Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

NELSON MANDELA


O día 30 de xaneiro, celebramos o día da paz, con este motivo queremos rendirlle unha homenaxe a NELSON MANDELA, premio Nobel da paz, que loitou ao longo da súa vida polos dereitos humanos para conseguir un mundo en paz en liberdade e igualdade.

POEMAS DA PAZ



Inventamos e recitamos poesías para a paz.

NADARÍN

Juan Diego, convertido en contacontos, escolleu  "Nadarín" de Leo Lionni, editado pola editorial Kalandraka, para contarlles aos seus compañeiros e compañeiras. Neste conto a unión fai a forza e o pez pequeno non sempre ten que temerlle ao grande. Cheo de riqueza cromática para abordar tamén a superación dos medos e o valor da diversidade.

CALENDARIO 2014

A maioria dos nenos e das nenas do centro colaboran coas familias nas propias hortas que cultivan preto dos seus fogares, convertíndose nunha ferramenta útil e de aprendizaxe. Por un lado está o traballo de sementar coidar e recolectar á vez que pasan tempo en contacto coa natureza e deste xeito aprenden cal é a verdaeira orixe da comida e o estudo do seu crecimento fainos máis receptivos á hora de comer froitas e verduras. Este curso o tema do calendario, proposto desde o colecctivo estiño, trata sobre A HORTA, a nosa horta galega, coa participación de 21 centros da provincia de Lugo e de Ourense.Unha vez elixido o diseño, entre todos os aportados polos numerosos participantes, neste caso, este bonito espantallo, xurdiron os productos para repartir entre todos os centros e poñerse a investigar: tomate, amorodo, cenoria, epinaca, coliflor, acelga, nabo e nabiza, allo, pataca, cogombro, pemento, cebola, cabaza, ourego... A nós tocounos traballar sobre os  cogombros e os espárragos.