Rapazada, aquí vos deixamos algunhas fotos e vídeos da celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz:
Rapazada, aquí vos deixamos algunhas fotos e vídeos da celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz:
Como cada 30 de xaneiro, imos celebrar no colexio O Día Escolar da Non Violencia e a Paz,. Como sempre, a nosa biblioteca, defensora da paz e o entendemento entre persoas quere propoñervos uns retos para reflexionar sobre o concepto de PAZ e, como non, para aprender, xogar, bailar e desfrutar todas e todos xuntos desta celebración.
Os obxectivos desta actividade son:
-Saber localizar a información, aprendendo a manexar os distintos tipos de fontes
informativas tanto virtuais, hipermedia ou físicas.
- Favorecer e divulgar a cultura da paz e non violencia.
- Construir coñecemento a través dunha actividade inclusiva e cooperativa.
En primeiro lugar, propoñémos unha seleción de RECURSOS para traballar o tema nas aulas:
Contos:
XOGO DA OCA ( Unicef) https://view.genial.ly/6555430e9b622e00117d56f6/interactive-content-21-xogo-da-oca
Enlaces:
(Personaxes que loitaron pola PAZ)
https://saposyprincesas.elmundo.es/consejos/educacion-en-casa/personajes-lucharon-por-la-paz/
https://www.mcnbiografias.com/app-bio/do/show?key=mandela-nelson-rolihalahla-dalibhunga
A continuación, presentamosvos os retos propostos:
Educación infantil:
-Cada aula de EI recibirá unha peza de puzzle por alumna/o que deberán decorar e formar entre todas/os o símbolo da PAZ.
- Agasalla a unha compañeira ou compañeiro cunha palabra amable e unha aperta.
1º Ciclo:
-As alumnas e alumnos do primeiro ciclo buscarán pedras de distitos tamaños polo patio que deberán pintar e decorar. Todos xuntos contruirán un símbolo da paz na zona designada.
-- Agasalla a unha compañeira ou compañeiro cunha palabra amable e unha aperta.
2º e 3º Ciclo:
- Utiliza distitos medios e recursos para atopar a resposta as seguintes preguntas
A paz construímola entre todas e todos, eduquemos para a paz.
Comezamos coa primeira fase do noso proxecto PONTE NOS XOGOS.
RECOLLIDA DE DATOS:
Cando rematemos a recollida de datos, revisaremos en cada titoría a información e selecionaremos os xogos cos que traballaremos na segunda fase.
Boas rapazada!
Ola a todas!
Esta foi unha semaniña chea de emocións e actividade na que todo o cole traballou a reo para a celebración de dúas datas ben importantes: o 25 de Novembro e o Día da Discapacidade (3 de Decembro)
Aquí vos deixamos unhas imaxes e vídeos para que vexades todo o que traballastes facendo ponpóns para crear un precioso e enorme lazo violeta, usando a vosa creatividade para facer bolboretas de papel e, as nenas e nenos de infantil, tecendo unhas coloridas letras para o noso mural.
CEIP A PONTE: ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIAS
Moitas grazas a todas e todos!
Moitas grazas a todas e todos por participar nas actividades propostas para o mes da ciencia na biblioteca.
Aqui vos deixamos algúns exemplos das actividades realizadas:
Alumnado de 2ºEP
Alumnado de EI investigando e experimentando na biblioteca:
Por último, aquí tedes un video resumo do experimento dun pequeno científico de 6ºB, Bruno, que nos amosou como crear unha cociña con elementos que temos poa casa: