Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

PROXECTO INTERDISCIPLINAR " OS SERES MITOLÓXICOS DA GALIZA"

Os traballos por proxectos, supoñen un reto para a interdisciplinariedade, pois permiten adquirir coñecementos das diversas áreas a través de traballos de invetigación baseados nun tema central que se vai enriquecendo e ramificando. 

O tema central deste curso foi Os seres mitolóxicos da Galiza. Comezamos o noso proxecto cunha viaxe realizada polo alumnado de 6º á Senda mitolóxica. 

 https://bibliopontelugo.blogspot.com/2022/04/excursion-de-6-senda-mitoloxica.html

 A partir de aí e dado o interese que suscitou o tema propuxemos o seguinte proxecto interdisciplinar: 

- Investigación e consulta de distintas fontes sobre os seres mitolóxicos da Galiza. 

As nenas e nenos de 2º cóntannos como investigaron sobre os Biosbardos 


 

- Creación dun diccionario de seres mitolóxicos. 

- Creatividade e experimentación con distintas artes plásticas para plasmar como nos imaxinamos eses seres mitolóxicos (cada aula elexíu un diferente) - 

O alumnado de segundo creou os seus BIOSBARDOS con pasta branca e decorouno con acuarelas:


 


 

-Proceso de creación dunha narración/conto que xire entorno ao ser elixido pola nosa aula.



 


 

 -O proxecto permitiu ao alumnado o manexo de diferentes fontes de información, así como a realización de actividades de distintas disciplinas ( Plástica, expresión oral, espresión escrita,...)

 

Aquí vos deixamos a nosa exposición dos seres mitolóxicos traballados ( Biosbardos, A Moura, O Gatipedro, ...)



PROXECTO INTERDISCIPLINAR: HARRY POTTER 5ºA e 5ºB EP

boas rapazada, cando ides polo pasillo de 5º pensades que estades soñando. Non!!! E que as profes e as alumnas e alumnos de 5º están vivindo unha aventura en Hogwarts! Aquí vos deixo un pequenísimo resumo do que traballaron este curso. Esta actividade realizouse nas titorías de 5º A e 5º B de EP con colaboración da biblioteca do centro co obxectivo de fomentar o hábito lector e o gusto pola lectura do alumnado, lendo e comentando o mesmo libro e creando un espazo para a reflexión e o diálogo pero tamén para as relación interpersonais. A lectura do libro servíu tamén como eixe vertebrador de actividades a nivel titorial: traballaron durante todo o curso agrupados en casas; Griffindor, Slitherin,...tratando de conseguir a mellor puntuación nas actividades das distintas materias. Decorarón a aula e o corredor ao estilo Hogwarts con distintas creación plasticas,..

RECEITAS DE OUTONO

Aínda que un pouco fóra de tempo... deixámosvos aquí o recetario que elaboramos coas receitas de castañas que deixastes na bandexa da Biblioteca. Non o perdades de vista que hai receitas ben sabrosas para o vindeiro outono.

REVISTA DE PASATEMPOS LETRAS GALEGAS 2022

As alumnas e alumnos de 5ºA e 5ºB de EP elaboraron esta revista de pasatempos para axudarnos a coñecer mellor a Florencio Delgado Gurriarán. Esperamos que a deifrutedes:


PONTE NA RADIO: GALICIA INFINDA 3ºEP

As nenas e nenos de 3º de EP e a súa mestra, Begoña, tamén se animaron a recitar para nós Galicia Infinda de Florencio Delgado Gurriarán:

LETRAS GALEGAS 22 EN PONTE NA RADIO

As alumnas e alumnos de 6ºA homenaxean a Florencio Delgado Gurriarán:

LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DERGADO GURRIARÁN

Xa estamos en maio!! Un mes cheo de cores, flores e letras, as nosas letras...As Letras Galegas. Este ano,  para prepararnos ben para a celebración das Letras Galegas, o equipo de Biblioteca e máis o de Dinamización da Lingua Galega, fixemos unha selección de fondos en Galego que incluíu: narrativa, cómics, música, xogos e como non bibliografía sobre e de Florencio Delgado Gurriarán, 
En todas as aulas traballamos sobre a vida e a obra de Florencio  e, finalmente, o 12 de maio fixemos unha xornada festiva coas Nosas Letras como convidadas especiais. A cousa foi que nos gustou tanto a xornada de apadriñamento lector que decidimos repetila,  pero con contos en Galego. Nesta ocasión non só os maiores leron  contos, tamén os máis pequenos elexiron un conto en galego para contarlle á súa madriña ou padriño. Ademais, os maiores do cole faláronlles aos máis pequenos sobre a vida de Florencio Delgado Gurriarán.
 Aquí vos deixamos unha escolma de imaxes da xornada:

  Á volta da ponte das Letras Galegas as alumnas e alumnos de 3º e 6º fixeron gravacións sobre a vida de Florencio e tamén recitaron algúns dos seus poemas. 

Poderedes escoitalos nas seguintes entradas do Blog.
GALICIA INFINDA, Florencio Delgado Gurriarán ( alumnas e alumnos de 3ºEP)

RECOMENDACIÓNS LECTORAS MAIO 2022

 Aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para o mes das LETRAS GALEGAS.

FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO

O 21 e 28 de Abril as alumnas e alumnos de 5º de Primaria desfrutaron de dúas sesións formativas para seguir perfeccionando o noso coñecemento da radio. Na primeira sesión faláronnos das partes da enisora e de como se conectan os distintos elementos que a compoñen. A segunda sesión tratou sobre a creación de contidos para a nosa emisora. Traballamos co programa Audacity e fixemos prácticas en pequenos grupos. Aquí vos deixamos algunhas imaxes e videos das xornadas.

DÍA DO LIBRO

Boas rapazada!! 

As mestras e mestres do cole queremos felicitarvos polo moito que traballastes e o ben que o fixestes esta semana adicada ao Día do Libro. Foi estupendo ver cantas gañas tedes de colaborar coa nosa Biblioteca.

Déixovos aquí un pequeno reportaxe das actividades que promovemos durante esta semana dende a biblioteca para conmemorar o Día do Libro:

 BIBLIOPATIO 

Nesta semana, coa colaboración do alumnado de 6ºA, puxemos en funcionamento "BIBLIOPATIO". Durante o tempo de lecer, as nosas voluntarias e voluntarios sacacaron a patios caixas cargadiñas de contos en Galego, Castelán e Inglés.

APADRIÑAMENTO LECTOR  

O venres 29 as alumnas e alumnos de 6º, 5º, 4º e 3ºde EP apadriñaron aos máis pequenos do cole cun agasallo precioso: Léronlles o seu conto favorito. 

Aquí vos deixo un vídeo da actividade. Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós.


 

GROLIÑOS DE LECTURA

 Esta proposta chegou á nosa biblioteca da man de varias titoras do centro e gustounos tanto que decidimos compartila con todas.

 - Primeiro fixemos un debuxo do noso libro favorito nun papel reciclado (utilizamos  as follas das enciclopedias que retiramos no espurgo e así démoslles unha segunda vida) 

- A continuación, enrolamos o debuxo a modo de pergamino  e decoramos un vasiño, preferíblemente de papel, para meter o noso pergamino, creando así o noso  GROLIÑO DE LECTURA. 

- Finalmente, as mestras de EI, fixéronnos un mural para pegar tódos os groliños de lectura das nenas e nenos que participaron na actividade.

 


 Parabéns a todas e a todos polo traballo ben feito.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!