Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

FELICITACIÓN POLO NADAL 2016

MÚSICA POLO NADAL

Todo o alumnado do centro aporta o seu canto de Nadal: música, poesía e danza mezclados neste festival fin de trimestre e fin de ano


VISITA DO APALPADOR

o Apalpador visita o noso centro para apalpar as barrigas dos nenos e das nenas, repartir as guías de recomendacións lectoras para estas vacacións de Nadal e tamén para deixar algún agasallo, neste caso unha boa presa de cacahuetes, pois xa non hai castañas.

A HISTORIA DO APALPADOR CONTADA EN KAMISHIBAI

Alex González e Gisela Montoya contan ao resto do alumnado a historia do APALPADOR  a través do teatriño xaponés Kamishibai. O texto da historia é o resultado do traballo de investigación do alumnado de 6º curso de primaria, así como os versos a pé de foto, as ilustracións son de Sandra Puebla González, a música é unha panxoliña galega titulada "Aló á media noite" con arranxos e instrumentación de Xoán Fuertes

O APALPADOR NA BIBLIOTECA

O apalpador visita a nosa biblioteca e en clave de verso conta aos nenos e ás nenas o que fará a noite de Nadal: baixará das montañas do Courel para apalparlles a barriga e comprobar se están ben mantidos ou non e dixarlles castañas quentiñas ou algún agasallo feito a man por el mesmo. Dende a biblioteca queremos divulgar esta mítica figura



O APALPADOR

O Apalpador chega á nosa biblioteca. O Apalpador ou Apalpa Barrigas é un ser fantástico, un xigante de profesión carboeiro que polas festas do Nadal baixa das montañas do Courel para visitar aos máis pequenos e pequenas e comprobar que estaban ben alimentados, para o que lles apalpaba a barriga e lles deixaba de agasallo castañas quentes. Hai algunhas cancións populares relacionadas con este personaxe que chegaron ata os nosos días e que eran cantadas nas noites de "apalpadoiro" para advertir aos máis pequenos da chegada do Apalpador e da necesidade de que se foran á cama.

"Hoxe é día de Nadal
vai neniño para a camiña
que vai vir o Apalpador
apalparche a barriguiña"



OS POSTRES TRADICIONAIS: LAMBETADAS

Un calendario de postres tradicionais: tosta de roxós, faragullos, filloas, leite frito, roscas de San Lázaro, chulas, cañas, compota, torta de castanas, rosca de Navia, empanada de roxós, tellas, flores, almendrados...son algúns dos postres  que compoñen este ano o calendario do Colectivo Estiño, formado por 24 centros da provincia de Lugo, nos que o alumnado traballou e investigou sobre os postres típicos de cada zona para despois plasmalo en debuxos e por escrito nas receitas. Todo o traballo realizado de información e investigación  e tamén de receitas recollerase na revista Miuzallas.






DÍA DA CONSTITUCIÓN

A Constitución de 1978 para nenos e nenas

POEMAS DE OUTONO

Os nosos alumnos e alumnas recitan as súas propias creaccións poéticas, neste caso, a temática é o outono. Estes poemas realizados de xeito colectivo rezuman sinxeleza, frescura, gracia e moita sensibilidade.
















DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O 25 de novembro celébrase cada ano o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLERCon esta acción a ONU demostra que este tipo de violencia é realmente uhna violación aos dereitos humanos, consecuencia da discriminación que sufre a muller  e a persistencia das desigualdades por razón de xénero.

Gisela Montoya e Alex González en nome de todos os nenos e nenas do centro, len por este día as frases en contra da violencia machista, elaboradas por eles e os seus compañeiros e compañeiras de sexto para poñer de manifesto o noso total desacordo con este tipo de actos.


O SAMAÍN NA BIBLIOTECA

RELATOS CURTOS POLO SAMAÍN

No taller de escritura creativa, o alumnado deu campo libre á súa imaxinación e á creación escribindo relatos de terror, de medo, de seres extraordinarios...fantaseando e tirando do fío conductor que arrastra aos personaxes creados a vivir aventuras fantásticas. Os nosos alumnos e alumnas convertíronse en escritores e escritoras por un día.




CONTACONTOS POLO SAMAÍN

 O alumnado de 6º de primaria encheu a biblioteca  de contos, contos de bruxas, contosde fantasmas, contos de ogros, contos de seres vidos do Alén para asustar e para divertir pero tamén para fomentar o gusto pola lectura e sementar a inquietude de descubrir historias fantasticas, extraordinarias e marabillosas. Disfrutaron os nenos e nenas pero tamén os adultos.






CORRE CORRE, CABACIÑA

Alex Zas Gómez conta aos nenos e nenas de Educación Infantil e 1ª e 2º de primaria, o conto CORRE CORRE, CABACIÑA adaptado e traducido por Eva Mejuto , ilustracións de André Letria e publicado pola editorial OQO.
Este conto popular portugués conta a historia dunha velliña, que de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer....
Quen estará dentro da  cabaza facendo burla das tres feras?

O NOSO SAMAÍN

O NOSO SAMAÍN é un novo libro escrito por Loretta Birot Bermejo con ilustracións de Nuria Valdeón Balsas e publicado pola editorial Galaxia co obxectivo de explicarlles aos nenos e nenas de Galicia a fecunda tradición galega relacionada co nacemento do outono e crenzas que veñen, probablemente da época prerromana.
A autora considera que é moi importante que os nenos e nenas sepan que a tradición dos calacús e do contacto entre vivos e mortos é tamén galega e que se coñece co nome de Samaín.
A celebración ten máis de 3000 anos e está tamén na orixe de Halloween, pois chegou a Norteamérica a través de un pobo emigrante e celta como é o irlandés.
Trátase, polo tanto, de que os nenos e as nenas comprendan a diferencia entre o recuperado Samaín e o ascendente Halloween norteamericano


DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2016

O día 24 de outubro, celebramos o día da Bilioteca realizando e visionando este vídeo con fotos  dalgunhas das actividades que realizamos na biblioteca ao longo do curso.

O día da bilbioteca celébrase nesta data en recordo da destrucción da biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992. Todas as bibliotecas albergan grandes tesouros e destruilas ou non protexelas é unha traxedia inmensa.

Polo tanto é moi importante dalas a coñecer, abrir as súas portas, mostrar os seus rincóns máis escondidos, extraer os libros dos sus andeis e poñelos nas mans dos lectores e lectoras.

LER PARA MEDRAR

O alumnado de Educación Infantil empeza co programa de animación lectora "LER PARA MEDRAR"Cada neno e cada nena leva na súa maletiña viaxeira libros de contos  e de información xeral, unha revista infantil e material audiovisual para compartir coas familias. A bibliomaleta inclúe tamén a folla de presentación da campaña e consellos  aos pais e ás nais para fomentar o hábito lector e o gusto pola lectura desde a casa.





MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano máis xa están en marcha as MOCHILAS VIAXEIRAS. Esta actividade de animación á lectura, consiste no préstamo temporal de libros e material audiovisual para compartir e disfrutar coas familias.







BIBLIOTECA ESCOLAR TERRITORIO DAS ARTES

 
BIBLIOTECA ESCOLAR TERRITORIO DAS ARTES é o lema escollido este curso dende a Consellería de Cultura e Educación para as bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. A autora da ilustración é Minia Regos e convida a explorar formulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse ao mundo das artes e poder experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, o teatro, a literatura, a escultura e as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos)

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ


Agustín Fernández Paz naceu en Vilalba (Lugo) en 1947, morreu en Vigo o 11 de xullo de 2016. Foi profesor e tamén escritor en galego. Recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola obra "O único que queda é o amor".
Agustín Fernández Paz, defensor do idioma e da educación,  escríbía para cambiar o mundo, para afianzar a fala, para facer pensar e sentir. Os seus engaiolantes libros están na nosa biblioteca para disfrute do alumnado e do profesorado, sendo o noso  favorito "Cartas de inverno" lido en repetidas ocasións no club de lectura do noso centro.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 2016



XORNAL ESCOLAR "A PONTE VELLA" 2016

Aquí temos o noso xornal escolar "A Ponte vella" 2016 onde aparecen algunhas das actividades realizadas en torno á vida e obra de Manuel María ademais de traballos de información, creación e  investigación, fundamentais para o proceso ensinanza-aprendizaxe e para a adquisición das competencias básicas.


FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Lectura de poesía, recitado de poesía das obras de Manuel María escritos para nenos e nenas: "Os soños na gaiola" e as "As rúas do vento ceibe". Tamén o pasapalabra sobre a vida e obra do autor homenaxeado polos día das letras galegas 2016 e  tamén xogos de palabras, puzzles, tendal de obras e de imaxes, todo para coñecer a fondo a biografía e a obra do autor nacido en Lugo, concretamente en Outeiro de Rei.


RECORDANDO A MANUEL MARÍA

Os nenos e nenas de catro anos recordan a Manuel María. Os seus bonitos debuxos cheos de colorido e imaxinación están inspirados nos poemas da obra "Os soños na gaiola".

RECORDANDO A MANUEL MARÍA on PhotoPeach

RECITANDO A MANUEL MARÍA

Recitado conxunto do alumnado de 5º de primaria do poema de Manuel María "GALICIA"



Agora é o poema do libro Os soños na gaiola "CARACOL" recitado por Adrián, Pablo e Brian



Hugo e Carlos,  tamén de 5º de primaria, recitan "Eu nacín en Outono..." do libro POEMAS DE OUTONO do noso poeta Manuel María



Alex Zas, Miguel, Pablo Magide e Pablo Fernández recitan "O meu burriño" do poemario "Os soños na gaiola" de Manuel María



Iria, Juan Jesús, Micaela, Sabela e Pablo Fernández recitan o poema "O semaforo" do libro de poemas de Manuel María "As rúas do vento ceibe"



Samuel e Alex González recitan os poemas de Manuel María "Río Miño" e "Terra Chá"
da súa obra Terra Chá (1954)












LERTAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA

Traballo de investigación realizado polo alumnado de 6º de primaria sobre a vida e obra de Manuel María Fernández Teixeiro, autor homenaxeado polo día das Letras Galegas 2016.


Recitado conxunto do alumnado de 5º de primaria do poema de Manuel María GALICIA


LETRAS GALEGAS: MANUEL MARÍA E A MÚSICA

A música é unha constante  na obra de Manuel María. Polo día das letras galegas os artistas galegos seguen musicando os seus poemas, neste caso FUXAN OS VENTOS interpreta "Galicia"en homenaxe ao poeta

DÍA DO LIBRO 2016

"SOMOS O QUE LEMOS" Campaña de lectura polo día do libro 2016, onde participa toda a comunidade educativa coas súas reseñas lectoras. Na entada do centro encóntranse expostas todas as aportacións, recollidas nunha ficha onde se fai constar o nome da campaña a fotografía da lectora ou do lector e a súa lectura máis recente, como referencia de interés para o resto dos participantes.

DÍA MUNDIAL DO LIBRO


DÍA DA ÁRBORE

EXPERIMENTOS POLO DÍA DA ÁRBORE










DÍA DA MULLER

Para celebrar o día da MULLER, Iria Prados Arias, presentou dous títulos da colección "Antiprincesas": Frida Kahlo e Violeta Parra, escritos por Nadia Fink. Dúas grandes mulleres loitadoras, independentes e creativas que souperon medrar como persoas  a pesares dos conflictos que tiveron coa sociedade machista na que viviron

Sabela Lago e Breixo García, leron palabras e frases escritas polos seus compañeiros e compañeiras  sobre a igualdade entre homes e mulleres.





ROSALÍA DE CASTRO


RECITANDO A ROSALÍA DE CASTRO

O alumnado do centro recita na biblioteca para os seus compañeiros e compañeiras o poema de Rosalía de Castro "Airiños airiños aires"

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Poemas de Rosalía de Castro para celebrar O DÍA DE  ROSALÍA. " Campanas de Bastabales" recitado por Samuel, Gisela e Pablo e "Adiós ríos, adiós fontes", recitado polo alumnado de 4º de primaria












A ROSALÍA DE MANUEL MARÍA

Para celebrar o DÍA DE ROSALÍA, Carlos Puebla e Hugo Prados, recitan o poema dedicado a Rosalía de Castro "A ROSALÍA" escrito por Manuel María.


CANCIÓN DE AMOR

Carlos Puebla González e Hugo Prados Arias, recitan un poema de amor titulado CANCIÓN DE AMOR da obra "Mar Maior" de Manuel María.

LIBROS PARA NAMORAR


ENTROIDO DE POESÍA

Aproveitando o traballo de investigación que viñemos realizando ao longo do primeiro trimestre, sobre a vida e obra de Manuel María, con motivo da celebración no 2016 do día das letras galegas dedicado á súa figura, tivemos un ENTROIDO DE POESÍA. Os disfraces estaban baseados nos personaxes da obra de Manuel María "Os soños na gaiola": A gaiola, os labregos, o sol, a lúa, o caracol, o año, o lobo, a vaca, os paxaros...desfilaron moi ledos e coa súa mensaxe poética. O centro encheuse de POESÍA, poesía galega, poesía de Manuel María, pois ademais das coplas do entroido, cada personaxe recitou o seu poema.

COPLAS DE ENTROIDO

Nós celebramos
un Entroido singular
pois a Manuel María
ímosllo dedicar.


ENTROIDO 2016


POEMAS DA PAZ


RECITAL DE POEMAS PARA A PAZ







DÍA DA PAZ








MANUEL MARÍA E A PAZ


O día 30 de xaneiro, celebramos o día escolar da NON VIOLENCIA E A PAZ, que conmemora a morte de Mahatma Gandhi en 1948, con tal motivo, aproveitamos para traballar de forma intensiva contidos propios da cultura da paz.
Para empezar  queremos reflexionar sobre a PAZ nun poema de Manuel María, do seu libro "Sonetos á casa das Hortas".
Aproveitamos as diferentes festividades para visualizar a ampla temática da súa obra, dado o traballo de investigación que viñemos realizando sobre a súa figura ao longo do primeiro trimestre, con motivo de ser o autor homenaxeado no día das letras galegas no 2016. 


Os meus antergos non foron violentos
e nunca houbo na casa armas de fogo.
Endexamais un Hortas, nin por xogo,
chegou a utilizar tales inventos...

Que a miña xente tivo a valentía
de gastar a súa vida traballando:
arando, recorrendo, sementando,
facendo un campo fértil da campía.

Tampouco houbo nos Hortas cazadores
pois, seguindo unha vella tradición,
foron, unicamente, labradores...

Traballaron con amor, fe e paixón:
fertilizaron o chao cos seus suores
e morreron coa paz no corazón...!

Manuel María
"Sonetos á Casa das Hortas"




PACO NOGUEIRAS RECITANDO, CANTANDO E CONTANDO

Paco Nogueiras, moi coñecido no noso centro polo seu traballo discográfico "VRINCA VAI" ademais de recitar e cantar os poemas de Xosé Neira Vilas como vimos no vídeo anterior, tamén contou contos, contos fantásticos, solidarios e moi divertidos: "Despois da chuvia" de Miguel Cerro, "Imos cazar un oso" de Michael Rossen e "O pito cairo" de Marisa Níñez.






.

PACO NOGUEIRAS NA BIBLIOTECA

Paco Nogueiras, estivo na nosa biblioteca cantando e contando contos, pero tamén recitando. Neste vídeo podemos velo, primeiro recitando o poema de XOSÉ NEIRA VILAS "Soñei con Tuturutú" e despois cantando e tocando co seu ukelele o arranxo musical que fixo  para iste bonito poema.