Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

AIRIÑOS, AIRIÑOS, AIRES DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe, 24 de febreiro, hai 180 anos do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO, a nosa poeta máis universal.
Dicir Rosalía significa dicir poesía, denuncia, reivindicación, amor, dor, esperanza.
Rosalía era unha muller en continua loita co que a rodeaba, co sentimento tráxico de ser galego, e tamén de ser muller.
Entre as súas obras máis destacadas están: "Cantares Gallegos", "En las orillas del Sar" e "Follas novas"

ROSALÍA DE CASTRO


DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

O día internacional da Lingua Materna celébrase anualmente o 21 de febreiro para promover a consciencia sobre a diversidade lingüística e cultural e sobre o plurilingüismo do planeta.
A educación e a información na Lingua Materna son esenciais para mellorar a aprendizaxe e fomentar a confianza e a autoestima que son algúns dos principais motores de desenvolvemento.
Canto máis saibamos valorizar as linguas, máis ferramentas teremos para construír un futuro digno para todos

SESIÓN DE CONTACONTOS CON PACO NOGUEIRAS

Paco Nogueiras canta pero tamén conta fermosas historias:

"A árbore da escola" conta a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando no patio do colexio grazas ao agarimo que recibe do rapaz e o afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo.

"A merliña"conta a historia dunha merla que coidaba dos seus cinco merliños, pero un día pasou por alí unha raposa á que, nada máis velos, lle entraron unhas gañas tremendas de papalos...




"A última carta" conta unha historia que transcorre nunha fermosa illa mediterránea cuxos habitantes teñen a fortuna de contar con un amable carteiro. O seu último día de traballo será inolvidable. Unha entrañable e emotiva homenaxe ao vello oficio de repartir cartas.

PACO NOGUEIRAS

Onte, día 13 de febreiro, estivo, na nosa biblioteca, PACO  NOGUEIRAS, actor, músico e narrador, ofrecéndonos unha  divertida e amena sesión chea de música e contos.



ACRÓSTICOS DE AMOR



POEMAS DE AMOR

Recitando poemas do libro "O LIBRO DOS BICOS" de Xosé Luna Sanmartín

Gisela, Alex González, Micaela, Pablo e Brian recitan poemas cheos de emoción, paixón e vida e reparten bicos que nos conquistan e consolan. O autor con estes versos consigue espallar bicos agochados nos versos.

ABECEDARIO DA PAZ

A mensaxe básica é: "Amor universal, non violencia e paz


RECITAL DE POEMAS PARA A PAZ

A través da educacdión, contribuimos á concienciación de todos na construcción dun mundo mellor, un mundo máis xusto e máis humano que permita que todos os individuos teñan a mesma oportunidade de desenvolver plenamente as súas facultades nunha sociedade democrática, libre, mista, responsable e en paz

DENUNCIAMOS

MANIFESTO POLA PAZ

MURAL DA PAZ

Todo o centro participou na elaboración do mural da PAZ. O obxectivo é a educaión en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz. 



CANTAROLA DOS NENOS DE XOSÉ NEIRA VILAS

O día 30 de xaneiro celebramos no noso centro o día da paz, entre outros actos, houbo un recitado de pomas para a paz por parte de todo o alumnado do centro; neste caso os nenos e nenas de 2º curso de primaria recitan un poema de Xosé Neira Vilas titulado "Cantarola dos nenos"