Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

O CORONAVIRUS NON É UN PRINCIPE NIN UNHA PRINCESA

"O coronavirus non é un principe nin unha princesa"  é un conto que escribiu María Coco Hernando para explicarnos a dificil situación que estamos vivindo e as medidas que temos que tomar.


CORONACONTOS

Dous contos sobre o coronavirus moi similares peo ao mesmo tempo algo diferentes


DÍA DA POESÍA

 Os nenos e nenas de 4º B para celebrar o DÍA DA POESÍA recitan poemas de dous libros de Antonio García Teijeiro. María, Nerea, Mario e Pablo  recitan poemas do libro BICOS E E NON BALAS, poemas sobre a paz para recordar que pola nosa boca poden saír balas pero tamén bicos, versos e berros pola paz. Marta e Xerión recitan un poema de outro libro de Antonio García Teijeiro VENTO, VENTIÑO, VENTEIRO que comeza o autor e rematan eles "Se o vento"...







LIBROS POLO DÍA DA MULLER

Para reivindicar os dereitos  das mulleres baixo o lema "Son da xeración da igualdade: Polos dereitos das mulleres" propoñemos diversas e variadas lecturas en prol da igualdade, para concienciar e incidir en que as pequenas accións poden xeral grandes repercusións cara o mundo igualitario que merecemos.


DÍA DA MULLER

Traballamos todo o curso en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica e para conmemorar o DÍA DA MULLER realizamos diversas actividades para apoiar a igualdade e o empoderamento, en este caso, recordamos as figuras de Roslía de Castro e de Concepción Arenal, por ser exemplos de loita por conseguir a IGUALDADE






ANXO MOURE, O BARQUEIRO DO MIÑO

Anxo Moure, o barqueiro do Miño, estivo no noso centro coa intención de divulgar a xeografía da conca fluvial e sensibilizar aos nenos e ás nenas sobre a correcta xestión dos recursos. Foi unha sesión moi divertida e moi didáctica centrada en dar a coñecer mellor o noso río e o seu coidado ademais de indicar a importancia da auga e do coidado da natureza. Acompañado de dúas barcas típicas do Miño, a Barca da Pousa e o Batuxo, levounos a coñecer os distintos lugares por onde pasa o Miño, dende onde nace ata onde desemboca e os seus habitantes: peixes, xacias...





DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro a escritora e poeta galega ROSALÍA DE CASTRO está de cumpreanos, serían 183, e para celebralo recitamos os seus poemas cheos de valentía e reivindicación pero tamén de gracia e de saudade
Duarte, Xoel, Xenxo e Denisa recitan os seus poemas


O TEMA DO CAMBIO CLIMÁTICO POLO ENTROIDO




O tema do Entroido
é o cambio climático
pois temos o planeta
botando fume a diario

Un mundo mellor
queremos conseguir
inplicándonos todos
para non o destruír

Coidar a vida na Terra
é fácil de lograr
se todos e todas nos concienciamos
de que é o noso fogar

Se nós queremos
o conseguiremos
está en nós o valor
de ter un futuro mellor