Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para celebrar o día das bibliotecas escolares fixemos unha exposición dunha das obras máis recoñecidas da literatura universal: "O PRINCIPIÑO"  de Antoine de Saint Exupèry que tamén foi a obra máis coñecida deste autor, traducida a máis de cento oitenta idiomas. Na nosa biblioteca incluímos exemplares escritos en difernetes idiomas desde galego, castelán, vasco e catalán, hasta tatín e grego pasando por gaélico, islandés, finés, holandés, árabe, hindú, xaponés, afrikaans, francés, inglés, italiano, croata e moitos máis. É un conto para todas as idades que aborda temas tan profundos como a vida, o amor, a morte, a amizade, as actitudes e as preocupacións da vida. Este entrañable personaxe é un neno que viaxa  de planeta en planeta facendo preguntas. Vive nun pequeno planeta que poderiamos identificar como a súa propia vida, así o resto dos planetas que visita son en realidade as vidas doutras persoas. O feito de que o seu planeta sexa tan pequeno ven dicirnos que ten moito que vivir e aprender. Na hora do recreo  alumnos e alumnas dos diferentes cursos leron fragmentos da obra no noso idioma e tamén nun idioma diferente, A continuación o visionado da película. Unha experiencia moi exitosa e reconfortante.

0 comentarios: