O alumnado de Educación Infantil empeza co programa de animación lectora "LER PARA MEDRAR". Cada neno e cada nena leva na súa maletiña viaxeira libros de contos e de información xeral, unha revista infantil e material audiovisual para compartir coas familias. A bibliomaleta inclúe tamén a folla de presentación da campaña e consellos aos pais e ás nais para fomentar o hábito lector e o gusto pola lectura desde a casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario