Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

LECTURA DE "DON QUIJOTE DE LA MANCHA" POLO DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril de 2015 pola celebración do día do libro e con motivo da celebración do IV centenario da publicación da segunda parte da obra de Miguel de Cervantes Saavedra "Don Quijote de la Mancha" realizouse na nosa biblioteca a lectura colectiva de esta excepcional obra.



NO DÍA DO LIBRO CELEBRAMOS O IV CENTENARIO DA PUBLICACIÓN DA SEGUNDA PARTE DE "DON QUIJOTE DE LA MANCHA"

Para celebrar o día do libro, todo o centro estivo involucrado en traballos de investigación sobre a obra "Don Quijote de la Mancha" e do seu autor Miguel de Cervantes Saavedra, tamén na realización de xogos, crucigramas, actividades on line e debuxos nos que todos os membros da comunidade educativa se convertiron en "Don Quijote de la Mancha"
Os debuxos permanecen expostos na entrada da biblioteca.



DÍA DO LIBRO

Con motivo da celebración do día do libro, celebramos desde a nosa biblioteca, unha serie de actividades en torno á obra de Miguel de Cervantes Saavedra "Don Quijote de la Mancha" por celebrarse no 2015 o IV centenario da publicación da segunda parte desta universal obra.