Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

EN ABRIL, LIBROS MIL

"En abril, libros mil" é o título do poema  que fixemos entre todos con motivo do día internacional do libro, 23 de abril de 2013, nas sesións de animación á lectura. Alba, Lorena, Pablo e Joel recitárono.


¿QUE LIBRO ESTÁS LENDO?

Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, realizamos, entre outras actividades, unha campaña entre toda a comunidade educativa para destacar a importancia da lectura. Había que contestar á pregunta ¿QUE LIBRO ESTÁS LENDO?

DÍA 23 DE ABRIL DE 2013

DÍA DO LIBRO


Paula  Carballeira (escritora e actriz) con motivo do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2013, agasalla a todas as bibliotecas escolares, cun texto, no que nos fai reflexionar sobre as potencialidades do libro para atraer e seducir ás lectoras e aos lectores

40 ANOS DA GRAMÁTICA DA FANTASÍA DE GIANNI RODARI



En 1980, morría en Roma, un dos autores de literatura infantil e xuvenil máis importantes do século XX: GIANNI RODARI. Este ano conmemórase o 40 aniversario da publicación do seu libro máis coñecido: A GRAMÁTICA DA FANTASÍA

JOSÉ LUIS SAMPEDRO



José Luis Sampedro finou o pasado domingo. Foi un escritor, economista e humanista que apostou por unha economía máis humana, máis solidaria, capaz de contribuír a desenvolver a dignidade dos pobos. Tivo unha sobresainte traxectoria literaria e un pensamento comprometido cos problemas do seu tempo. Foi premio Nacional das Letras Españolas. Unha figura querida e respectuosa, crítica e comprometida que deixa un importante legado.

40 ANOS DA MORTE DE PICASSO

O día 8 de abril, fai 40 anos que morreu PABLO RUIZ PICASSO, excepcional pintor e escultor,un dos mellores e máis importantes artistas do século XX, para recordalo, compartimos unha presentación onde aparecen fotografías dalgúns dos seus cadros que conteñen libros, realizada por Marga Camarero e Mª José Pousa da EEI Barrionovo- Pastoriza (Arteixo- A Coruña)

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés HANS CHRISTIAN ANDERSEN,celébrase o día internacional do libro infantil e xuvenil co fin de promocionar os bos libros e a lectura entre os máis novos. A nosa biblioteca organizou para este día unha exposición con libros do autor e a lectura continuada dunha das súas obras máis coñecidas: "O traxe novo do emperador".

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

A necesidade de preservar a riqueza natural do planeta, lévanos á respectar o noso hábitat máis próximo como base fundamental da conservación do medio ambiente para que sexa garantía de benestar e de calidade de vida. Nestes días elixidos en todo o mundo para celebrar o día da árbore, 21 de marzo e da auga, 22 de marzo, aproveitamos para traballar desde a escola a importancia que teñen nas nosas vidas as árbores e a auga e a concienciación para conservar a Natureza. A calidade ambiental do noso entorno e do planeta depende moito do uso que todos fagamos da auga e das árbores, de tratalas como o que son: fonte de vida.