Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

POEMAS DE NURIA

Coincidindo coa celebración do día do libro, Nuria Devesa Núñez, publicou o seu segundo libro de poemas titulado "YO QUIERO TENER UN LIBRO ASÍ" un libro onde Nuria expresa as súas emocións, os seus gustos os seus sentimentos e tamén plasma os seus debuxos, espontáneos, sinxelos e cheos de cor. O libro consta de 39 poemas e 22 ilustracións. 
Neste vídeo, Nuria recita dous poemas do seu libro, un en galego: "Cada cousa é da súa maneira" e outro en castelán: "La sirenita y yo". 
O libro está na biblioteca, disposto para ser lido e disfrutado.

DÍA DO LIBRO

Polo día do libro, as recomendacións lectoras de toda a comunidade educativa, expostas en grandes taboleiros saen ao exterior. Libros e máis libros, os nosos preferidos, para motivar a lectura de novos libros recomendados polos nosos compañeiros/as,  profesores/as, pais nais e demais persoal do centro.

EN ABRIL, LIBROS MIL

Para celebrar o día do libro, co obxectivo de fomentar o gusto pola lectura e alentar a creación literaria entre os nosos escolares, Lucía, Aroa, Uxía e Sara de 4º, leron un poema de creación propia, titulado "EN ABRIL, LIBROS MIL" 

DÍA DA TERRA


O día 22 de abril, celébrase o "DÍA INTERNACIONAL DA TERRA", instaurouse para crear conciencia dos problemas medioambientais, co obxectivo de recoñecer a importancia do uso responsable dos recursos naturais da Terra, así como dunha educación ambiental.
Desde a bilbioteca o alumnado do terceiro ciclo realizou actividades a través da rede con relación a este tema e  tamén prsentaron ao resto do alumnado o libro "50 cousas sinxelas que podes facer para salvar a Terra"


DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL



O  día 2 de abril, celebramos na nosa biblioteca o día internacional do libro infntil e xuvenil. Nun acto colectivo no que participaron nenos e nenas de todos os cursos, rememoramos a figura de Hans Cristian Andersen, lendo a súa vida e obra e facendo unha exposición cos seus contos máis coñecidos. En diferntes sesións de contacontos, Pamela de 6º e Yéssica de 5º contaron aos máis pequenos e pequenas dous dos seus contos favoritos de Andersen:  "A princesa e o chícharo" e "O valente soldadiño de chumbo"

DÍA DO TEATRO


Para celebrar "O DÍA DO TEATRO" Gonzalo, Iria e Alex, leron na Biblioteca do centro o conto de Francesca Chessa "Non quero ser un polbo! despois de facerlle unha adaptación en verso ao teatro. Coa lectura  deste conto teatralizado intentamos transmitir a importancia da aceptación dun mesmo e a valoración da nosa identidade, fomentando unha actitude positiva