Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

DÍA DA PAZ

Reivindicamos a PAZ como dereito humano. Para ter sempre presente a importancia da educación pola PAZ, celebramos este día, día 30 de xaneiro de 2013, cunha serie de actos: Elaboración dun mural de paz para a biblioteca e outro para a entrada do centro. Contando contos para a paz. Lectura do decálogo da paz. Lectura dun manifesto por unha cultura de paz e non violencia. Lectura de poemas para a paz e a interpretación con voces e frautas do "Himno á alegría" e de "Imagine" polo alumnado do terceiro ciclo.

UNHA ESCRITORA DE LIX NA ACADEMIA

A(Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria. Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas). Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo! a.blogspot.com.es/#!/2013/01/unha-escritora-de-lix-na-academia.html

EXPOSICIÓN LIBROS DA PAZ

DÍA DA PAZ

Denunciamos as situacións do noso mundo que fan imposible a paz