Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 23-24

   Boas rapazada!

Chega o Nadal, unha época de maxia, de agasallos, de seres queridos e de desexos. En Biblioponte, queremos  desexarvos un Nadal cheo de boas lecturas!!
Recomendacións lectoras Nadal 23-24











25 NOVEMBRO

 Ola a todas!

Esta foi unha semaniña chea de emocións e actividade na que todo o cole traballou a reo para a celebración de dúas datas ben importantes: o 25 de Novembro e o Día da Discapacidade (3 de Decembro)

Aquí vos deixamos unhas imaxes e vídeos para que vexades  todo o que traballastes facendo ponpóns para crear un precioso e enorme lazo violeta, usando a vosa creatividade para facer bolboretas de papel e, as nenas e nenos de infantil, tecendo unhas coloridas letras para o noso mural. 

CEIP A PONTE: ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIAS


Moitas grazas a todas  e todos!

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2023

 "A ciencia é un dos sabores do saber. Para degustala, é moi importante a nosa participación activa, e o grande activador é a curiosidade. Precisamos formular preguntas para saborear a ciencia e a lingua pemítenos degustala, e tamén é a canle para contar e escoitar as respostas".

Elena Vázquez  Cendón

Neste mes de novembro celebramos o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares. Dende Biblioponte, invitámosvos a visitarnos e realizar con nós as seguintes actividades:
























DÍA DAS ESCRITORAS EN BIBLIOPONTE 23/24

 

O alumnado de 3B quixemos rendir unha homenaxe a mulleres escritoras.

Para elo visitamos a Biblioteca e alí fixemos unha escolma de autoras galegas actuais. Destacamos a Yolanda Castaño e a Paula Carballeira polos premios recibidos este ano.

Na aula preparamos a lectura individual dos libros escollidos para mais tarde compartila co resto do alumnado.

Tamén buscamos imaxes das escritoras para poñerlles cara e saber un pouquiño da súa biografía. Situamos no mapa de Galicia os lugares onde naceron e os anos de nacemento. Como este curso comezamos a traballar en matemáticas as unidades de millar, estas datas serviron como punto de partida para elaborar e resolver problemas.

Como vedes, unha actividade que deu moito de si e que disfrutamos moito como vedes neste video.




SAMAÍN: CONCURSO DE RELATOS ARREPIANTES!!!

 Achégase o SAMAÍN!!!

Como sempre tedes na biblioteca unha ampla selección de lecturas e contos para desfrutar desta época tan máxica.


Este ano, desde a biblioteca, queremos animarvos a ler, a debuxar, a escribir, a imaxinar ,...por iso vos pedimos que participedes no concurso de RELATOS ARREPIANTES  que presentamos para SAMAÍN.


Esparamos os vosos relatos!

BENVIDOS AO CURSO 23/24

Ola rapazada! 

Camo cada ano comezanos a poñernos en marcha en BIBLIOPONTE. Nestes días estamos moi atarefadas preparando o horario da biblioteca para que todas as aulas podades desfrutar dun tempo na biblioteca.
 Tamén estamos acabando de revisar o contido das mochilas viaxeiras, que en breve comezarán a viaxar pola vosas casas levando maravillosas historias en galego, castelán e inglés. 
 A mediados de outubro comezará. tamén, o Club de Lectura, no que poderá participar o alumnado de 5º e 6º. A primeira lectura será unha novela gráfica "WOLFRAM" de Alberto Varela Ferreiro, que nos transportará a 1939, recén rematada a Guerra Civil en España e a piques de arrancar un novo conflicto en Europa. Estamos seguras de que será unha lectura moi enriquecedora. 

 Ben, dámosvos a benvida a todas e recordámosvos que o lema das Bibliotecas Escolares este curso é: UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS
Esperámosvos na biblioteca!

LOIS PÉREZ VISITA O NOSO CLUB DE LECTURA "HISTORIAS DA PONTE VELLA". ENTREVISTA EN PONTE NA RADIO

 Hoxe, 2 de xunio, Lois Pérez, autor de "A gruta da torre" visitou o noso centro para compartir un  ratiño cos membros do club de lectura.

Todas estivemos encantadas de poder falar con Lois sobre o seu libro.  As alumnas e alumnos de 5º e 6º de EP, participantes no Club de Lectura, aproveitamos esta ocasión para facerlle unha extensa entrevista que compartimos con todas vós.




OBRADOIRO DE RADIO en Ponte Na Radio 2023

Por fin tivemos ese obradoiro de radio escolar que estabamos esperando. Este ano, o obradoiro foi presentado por Damián Alonso de Ponte Nas Ondas. O alumnado de 5ºA e 5ºB de EP pasou toda a mañá aprendendo o mañexo de Audacity, traballando a dicción e practicando coa emisora, Foi unha mañá ben proveitosa! Aquí vos deixamos unhas fotos e o programa que elaboramos todas xuntas durante o obradoiro. Grazas, Damián!!!

LETRAS GALEGAS 23: A PALABRA MÁIS FERMOSA DO GALEGO

O Galego é unha lingua fermosa, rica en vocabulario e matices. cal é a palabra máis fermosa do Galego? QUEREDES VER AS VOSAS PALABRAS FAVORITAS?

LETRAS GALEGAS 23: PROXECTO A MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

Durante so meses de abril e maio traballamos todo o centro neste proxecto no que estudamos distintos aspectos da música tradicional galega: os instrumentos, os estilos musicais e os intérpretes. Na semana das Letras Galegas todas as aulas amosamos o noso traballo e desfrutamos bailando e cantando todas xuntas.

LETRAS GALEGAS 23: O CONTO VIAXEIRO

Rapaces, estamos moi contentas do resultado do PROXECTO do CONTO VIAXEIRO. 

Aquí o tedes! Sodes uns artistas!!!


FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. LETRAS GALEGAS 2023

O alumnado de 6º de EP elaborou esta revistiña chea de pasatempos en torno á figura homenaxeada nas Letras Galegas 2023.

Moito tivemos que estudar!!!

LETRAS GALEGAS 2023

O mes de maio é moi querido na nosa biblioteca porque honenaxeamos as LETRAS GALEGAS. Este ano, o Equipo de Normalización e o Equipo de Biblioteca decidimos facer propostas que nos permitan xogar, crear, bailar e cantar coa nosa lingua.


  A palabra máis fermosa do Galego
 O Galego é unha lingua fermosa, rica en vocabulario e matices. cal é a palabra máis fermosa do Galego? Busquémola todos xuntos!!! 

  PROXECTO: O libro viaxeiro.

  FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO 
 Traballaremos a figura do autor homenaxeado a través de distintos materiais e recursos e crearemos unha revista de pasatempos entorno á súa figura. 


  PROXECTO: A MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

DÍA DO LIBRO 2023

Este ano para celebra o día do libro decidimos facer un Apadriñamento Lector. Na primeira xornada o alumnado de 3º. 4º, 5º e 6º visitou a biblioteca do centro para escoller un conto axeitado. Practicaron A LECTURA E INTERPRETACIÓN do libro escollido e á volta do lecer foron polas aulas para recoller aos seus afillados. Ao día seguinte, o venres 21 de abril, foron os máis pequenos os que trouxeron o seu libro favorito.

Día do Autismo 2 de ABRIL

Este ano quixemos celebrar o Día do Autismo con un contacontos moi especial. Aquí vos deixamos a Manuel cunha dramatización do seu conto preferido "Chivos Chivones". Esperamos que o deifrutedes moito.

GRAZAS MANUEL!!!

Dia da Poesía a Auga e os Bosques

Para celebrar o Dia da POESÍA e do BOSQUE (21 marzo)e da AUGA(22 marzo), a nosa BIBLIOTECA fixo esta proposta de traballo: Opción A: Na tutoría escollemos poesías para traballar con eles relacionadas coa natureza. O dia 22 faremos un recital na radio co alumnado voluntario. Opción B: Saída ao entorno. Observamos e recollemos palabras relacionadas coa natureza. Creamos todas xuntas una poesía. Podemos recitala na radio o dia 22. Aqui vos deixamos alguns exemplos dos traballos realizados: Titoría 2° B: As rapazas e rapaces de 2ºB saíron de excursión a visitar o parque cercano ao noso centro. Observaron e escoitaron a natureza e despois crearon estes fermosos poemas Que despois gravaron na Radio Escolar: Titorìa de 5ºB: O alumnado de 5º B baixou á emisora durante a hora do lecer para recitar algúns poemas relacionados coa auga e os bosques. Bo traballo rapaces!!

CONTACONTOS: PACO NOGUEIRA

Boas rapaces, nesta ocasión queremos contarvos que os vosos compas de Infantil tiveron esta semana a supervisita de PACO NOGUEIRAS que veu coma sempre cargadiño de contos e cancións. Desta volta, contounos: Do, Re, Mi, Chibos Chibóns, Dez dedos nas mans e Dez dedas nos pés, Polo Camiño e Mister Magnolia.

Moi ben o pasaron!!!

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

 O día 11 de febreiro celebramos no colexio o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia,

Aqui vos deixamos a revista dixital cos traballos elaborados polas distintas aulas sobre científicas galegas. 



Día de Rosalía de Castro 23 de Febreiro

Ola a todas!! Esta semana pasada tivemos unha festa das boas. O xoves 23 de febreiro foi o Día da nosa querida Rosalía e en BIBLIOPONTE puxémonos a maquinar nas actividades para conmemorar o Dia de Rosalía de Castro. Isto foi o que fixemos: XOVES 23 FEBREIRO: Durante o tempo de lecer, emitimos por megafonía un pequno recital en honra a Rosalía alternando música e recitado de poemas. Aqui vos deixamos un cachiño para que o desfrutedes: VENRES 24 FEBREIRO O alumnado do centro achegouse á vida e obra de Rosalía de Castro a través das seguntes actividades: - kamishibai de Rosalía, a cargo das alumnas/os de 6°A de EP.

- Recitado e interpretación do poema " Miña Casiña, meu lar", a cargo das alumnas/os de 6° B.
- Degustación do Caldo de Gloria: As fantásticas cociñeiras do Comedor Escolar fixéron un Caldo de Gloria ben saboroso que degustamos durante o lecer. Algún repetiu ata cinco veces. Seredes lanbóns!!!
Feliz Dia de Rosalía!

DÍA MUNDIAL DA RADIO 13 febreiro 2023

O 13 de febreiro celebramos o día Mundial da Radio e aproveitamos a transversalidade que favorece a radio como ferramenta para que o alumnado poña en xogo habilidades e coñecementos adquiridos nas aulas. Neste día tan especial as alumnas e alumnos de 2º B participamos na convocatoria de PONTE NAS ONDAS creando un Podcast sobre o noso PATIMONIO CULTURAL: A PONTE ROMANA de Lugo. O alumnado de 2ºA tamén celebrou o Dia Mundial da Radio experimentando e estudando un antigo aparello de radio que a súa mestra Mª José trouxo á aula. Serán capaces de saber para que serve?

Tedes que velo!!!

NOVA SINTONÍA para a nosa Radio Escolar: PONTA NA RADIO

 O día 13 de febreiro celebramos O día Mundial da Radio na nosa escola. 

O alumnado de 6º de EP, xunto co noso mestre de Música Alberto, agasalláronnos neste día tan especial unha nova sintonía para a nosa Radio Escolar: PONTE NA RADIO.




Celebrando o Día Da paz 2023

Esta semana traballamos moi duro para crear os nosos conxuros máxicos de PAZ. Sairon ben xeitosos, non si? Tamén formamos os símbolo da Paz entre todas e cantamos "NO DUDARÏA" de Antonio Flores. Aquí vos deixamos un vídeo co traballo realizado. Parabéns artistas!

11F: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O día 11 de febreiro celebramos o  Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

En Biblioponte, a nosa biblioteca, queremos celebrar esta data tan importante coa creación dunha revista dixital de mulleres científicas galegas.

 Cada titoría elaborará un cartel en Din A3 sobre a cientifica asignada. Todos os carteis serán expostos na biblioteca e crearemos con eles unha publicación dixital.


Na Biblioteca podedes consultar estes libros:



DÍA DA PAZ e DÍA DA ILUSTRACIÓN (30 xaneiro)

 Proposta Biblioteca: DÍA DA PAZ e DÍA DA ILUSTRACIÓN (30 xaneiro) 


 Animámosvos a celebrar tamén con nós o DÍA DA PAZ e o DÍA da Ilustración participando na actividade "PALABRAS MÁXICAS"

- Escoitaremos a canción ' Palabras Máxicas' recollida no  conto/disco A BRUXA DISCORDIA de Mamá Cabra. 



https://music.youtube.com/watch?v=9qh8-if2b5o&feature=share

- Observaremos a estrutura das estrofas e, en gran grupo, elaboraremos unha nova estrofa/feitizo.


- Cada un de nós ilustraremos o noso feitizo nun anaco de papel.


- Finalmente, escribiremos o  Feitizo da nosa clase con letras fermosas nun anaco de papel corrido

e pegaremos as ilustracións de todas e todos nel.


As nosas 'PALABRAS MAXICAS' serán expostas na entrada do colexio. 


Deixovos a letra para que poidades observar a estrutura.



CLUB DE LECTURA 2023: "HISTORIAS DA PONTE VELLA"

I xornada do Club de Lectura “Historias da Ponte Vella” Este curso estamos inmersos no programa de innovación educativa dos Clubs de Lectura. Durante a hora de lecer do pasado venres, o alumnado voluntario de quinto e sexto de Educación Primaria puido gozar do primeiro encontro. Para introducir o Club de Lectura, escaneamos uns códigos Qr sobre o libro a ler (“A gruta da Torre”) e do seu autor (Lois Pérez). Agora que xa o coñecemos, é hora de comezar a compartir momentos de lectura e moitíiiiiisimas outras actividades.

CLUB DE LECTURA: HISTORIAS DA PONTE VELLA

 Promoción do noso Club de Lectura “Historias na Ponte Vella”

Por fin chegou o día! Xa temos preparado o cartaz que promociona o Club de Lectura.

Alumnado voluntario de 5º e 6º de Educación Primaria e maestras teremos o inmenso pracer de compartir lecturas, manter encontros literarios, conversas que nos farán voar a imaxinación e vivir unha morea de aventuras que nos transportarán a fermosos lugares e coñecer a vida en diferentes épocas.

Comezamos!!