Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

Guía lectura - Nadal 2010


O Apalpador

Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus viñese importado dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal: o Apalpador. Máis nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento. O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.
A tradición, recollida por José André Lôpez Goncález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Algúns cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu mom
ento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.
O Apalpador lévalle castañas asadas aos nenos para que non pasen fame.


O APALPADOR, O SANTA CLAUS GALEGO


O APALPADOR EN LUGO



EN CLAVE DE HUMOR


ANTÓN E O APALPADOR


"Antón e o Apalpador" é a historia dun neno de cidade que viaxa a O Courel para pasar as vacacións do Nadal ca súa madriña, al´descubre un mundo máxico dentro da devesa, onde atopa por casualidade a casa do Apalpador, un vello de oficio carboeiro que na noite de Nadal baixa polas aldeas a apalparlle as barrigas dos nenos e nenas para ver se están ben mantidos e deixarlles un feixe de castañas na mesiña de noite. Despois de coñecer ao Apalpador, Antón aprende que hai outra forma de soñar co Nadal. Ó final do libro hai unha parte de xogos e actividades para que os nenos se familiaricen ca figura do Apalpador.

20 de novembro - Día dos dereitos do neno e da nena


Pincha aquí

Actividades do outono

Actividades educativas para que os nenos e nenas traballen o outono.

Se queres ver a pantalla completa, pincha no icono

Giovana Pereira

Outra exposición fotográfica, inunda os corredores do noso centro, nesta ocasión dunha profesional, GIOVANA PEREIRA, fotógrafa nacida en Uruguay, pero que reside en Lugo.
A súa obra chea de forza de color e de vida, encende a curiosidade dos nenos e nenas que observan unha realidade diferente, tanto en paisaxes naturais, como en costumes e en personaxes. Tanto os seus suxerentes motivos como os propios títulos dannos pé para crear poemas e pequenos textos.



Cuentos silenciosos

Un libro especial na nosa biblioteca.

CUENTOS SILENCIOSOS é un magnífico libro ilustrado en tres dimensións por Benjamín Lacombe e publicado por editorial Edelvives. Oito escenas de papel que recrean os contos clásicos: Alicia en el país de las maravillas, Barbazul, Pinocho, Peter Pan, La bella durmiente,... que nos invitan a contar historias, a xogar, a representar,...

Tan sorprendente é o libro como este vídeo animado.

O Samaín. Contamos e cantamos



Homenaxe a Mario Vargas Llosa

Escribiu un libro para nenos/as, "Fonchito y la luna" publicado na editorial Alfaguara.

Empezando o curso

Empezamos este novo curso 2010/2011, expoñendo no noso blog dúas produccións creativas, un libro de poemas de NURIA DEVESA NÚÑEZ (cinco anos) e unha exposición fotográfica de CARLOS LEIRA ÁLVEZ (dez anos). O noso agradecemeto ás familias pola colaboración e implicación coas actividades da biblioteca e polo tanto na labor de difusión da lectura coa intención de fomentar e estimular a expresión oral, escrita, gráfica

AS POESÍAS DE NURIA

La vida” é o título do libro no que están recollidos os poemas que Nuria foi compoñendo oralmente e que súa nai plasmou por escrito (no prólogo explica o proceso de creación) nun entrañable libro, tamén plagado de ilustracións. Sensibilidade, musicalidade, rima, frescura son as características dos distintos poemas que lemos colectivamente na biblioteca e que xa forman parte dos nosos fondos biblotecarios.



AS FOTOGRAFÍAS DE CARLOS

Ao longo deste verán e asesorado polo seu avó, Carlos leu coa súa máquina fotográfica a paisaxe do seu entorno, a paisaxe galega: o mar, o interior, os animais, as personaxes. Fotografías que transmiten espontaneidade, creatividade, e moita sensibilidade e que para pracer de toda a comunidade educativa, están expostas no noso centro nunha entrañable e amena exposición fotográfica.