Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

DON QUIXOTE DA MANCHA DE MIGUEL DE CERVANTES SAAVEDRA

Seguindo coas actividades do día do libro recordamos especialmente ao universal Miguel de Cervantes Saavedra e a súa obra mestra Don Quixote da Mancha coa lectura en voz alta do libro por parte de Ana del Río Candia.




DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril de 2018, celebramos o día do libro coa campaña de animación á lectura "LER LÉVATE AO MÁIS ALTO" onde o alumnado, o profesorado e a comunidade educativa fan as súas recomendacións lectoras.






LECTURA DO PRINCIPIÑO

Emilio Del Río Candia e Noa Sanjurjo López len o comenzo do Principiño escrito por Antoine de Saint-Exupéry. Samuel Neira Martínez le a dedicatoria







GUÍA DE "O PRINCIPIÑO" DE ANTOINE DE SAINT-EXUPÉRY


O PRINCIPIÑO

O Principiño de Antoine de Saint-Exupery é un clásico literario que, segundo a idade que teñas cando o leas, permite diferentes interpretacións. Esa é a maxia dos libros, permitirnos aprender sempre, sen que importe a idade.

EXPOSICIÓN: "O PRINCIPIÑO" DE ANTOINE DE SAINT- EXUPÉRY

O Principiño, do autor francés Antoine de Saint-Exupéry, cumpliu, o día 6 de abril, 75 anos de existencia. É un conto que a pesares da súa apariencia sinxela posee observacións e reflexións profundas sobre a vida e a natureza humanas.
Unha exposición de 38 "Principiños" en 38 linguas diferentes é a primeira das actividades organizadas pola biblioteca en torno a esta universal obra e con motivo da celebración do día do libro 2018.




DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2018

O día 2 de abril, celébrase o día internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Este día é a data do nacemento de Hans Christian Andersen.
O texto do cartel deste ano  corresponde a Inese Zandere, poeta e activista da promoción da lectura, nacida en Letonia, quen titula a súa mensaxe: "Os libros fan grande o máis pequeno".
A ilustrtación foi feita por Reinis Petersons, recoñecido debuxante, nacido tamén en Letonia.