. Probemos e comprobemos.

BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!!!


BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO!!! é o lema do cartel que publica para este curso escolar 2014-2015 a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras. A ilustración corresponde á interpretación que deste lema fixo David Pintor.

50 ANIVERSARIO DE MAFALDA


MAFALDA é o mítico personaxe dunha tira de prensa creada por QUINO (premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2014). Mafalda e os seus amigos e amigas representan as distintas formas de ver o mundo. As tiras son unha reflexión sobre temas tan diversos como a guerra, o capitalismo, o feminismo, a represión, a dictadura, a relixión...Foi traducida a máis de trinta idiomas. As súas inquedanzas  son de indole universal e a pesares dos anos siguen estando de plena actualidade.

NOVO CURSO. NOVAS LECTURAS. NOVOS PROXECTOS

Iniciamos un novo curso con moita enerxía e moitas ansias de iniciar novas lecturas, novos proxectos, co fin de  contaxiar o gusto pola lectura a toda a comunidade educativa, de mellorar as competencias do noso alumnado, de compartir experiencias lectoras, de disfrutar lendo, de vivir aventuras e descubrir sorpresas, misterios....que nos esperan escondidos entre as páxinas dos libros e demais documentos da nosa biblioteca. As portas están abertas, comenza a aventura.
 BENVIDOS E BENVIDAS Á BIBLIOTECA!!!

OS DOUS POEMARIOS DE NURIA DEVESA NÚÑEZ

Nuria Devesa Núñez ten publicados dous libros de poemas. O primeiro titulado "LA VIDA", recolle poemas e debuxos da súa etapa de Infantil, cheos de frescura, espontáneidade e imaxinación. O segundo titúlase: "YO QUIERO TENER UN LIBRO ASÍ"  recolle poemas  e debuxos desta etapa actual en que Nuria ten nove anos, onde se observa certa evolución na linguaxe e na temática, estando cheos de fantasía, sinxeleza e musicalidade. Esperamos que a lectura destes dous libros de poemas, aproveitando o tempo de vacacións, sexa do voso agrado.













GUÍA DE LECTURAS VERÁN 2014

Coa chegada das vacacións de verán, poñemos á vosa disposición unha guía de recomendacións lectoras para todas as idades, co obxectivo de fomentar a lectura entre o noso alumnado, así como entre toda a comunidade educativa. O verán é tempo de lecer e sen dúbida tempo de lecturas. Disfrutade!




"A GRANXA CARAMELO" CONTO ESCRITO POLO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DE CINCO ANOS

"A granxa Caramelo" é un bonito conto escrito e ilustrado polo alumnado de Educación Infantil de cinco anos

LER EN FAMILIA



Neste vídeo, ofrécense pautas par a lectura en familia e para que os nenos e as nenas amen a lectura

"NON QUERO SER UN POLBO" COA TÉCNICA DE STOP MOTION

O conto "Non quero ser un polbo" de Francesca Cheessa, publicado pola editorial OQO, foi adaptado a verso, gravado coa técnica de Stop Motion  polo alumnado do segundo ciclo de primaria e con música de creación propia, por iniciativa do equipo de Normalización de Dinamización Lingüísta e o equipo de Biblioteca do centro.

CASTHAÑAS ASADAS-O REI DA FLORESTA



Casthañas asadas. Contos e música para nenos e nenas que acaba de  sacar Edicións do Castro

PRESENTACIÓN SOBRE VIDA E OBRA DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Xosé María Díaz Castro


More PowerPoint presentations from Elvira

Para toda a comunidade educativa, neste día das letras galegas, unha presentación sobre a vida e obra do poeta homenaxeado, Xosé María Díaz Castro, realizada por Elvira Roíz do IES "Concepción Arenal de Ferrol

MÚSICA, POESÍA E LIBROS NA BIBLIOTECA POLAS LETRAS GALEGAS

MÚSICA, POESÍA E LIBROS na bilbioteca. Seguindo coa celebración do día das Letras Galegas,  cantamos música de Fuxan os ventos, a canción "Penélope" musicada por Xoán Fuertes e co recitado da propia voz do poeta. Recitamos poemas de Xosé María Díaz Castro:  "Penélope", "Esmeralda" "Monumento á ausencia". E realizouse unha exposición de  libros de autores  galegos entre os que se encontraban: o único poemario do autor, NIMBOS e o conto O NENO E A ESTRELA, do colectivo Fabaloba que constitúe un fermoso achegamento á figura do poeta homenaxeado.


LETRAS GALEGAS: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


O homenaxeado do día das Letras Galegas 2014, é Xosé María Díaz Castro (1914-1989), poeta orixinario de Guitiriz, Lugo. Paula Vázquez, Carla López e Sofía Souto, presentan na biblioteca, un acercamento á súa vida e obra.

BIOGRAFÍA DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO EN KAMISHIBAI

Mario Carreira e Alberto Bellas, contan ao resto dos compañeiros/as do cole  a vida de Xosé María Díaz Castro en versión Kamishibai, con textos do Seminario Galán. Durante toda a semana pasarán todos os cursos pola biblioteca, para acercarse á figura do autor de "NIMBOS" co fin de celebrar a semana das letras galegas

RECITANDO "PENÉLOPE" DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Paula Vázquez e Sofía Souto, recitan o poema PENÉLOPE de Xosé María Díaz Castro, autor ao que se lle dedica o día das Letras Galegas 2014

A VACA QUE PUXO UN OVO

Paula Magide, conta aos máis pequeniños/as do cole o conto A VACA QUE PUXO UN OVO, escrito por Andy Cutbill  e publicado pola editorial Patasdepeixe. Conta a historia dunha vaca que quere facer algo diferente para destacar entre as demais e que pola súa simpatía é axudada polas súas amigas as galiñas.

PENÉLOPE - XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO - FUXAN OS VENTOS

Poema de Xosé María Díaz Castro, musicado por Xoan Fuertes Saavedra, interpretado por Fuxan os ventos. O recitado é do propio poeta.

LIBRO DE NURIA

A poesía abre as portas a un mundo de versos, de rimas, de xogos de palabras, de expresións... Nuria Devesa Núñez, preséntanos o seu segundo libro de poemas titulado "YO QUIERO TENER UN LIBRO ASÍ" onde expresa as súas emocións, os seus gustos, os seus sentimentos e tamén os ilustra cos seus bonitos debuxos cheos de colorido, espontaneidade e sinxeleza. Un bonito agasallo polo día do libro e unha boa ocasión para compartir a poesía coa lectura en voz alta, pois o vínculo que crea, perdura na memoria 



POEMAS DE NURIA

Coincidindo coa celebración do día do libro, Nuria Devesa Núñez, publicou o seu segundo libro de poemas titulado "YO QUIERO TENER UN LIBRO ASÍ" un libro onde Nuria expresa as súas emocións, os seus gustos os seus sentimentos e tamén plasma os seus debuxos, espontáneos, sinxelos e cheos de cor. O libro consta de 39 poemas e 22 ilustracións. 
Neste vídeo, Nuria recita dous poemas do seu libro, un en galego: "Cada cousa é da súa maneira" e outro en castelán: "La sirenita y yo". 
O libro está na biblioteca, disposto para ser lido e disfrutado.

DÍA DO LIBRO

Polo día do libro, as recomendacións lectoras de toda a comunidade educativa, expostas en grandes taboleiros saen ao exterior. Libros e máis libros, os nosos preferidos, para motivar a lectura de novos libros recomendados polos nosos compañeiros/as,  profesores/as, pais nais e demais persoal do centro.

EN ABRIL, LIBROS MIL

Para celebrar o día do libro, co obxectivo de fomentar o gusto pola lectura e alentar a creación literaria entre os nosos escolares, Lucía, Aroa, Uxía e Sara de 4º, leron un poema de creación propia, titulado "EN ABRIL, LIBROS MIL" 

DÍA DA TERRA


O día 22 de abril, celébrase o "DÍA INTERNACIONAL DA TERRA", instaurouse para crear conciencia dos problemas medioambientais, co obxectivo de recoñecer a importancia do uso responsable dos recursos naturais da Terra, así como dunha educación ambiental.
Desde a bilbioteca o alumnado do terceiro ciclo realizou actividades a través da rede con relación a este tema e  tamén prsentaron ao resto do alumnado o libro "50 cousas sinxelas que podes facer para salvar a Terra"