Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

O SAMAÍN CHEGA Á BIBLIOTECA

Xa chega, xa chega,
xa chega o Samaín

con contos, moitos contos
moitos contos para min

de ras, de ogros, de fantasmas
de lobos, de osos, de bruxas brancas

de morcegos, de zombis, de monstros,
vampiros, arañas e sapos mortos

contos, contos, contos do Samaín
todos, todos, todos, todos para min

están todos na nosa biblio
esperando tamén por ti.



DÍA DAS BIBLIOTECAS, 24 DE OUTUBRO





DON LIBRO ESTABA XEADO

Estaba o señor don Libro
sentadiño no seu sillón,
con un ollo pasaba a folla
e con outro ve a televisión.

Estaba o señor don Libro,
aburrido no seu sillón
esperando a que viñera... (a lelo)
algún pequeno lector.

Don Libro era un tío sabio
que sabía de lúa e sol,
que sabía de terras e mares,
de historias e aves
de peixes de todo cor.

Estaba o señor don Libro
tiritando de frío no seu sillón
veu un neno, colleuno nas súas mans
e o libro entrou en calor

Traducción ao galego do poema de
Gloria Fuertes


ALFABETIZACIÓN EN INFORMACIÓN

A NOSA BIBLIOTECA



A Biblioteca escolar é un lugar privilixiado para estimular a poesía , para descubrila, para disfrutala..A poesía é ritmo, música, xogo, intuición, emoción fantasía, creación, dominio da linguaxe...

POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR



POÉTICAS DIVERSAS na biblioteca escolar é o lema que a Consellería de Educación propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019 para descubrir a poesía que nos rodea.
Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de POESÍA, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son