Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

CONTACONTOS

Iria Mesa e Paula Magide de 4º, contan contos aos máis pequeniños do cole, neste caso" Un can e un gato" de Paula Carbonell e ilustrado por Chené Gómez, conta que os dous animais ao encontrarse xogan, enfádanse, sepáranse, botánse de menos...e volven xogar. Na idade infantil é moi común vivir conflictos entre amigos e frustacións derivadas das relacións . Do mesmo xeito que lle sucede ao can e ao gato.
"A lúa ladroa" de Pablo Albo e ilustracións de Pierre Pratt. Recurre á imaxinación para que o personaxe do conto madure e supere rápidamente a desaparición do chupete, ese amigo inseparable durante tanto tempo.

POEMAS DE AMOR DE AUTORES GALEGOS


Que mellor xeito de celebrar o día "Do Amor" que co recitado das nosas alumnas, Azucena, Elisabeth, Ainara, Covadonga e Yéssica, dalgúns dos máis fermosos poemas de amor, escritos polos nosos autores galegos: Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Manuel María e Antón Avilés de Taramancos.

LIBROS PARA NAMORAR


O amor é o argumento destes libros que se expoñen na nosa biblioteca. Amores imposibles, amores recícropos, amores heroicos, amores a amigos, amores a familiares. Estes libros están cheos de amor. A súa lectura farán que máis de un se namore dos libros.

ONDE ESTÁS CARACOL? Un libro para festexar o amor

Carla e Lucía contaron aos nenos e nenas de Educación Infantil o conto da Editorial OQO "ONDE ESTÁS CARACOL" de Susanna Isern, ilustrado por Leire Salaberria.  Os protagonistas, un caracol e unha lagartiña, deben buscar solucións para estar xuntos e conseguir que esa amizade tan especial que teñen, poida ser alimentada cada día. Debemos loitar por aquelo que queremos, para facer realidade os nosos soños.

UNHA CANCIÓN DE AMOR


O poema de Álvaro Cunqueiro "Quen poidera namorala" musicado e cantado por Luis Emilio Batallán

MAMÁ


Patricia, acompañada da música de acordeón de Alex, cóntanos o conto de Mariana Ruiz Johnson "MAMÁ". É un canto á maternidade a través da poesía e da arte, cheo de tenrura e alegre colorido. Un canto ao amor a á vida en toda a súa extensión, dende o ser humano e as criaturas que nos rodean, ata a Terra nai.

CONTACONTOS

Alex e Patricia da editorial Kalandraka, deleitáronnos con música e contos." Mamá" de Mariana Ruiz Johnson, "Onde viven os monstros", de Maurice Sendak e "Boas noites bufo" de Pat Hutchins  foron algúns dos contos que nos fixeron disfrutar aos miúdos e aos maiores.

NELSON MANDELA


O día 30 de xaneiro, celebramos o día da paz, con este motivo queremos rendirlle unha homenaxe a NELSON MANDELA, premio Nobel da paz, que loitou ao longo da súa vida polos dereitos humanos para conseguir un mundo en paz en liberdade e igualdade.

POEMAS DA PAZ



Inventamos e recitamos poesías para a paz.

NADARÍN

Juan Diego, convertido en contacontos, escolleu  "Nadarín" de Leo Lionni, editado pola editorial Kalandraka, para contarlles aos seus compañeiros e compañeiras. Neste conto a unión fai a forza e o pez pequeno non sempre ten que temerlle ao grande. Cheo de riqueza cromática para abordar tamén a superación dos medos e o valor da diversidade.