Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

DÍAS DA AUGA, AS ÁRBORES E A POESÍA 21 e 22 de marzo 2025

 Xa estamos na primaveira...os prados énchense de frores e os niños de xeitosos ovos que logo han de romper e encher o ar de arrechouchíos.

Chegou tamén o día da árbore, da auga e da poesía e este ano decidimos celebralos xuntos buscando unha cantiga na que se falase dos ríos, dos traballos que as mulleres facían no rio, das distintas formas da auga, e das árbores.

Puidemos buscar as cantigas en distintas fontes de información:

- Preguntando ás avoas.

- Consultando o Cancioneiro popular Galego na biblioteca ou en formato dixital:

https://cancioneiro.fundacionbarrie.org/

- Consultando o Arquivo Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego:

http://apoi.museodopobo.gal/

Unha vez elexida a cantiga, cada titoría traballou a cantiga, reflexionando sobre a súa rima, a temática, as cantigas e a tradición oral. Aprendemos as cantigas, cantámolas e para darlles vida, escribímolas nun lazo azul que simbolizaba a auga e colgámolas das árbores do patio.

As rapazas e rapaces de 4°A foron de paseo ao Río Miño, o noso veciño,  e aproveitaron para cantarlle "Adios Rios, Adios Fontes"

                                        







Bo traballo, rapaces!!

CONTACONTOS PACO NOGUEIRAS

Esta semana as nenas e nenos de EI tiveron unha visita moi especial. Veu Paco Nogueiras cargado de contos e cancións para compartir con todas nós: Bim Bam Bum,último premio Compostela de Álbumes ilustrados. Violín, Un dous, tres. Que ves?, Polo mar salgado, Cinco ratiños, Tarde de sapo, A que sabe a lúa? Aquí vos deixamos algunhas fotos da actuación.

CELEBRAMOS o 8 de marzo. ENTREVISTAS ÁS NOSAS AVOAS. (RADIO)

 

Este curso, para reivindicar a igualdade e reflexionar sobre a situación da muller na sociedade, pedímoslles ás nosas alumnas e alumnos que entrevistasen ás súas avoas sobre os traballos que desenvolveron durante a súa vida e sobre como se organizaron para desenvolver eses traballos, ocuparse dos fillos e das tarefas da casa.

En primeiro lugar, todas as titorías traballaron nas aulas a temática e a estrurtura da entrevista.

Cada aula decidíu como desenvolvería esas entrevistas e como ides ver algúns decidiron facela por escrito, outros gravaron en vídeo e na aula de 5º de EP, aproveitando a formación que recibiron no Obradoiro de Radio na Biblio, fixeron PODCASTS.


Para presentarvos este fermoso traballo desevolto polo noso alumnado achegámosvos unha revista en PDF, un video e os PODCASTS elaborados:
REVISTA 8M

VÍDEO ENTREVISTAS 8M


PODCASTS


Moitas grazas a todas!!!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2025

 Para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, contamos coa científica Eva García Álvarez, bióloga e bioinformática que conta cun amplo e destacado currículum. Na actualidade traballa nun proxecto de investigación sobre o cancro  na USC.

As mulleres tiveron ao longo da historia un papel moi pouco recoñecido en todos os ámbitos e o científico foi un deles. Coa presencia de Eva queremos poñer un exemplo cercano para facer visible que con esforzo e traballo é posible conseguir as nosas metas.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de EP, moi interesado e involucrado, puido comprobalo coa magnífica exposición de Eva.









Seguro que será un exemplo a seguir!!

CELEBRAMOS O ENTROIDO 24/25

 Este venres 28 de febreiro celebramos o Entroido no cole. O patio encheuse de ras, peixes, píntegas, lontras, parrulos, garzas, cormoráns, lagartos, algas, cangrexos,.. tamén había xacias e mouras...moitos pecadores e por suposto, unha cuadrilla de limpeza que non vai deixar que o lixo estrague o Rio Miño, O noso veciño!!!


Moitas grazas a todas e todos por paRticipar!