Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

LETRAS GALEGAS

Paula Vázquez e Carla López, recitan un poema composto por elas, con motivo do día das Letras Galegas




ANXO FARIÑA NA BIBLIOTECA

Onte, martes, día 5 de maio, estivo na nosa biblioteca ANXO FARIÑA, autor e ilustrador entre outras obras da colección "Os megatoxos" moi valorada por todos os nosos lectores e lectoras do club de lectura. Explicou con moito detalle como fai para crear as súas obras, nas que mestura o humor e a aventura, as súas ilustracións, proceso lento e laborioso pero que merece a pena pois a través das súas historias e os seus debuxos crea dun xeito divertido un vínculo entre os lectores e lectoras e os libros. Destaca na súa obra a utilización da cor e un estilo de debuxo axil e sinxelo, do que fixo demostración en directo para encanto de todos e todas as presentes. Para rematar  e ante o  fervor dos seus lectores e lectoras firmou autógrafos a todos os asistentes.