Comenzamos cun vídeo elaborado polo equipo de biblioteca do colexio "Mestres Goldar", coa canción "O Samaín do grupo "Mamá cabra".
Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
A nosa mascota "Bibliótico", repartiu puntos de lectura para todo o alumnado, despois da sesión de Kamishibai
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O día 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas escolares. Para celebralo organizamos unha semana de contacontos coa técnica do Kamishibai (teatrillo xaponés). O alumnado do terceiro ciclo será o encargado de levar a cabo esta actividade que se celebrará na biblioteca, todos os recreos e para o resto do alumnado.
Tamén se fará lectura do fermoso texto que escribiu Agustín Fernández Paz sobre as Bibliotecas escolares
"...Onde hai unha biblioteca hai unha luz que traspasa todos os muros, unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incoroporan ás súas vidas..."
Co texto completo elaboramos unha guía para repartir á comunidade educativa.
Tamén se fará lectura do fermoso texto que escribiu Agustín Fernández Paz sobre as Bibliotecas escolares
"...Onde hai unha biblioteca hai unha luz que traspasa todos os muros, unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incoroporan ás súas vidas..."
Co texto completo elaboramos unha guía para repartir á comunidade educativa.
BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADOR DE INNOVACIÓN
Co lema "BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADOR DE INNOVACIÓN" e ilustrado por Andrés Meixide, preséntase o cartel que para este curso 2012-2013, edita a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do día das bibliotecas escolares, o 24 de 0utubro.
LER PARA MEDRAR
Un ano máis as BIBLIOMALETAS inician a súa traxectoria por todas as familias dos nosos alumnos e alumnas de Educación Infantil. Son unha inviataciòn para disfrutar dos libros en compañía da familia, compartindo os sentimentos e as emocións que producen as distintas lecturas nos diversos soportes que propoñemos.
MOCHILAS VIAXEIRAS
Co alumnado de primaria empezan a funcionar tamén as Mochilas Viaxeiras , para disfrutar, ao igual que as Bibliomaletas, dos libros en compañía da familia . É intención destas actividades conseguir os obxectivos de:
Concienciar ás familias do importante papel que desempeñan no fomento da lectura.
Coñecer e disfrutar dos diferentes tipos de lecturas.
Descubrir "outros xeitos de ler" na linguaxe da música e dos audiovisuais.
Fomentar o hábito lector no alumnado do centro.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O CEIP "Barrié de la Mazá-Santa Comba" fixo outro vídeo para o alumnado de Primaria sobre a figura homenaxeada este ano, por o día das letras galegas: Valentín Paz Andrade.
VALENTÍN PAZ ANDRADE
O CEIP "Barrié de la Maza", fixo este vídeo, para acercar ao alumnado de Educación Infantil á vida e obra de Valentín Paz Andrade.
ONDE VIVEN OS MONSTROS
"Onde viven os monstros" conta a historia dun neno que disfrazado de lobo, é enviado ao seo cuarto pola súa nai, pero vaise a unha terra misteriosa onde domestica a enormes monstros.
IN MEMORIAM MAURICE SENDAK
O 8 de maio en Connecticut, morreu Maurice Sendak, autor e ilustrador da famosa obra de literatura infantil "ONDE VIVEN OS MONSTROS". Unha historia poética e sinxela, contada con humor en unha perfecta conxunción entre texto e ilustración. As súas expresivas imaxes, recordan o mundo dos soños e os pesadelos infantis. Este interesante libro está na nosa biblioteca e viaxou nas maletas viaxeiras polas casas de todos os nosos escolares. Millóns de nenos e nenas seguirán alimentando no futuro a súa imaxinación con este libro, legado inmortal dun creador que xa forma parte da historia da Literatura Infantil e Xuvenil de todos os tempos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



