Paco Nogueiras canta pero tamén conta fermosas historias:
"A árbore da escola" conta a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando no patio do colexio grazas ao agarimo que recibe do rapaz e o afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo.
"A merliña"conta a historia dunha merla que coidaba dos seus cinco merliños, pero un día pasou por alí unha raposa á que, nada máis velos, lle entraron unhas gañas tremendas de papalos...
"A última carta" conta unha historia que transcorre nunha fermosa illa mediterránea cuxos habitantes teñen a fortuna de contar con un amable carteiro. O seu último día de traballo será inolvidable. Unha entrañable e emotiva homenaxe ao vello oficio de repartir cartas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario