Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

O Apalpador

Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus viñese importado dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal: o Apalpador. Máis nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento. O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.
A tradición, recollida por José André Lôpez Goncález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Algúns cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu mom
ento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.
O Apalpador lévalle castañas asadas aos nenos para que non pasen fame.


O APALPADOR, O SANTA CLAUS GALEGO


O APALPADOR EN LUGO



EN CLAVE DE HUMOR


ANTÓN E O APALPADOR


"Antón e o Apalpador" é a historia dun neno de cidade que viaxa a O Courel para pasar as vacacións do Nadal ca súa madriña, al´descubre un mundo máxico dentro da devesa, onde atopa por casualidade a casa do Apalpador, un vello de oficio carboeiro que na noite de Nadal baixa polas aldeas a apalparlle as barrigas dos nenos e nenas para ver se están ben mantidos e deixarlles un feixe de castañas na mesiña de noite. Despois de coñecer ao Apalpador, Antón aprende que hai outra forma de soñar co Nadal. Ó final do libro hai unha parte de xogos e actividades para que os nenos se familiaricen ca figura do Apalpador.

1 comentarios:

O Apalpador dijo...

Este ano veño dende O Caurel a traervos un simpático vídeo cunha canción e un baile para darme a coñecer entre @s máis pequen@s http://youtu.be/JmAfI4ucKJc

Ademáis podedes descargar a canción de balde e atopar máis recursos para a aula na web www.oapalpador.tk


Boas festas!